QUEN IMOS VOTAR

O negro do GdeB

O Galpón de Breogán actuará desta vez coma servizo público, co obxetivo de que coñezamos mellor os candidatos as eleccións xerais de cada unha das nosas provincias nestes días de reflexión:

A CORUÑA

 O número 1 pola provincia da Coruña é este home con aspecto de Papa Noel, con pinta de non matar unha mosca na vida ( como moito unhas lagostas e centolos vivos nalgún restaurante ); e o único que sei del é que foi portavoz do PP no grupo municipal da Coruña en pleno “Paco Vazquismo” ( un traballo da ostia ), e que parece ser que repite. Pero…este home encabezando a lista só se trata dunha maniobra perfeutamente estudada por Rajoy, para non ser eclipsado a súa volta a Galicia trala súa previsible derrota. Porque de número 2 temos unha das grandes inspiracións do GdeB e Galicia enteira: O católico maoísta e campión de natación Conde Roa; todo coma premio o seu éxito nas pasadas municipais onde acadou algo impensable ata agora, superar a grandes dinosauros da política como Bugallo e Néstor Rego. Pero o número 3 tamén e alguén que pode ameazar ese liderato a Rajoy, e se trata do home ese con pinta de director de banca, que era delegado do goberno na catástrofe dos “hilillos de plashtilina”: Fernández de Mesa, todo un exemplo de reconversión do naval de Ferrol de enxeñeiro a deputado. Nunca máis esqueceremos o seu engominado cabelo cano, e máis a súa cara de poker cando explicaba o seu carón algún Ministro iluminado que o tema “estaba controlado”… esos whiskis na praza de María Pita tíñalos merecidos sí Señor ! Tamén volta o PP nestas listas o famoso alcalde franquista de Sada, “Moncho es Mucho”, futuro substituto natural de Martínez Pujalte ?

Se nesta provincia o PP presenta 2 ases agochados tras unha J, o PSOE se xoga todo a unha carta: O Ministro de Cultura César Antonio Molina, melena salvaxe e mirada de conquistador ( algunha señora vaise a trabucar ) que é un posto moi importante nun estado tan cultural coma España, e por eso sempre estiveron os mellores nel (  bueno o segundo non foi ministro pero se o PP ou o PSOE nomeárano, que importaría ? ):

rajoy-pimiento.jpg

De número 1 pola provincia non repetirá desta vez Francisco Rodríguez, o líder na sombra da UPG, no seu lugar presentarase a sombra do líder na sombra: Fracisco Jorquera. No é de estrañar que propuxesen cambiar o uso horario galego, non ven mal un pouco de luz con tantas sombras.

LUGO

De número 1 por Lugo temos como no caso de Coruña, o actual portavoz do grupo municipal do Concello e ex-alcalde. Que pinta de bó rapaz parece o irmán bo de Jose Luis Moreno ! Pero o dato importante aquí é que o ex-aspirante a Delfín de Fraga, Barreiro presentase de número 1 o Senado seguindo así os pasos do seu predecesor Cacharro Pardo, o comezo da reconquista ? Ou é que se vota a correr do PPdeG ?

O primeiro da clase do PSOE en Lugo é de sobra coñecido: Pepiño Blanco, home empregado pra os chistes de media España e… que é o peor, ata Acebes faille chistes sobor da súa intelixencia. Pero hai que rendirse os feitos, este home fixo que todo Lugo cambiase de relixión en 4 anos, que lles dará el e o seu representante local Richi Varela?

De número un por Lugo no BNG temos a nosa amiga Paz Abraira, que non lle gustan nada as caravanas de mulleres, pero coidado que ten moitos defensores, tamén en Cervantes. Terao difícil para loitar coas ordas bermellas que son donas xa de todo Lugo, unha muller con todos eses homes ! Así se explica o das caravanas.

OURENSE

Como non podía ser doutro xeito no terra gobernada polo CEFOU, o primeiro na lista polo PP é un tipo que escolleron tras un concurso de : “O fulano coa pinta de funcionario máis grande de Ourense”, e claro nin me lembro dos anos que leva de número 1 e de deputado-funcionario.

Entón se na Coruña o PSOE presenta o Ministro de Cultura, a Ourense lle toca a Ministra de Agricultura; por aquelo de que Atenas está o norte e Esparta o sur. Todo unha bola de canon a liña de flotación do CEFOU e o seu brazo agrícola e rural: Coren.

 E o primeiro na lista do BNG é Iago Tabarés que ten esta pinta de bó rapaz, pero tamén de irmán pequeno e desbarbado de Quintana. Actualmente tentará dar o salto pra facerse maior pasando do parlamento de Galicia o Congreso, pero as posibilidades parecen pequerrechiñas tendo en conta a polarización existente do voto.

PONTEVEDRA 

Polo PP o Congreso preséntase unha beleza picasiana e o Senado unha beleza máis estilo californiano “fast-food”, aquí os populares procuran a variedade para buscar o éxito, por certo unha das entradas que se repite o Galpón e “Corina Porro foll…”. Tampouco nos podemos esquecer dos fichaxes estrela o igual que “Moncho es mucho” na Coruña, en Pontevedra se fichou o futuro do Castrismo: Nava Castro.

O candidato o Congreso polo partido socialista é neste caso, Antón Louro un ex-Beirista e autor principal do cambio do PSdeG a posturas máis galegistas ( que consistiu básicamente en mandar a Paco Vázquez a rezar a gusto ), é curioso como a maioría dos que chegan a algo neste partido non pertencían a el.

Polo BNG repite Olai Fernández concelleira en Vigo, era un dos dous deputados que os nacionalistas xa tiñan, pero non sei que vou decir dela porque Francisco Rodríguez sempre lle quitaba o protagonismo, que chupón ! O BNG tratará de competir con as mozas de Rajoy con unha figura máis materna, máis propia de Galiza.

Advertisements

9 Comentarios

Arquivado en BNG, Lugo, PP, Prensa rosa, PSOE

9 respostas a “QUEN IMOS VOTAR

  1. Gradézolles amoito aeste rtigo atan alustrativo. Aos bstencionistas adeclarados sernos-á ade amuita atilidade.

  2. moixordo

    Ben xa atopei un bó traductor !

  3. moixordo

    Estos papaostias do blog non axudan nada: Parvo de Cela, Frouxeira, Viriato, Medulio…que andades a facer ?

  4. Pingback: ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PP « Galpón de Breogán

  5. !!!

    A foto do ministro Molina é o ministro Molina ou é o colega de Leotardo Dantés que cantaba de xeonllos (levo cinco minutos tratando de lembrar o seu nome e non hai forma)?

  6. !!!

    Xa. Toni Genil, creo

  7. moixordo

    Si, pero tamén teriamos que darlle unha pouca auga oxisenada para o cabelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s