Arquivos mensuais: Marzo 2008

O MILLO MUTANTE DE ARTEIXO

 

A pantasma do GdeB

No pasado día de Pascua, media Xxpaña non pegaba ollo polo tema ese do vestido de Belén Esteban, e máis porque Farruquito acadou o terceiro grao ( eso sí en semana santa as víctimas nas estradas descenderon ).

Pero Galicia espertaba cunha noticia preocupante e ameazadora, para o noso futuro e a nosa seguridade: Unha multinacional ianqui prepara ensaios con millo mutante, en terreos do Concello de Arteixo. Os argumentos en contra saen de diversas asociacións agrarias e ecoloxistas, que ven como unha ameaza o espallamento das sementes invasoras. As autoridades en troques suliñan, que o proxecto conta coa autorización da UE, do Goberno do Estado eo da Xunta.

Parece ser que por Touri que non hai problema, pero que íamos esperar dos sociatas si xa nos venderan co tema da OTAN. Pero que hai do socio de goberno da alcaldesa socialista de Arteixo, que se esconde detrás de Terra Galega ? ( Coñecido tamén como  TEGA ). O Galpón de Breogán está en poder de dicir, tras un ano de pescudas, ( dende as municipais do 2007 ) que tras esas folclóricas e amistosas siglas, se agochan unha serie de científicos perigosos, que pretenden crear unha raza de animais e vexetais mutantes, que sevirán pra que Galicia sexa unha inagotable festa gastronómica, e o número de turistas participantes nelas sexan infinitos. Polo tanto o que se oculta tras TEGA non é Terra galega, se non: Terrorismo Gastronómico, ou é que alguén se creu eso do “partido nacionalista que habla castellano”, composto por científicos universitarios e xente do lado máis fondo da boina. Trátase de apostar polo futuro e continuidade do noso país e costumes, vendo a crise  alimentaria, enerxética e financieira que se aveciña. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Seguridade

ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE BNG

A rexencia, coa suxestión intelectual de:

Santiago sede nacional do BNG, oito da tarde do día nove, os teléfonos ferven. Paco Jorquera mira con preocupación o sondeo que ofrece a TVG, non pode nin pensar en ter uns peores resultados os do 2004, e peor inda sería unha maioría absoluta do PSOE.

Allariz oito da tarde, Anxo Quintana tras xantar mete unhas empanadas e unhas botellas de licor café do mellorciño no coche. Está convencido da boa campaña feita, e non quere saber nada do tema ata chegar a Santiago.

Nove pasadas, os primeiros resultados confirman os dous escanos que tiñan. Paco agora empeza a pedirlle a momia de Castelao para sí, que polo menos se superen o número de votos do 2004.

Nove pasadas Quintana xa está en ruta, está a escoitar o cd ese que pon “Milladoiro” pero realmente ten temas de Astarot; canta e imaxina unha apoteosis de bandeiras e “Galizas ceibes poderes populares”, celebrando os resultados historicos nestas eleccións e a próxima a victoria nas eleccións autonómicas.

Paco Jorquera xa ten todo preparado: O BNG foi a única forza que se mantivo tras a campaña máis bipartidista da historia, e o mellor de todo , será decisivo en Madrid.

Chega Quintana saúda a xente, que ten facianas alegres, e lle contan que o bloque manterá os dous deputados e que o PSOE non ten maioría absoluta. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Quintana

ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PSOE

A Rexencia

Media noite pasada na residencia do presidente da Xunta, escoitase música clásica. Touriño no seu estudio estilo británico sentado o fondo, só a pequena luz do escritorio esta acesa,  fica sentado coas lentes na punta do nariz, non sabemos se está a leer ou está a dumir diante do “país de las tentaciones” que ten aberto enrriba da mesa. Entra Bugallo:

Bugui: Esperte, Don Emilio ! Esperte, xa están aquí os presidentes provinciais cos resultados destas eleccións.

Touri ( Soñando, ZP diante dos medios de cumunicación anuncia o novo vicepresidente económico de España: Y el nuevo vicepresidente, por su gran labor económica al frente de la Xunta es…Emilio): Que ? Ah, ah…ben, preparaches xa o “capuccino” e as pastas ? Que vaian pasando de un en un.

Bugui: Por orde alfabética coma sempre ?

Touri: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, coma sempre.

Entran Bugui e Méndez Romeu.

Romeu: Síntoo, o PP só baixou un punto nesta provincia e nos medramos un 0,8%. E como saberá perdimos un escano por eso da perda de poboación, gañamos en Ferrol claramente, en A Coruña gañamos pero perdimos un punto e en Santiago…en Santiago, o PP nos saca 8,5 puntos.

Touri: Como, imperdoable ! Deus Bugallo es un inútil ( Touri se levanta e empeza a darlle collejas a Bugui ) Non, vales pra nada o “capuccino” está doce demáis…

Bugui ( Protexendo a testa e corredo polo despacho ): Non é culpa miña, son esos funcionarios desagradecidos…

Touri: Fóra, fóra daquí ! Non te quero ver máis ! ( O bota do despacho a collejas, Romeu agarda de pé seguindo a mirar cara o sillón de Touri )

Romeu: Pódome marchar xa ?

Touri: Primeiro que saibas que como non pasemos o PP nas autonómicas, véxoche de concellal en Arteixo…entendido ? E que Losada e Bugallo que fagan surf, aprendan a tocar a guitarra eléctrica…dame igual pero que fagan algo pra ser tan enrollados como Irisarri.

Romeu: Si ! Don Emilio, entendido, non voltará pasar…

Touri: Veña non quero verte, dille a Richi que entre.

Entra Richie Varela cunha sonrisa

Touri: Boas Richi !

Richie: Hola Touri ! ( Dous bicos como os que daba a prima do principe de Bel-air ) Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en PSOE, Touriño

ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PP

A rexencia

( Sede do PP en Santiago media noite pasada, despacho de Núñez Feijoó:  Alfonso Rueda, Conde Roa e Feijoó conversan sobor de como viron os resultados )

Conde Roa: Ti queres limón ou laranxa ?

Rueda: Polo momento non, graciñas…pois si non subimos en ningunha provincia, pero mantivemos o tipo en A Coruña e Pontevedra fallaron Lugo e Baltar, onde o PSOE avanza a igualarse axiña o nivel da Coruña e Pontevedra.

Feijoó:Si xa… Gerardo tómate outra que telo merecido… Maldición ! E os resultados en Sada e Ponteareas ? Cales son os resultados do home do renacemento ?

Rueda: En Sada subimos o 1% e en Ponteareas prácticamente idénticos a 2004. En Ourense perdimos o único escano de Galicia, tamén e onde máis baixamos o voto con diferencia.

Feijoó:  Deus! Non me serviu de nada meter a esos dous, pero o meu veciño…ja,ja,ja…a miña vinganza está máis preto, que alguén chame a Baltar quero falar con el de contado !

Intres despois

Xenérico militante: A chamada de Ourense que agardaba.

Feijoó: Graciñas, hola Baltar…a que non eres Baltar…( tapando o teléfono se dirixe o resto ) Di que é Celso Delgado, quen é Celso Delgado ?

Rueda: O número 1 por Ourense.

Feijoó: Ah ! ben ( volta atender o teléfono ) Si, si non pasa nada…esperemos que o fagas mellor a próxima, pero non está Baltar por ahí ? Ben… bueno… moitas grazas.

Conde Roa ( Cantando coa melodia do PP ): Mariá, mariá, mariánoRajooooi…mariá, mariá, marianoRajoooooooi…ma-ria-no-ra-jooooi.

Rueda: Que di Baltar ?

Feijoó: Non falei con Baltar… díxome o tal Celso, que lle dixo Baltar, que me contara que se lle tiña algo que dicir a Baltar, que llo conte a Louzán e que este llo conte a Crespo, que seguro o felicita por ter o 48% dos votos.

Rueda: Deus ! Cando deixaran de levar as boinas, ben e agora como presentamos os resultados ? Dicimos que gañamos coma sempre, porque somos o partido que ten máis votos ?

Feijoó agacha a testa reflexivamente e repasa o seu cabelo coa man cara atrás.

Feijoó: Si…pero non o faremos tan mal coma a vez pasada, xa sei que facer esta vez ! Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Conde Roa, Feijóo, PP

QUEN IMOS VOTAR

O negro do GdeB

O Galpón de Breogán actuará desta vez coma servizo público, co obxetivo de que coñezamos mellor os candidatos as eleccións xerais de cada unha das nosas provincias nestes días de reflexión:

A CORUÑA

 O número 1 pola provincia da Coruña é este home con aspecto de Papa Noel, con pinta de non matar unha mosca na vida ( como moito unhas lagostas e centolos vivos nalgún restaurante ); e o único que sei del é que foi portavoz do PP no grupo municipal da Coruña en pleno “Paco Vazquismo” ( un traballo da ostia ), e que parece ser que repite. Pero…este home encabezando a lista só se trata dunha maniobra perfeutamente estudada por Rajoy, para non ser eclipsado a súa volta a Galicia trala súa previsible derrota. Porque de número 2 temos unha das grandes inspiracións do GdeB e Galicia enteira: O católico maoísta e campión de natación Conde Roa; todo coma premio o seu éxito nas pasadas municipais onde acadou algo impensable ata agora, superar a grandes dinosauros da política como Bugallo e Néstor Rego. Pero o número 3 tamén e alguén que pode ameazar ese liderato a Rajoy, e se trata do home ese con pinta de director de banca, que era delegado do goberno na catástrofe dos “hilillos de plashtilina”: Fernández de Mesa, todo un exemplo de reconversión do naval de Ferrol de enxeñeiro a deputado. Nunca máis esqueceremos o seu engominado cabelo cano, e máis a súa cara de poker cando explicaba o seu carón algún Ministro iluminado que o tema “estaba controlado”… esos whiskis na praza de María Pita tíñalos merecidos sí Señor ! Tamén volta o PP nestas listas o famoso alcalde franquista de Sada, “Moncho es Mucho”, futuro substituto natural de Martínez Pujalte ?

Se nesta provincia o PP presenta 2 ases agochados tras unha J, o PSOE se xoga todo a unha carta: O Ministro de Cultura César Antonio Molina, melena salvaxe e mirada de conquistador ( algunha señora vaise a trabucar ) que é un posto moi importante nun estado tan cultural coma España, e por eso sempre estiveron os mellores nel (  bueno o segundo non foi ministro pero se o PP ou o PSOE nomeárano, que importaría ? ):

rajoy-pimiento.jpg

De número 1 pola provincia non repetirá desta vez Francisco Rodríguez, o líder na sombra da UPG, no seu lugar presentarase a sombra do líder na sombra: Fracisco Jorquera. No é de estrañar que propuxesen cambiar o uso horario galego, non ven mal un pouco de luz con tantas sombras.

LUGO

De número 1 por Lugo temos como no caso de Coruña, o actual portavoz do grupo municipal do Concello e ex-alcalde. Que pinta de bó rapaz parece o irmán bo de Jose Luis Moreno ! Pero o dato importante aquí é que o ex-aspirante a Delfín de Fraga, Barreiro presentase de número 1 o Senado seguindo así os pasos do seu predecesor Cacharro Pardo, o comezo da reconquista ? Ou é que se vota a correr do PPdeG ?

O primeiro da clase do PSOE en Lugo é de sobra coñecido: Pepiño Blanco, home empregado pra os chistes de media España e… que é o peor, ata Acebes faille chistes sobor da súa intelixencia. Pero hai que rendirse os feitos, este home fixo que todo Lugo cambiase de relixión en 4 anos, que lles dará el e o seu representante local Richi Varela? Seguir lendo

9 Comentarios

Arquivado en BNG, Lugo, PP, Prensa rosa, PSOE