ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PP

A rexencia

( Sede do PP en Santiago media noite pasada, despacho de Núñez Feijoó:  Alfonso Rueda, Conde Roa e Feijoó conversan sobor de como viron os resultados )

Conde Roa: Ti queres limón ou laranxa ?

Rueda: Polo momento non, graciñas…pois si non subimos en ningunha provincia, pero mantivemos o tipo en A Coruña e Pontevedra fallaron Lugo e Baltar, onde o PSOE avanza a igualarse axiña o nivel da Coruña e Pontevedra.

Feijoó:Si xa… Gerardo tómate outra que telo merecido… Maldición ! E os resultados en Sada e Ponteareas ? Cales son os resultados do home do renacemento ?

Rueda: En Sada subimos o 1% e en Ponteareas prácticamente idénticos a 2004. En Ourense perdimos o único escano de Galicia, tamén e onde máis baixamos o voto con diferencia.

Feijoó:  Deus! Non me serviu de nada meter a esos dous, pero o meu veciño…ja,ja,ja…a miña vinganza está máis preto, que alguén chame a Baltar quero falar con el de contado !

Intres despois

Xenérico militante: A chamada de Ourense que agardaba.

Feijoó: Graciñas, hola Baltar…a que non eres Baltar…( tapando o teléfono se dirixe o resto ) Di que é Celso Delgado, quen é Celso Delgado ?

Rueda: O número 1 por Ourense.

Feijoó: Ah ! ben ( volta atender o teléfono ) Si, si non pasa nada…esperemos que o fagas mellor a próxima, pero non está Baltar por ahí ? Ben… bueno… moitas grazas.

Conde Roa ( Cantando coa melodia do PP ): Mariá, mariá, mariánoRajooooi…mariá, mariá, marianoRajoooooooi…ma-ria-no-ra-jooooi.

Rueda: Que di Baltar ?

Feijoó: Non falei con Baltar… díxome o tal Celso, que lle dixo Baltar, que me contara que se lle tiña algo que dicir a Baltar, que llo conte a Louzán e que este llo conte a Crespo, que seguro o felicita por ter o 48% dos votos.

Rueda: Deus ! Cando deixaran de levar as boinas, ben e agora como presentamos os resultados ? Dicimos que gañamos coma sempre, porque somos o partido que ten máis votos ?

Feijoó agacha a testa reflexivamente e repasa o seu cabelo coa man cara atrás.

Feijoó: Si…pero non o faremos tan mal coma a vez pasada, xa sei que facer esta vez !

Feijóo ( Colle o teléfono de novo ): Hola mamá ! Si, si xa sei todo…xa sei que o fillo de Baltar se casou outra vez, e eu inda non…si xa, xa…tesme que facer un favor. Mira, vas a miña habitación e acendes o ordeador… logo vas a “mis documentos”; vale, ben, entón mándasme por correo esa carpeta que pon “marketing de 2º”. Grazas mamá un bico.

Máis tarde

Feijoó: Entón perdimos 3 puntos respecto as eleccións pasadas pero…temos más porcentaxe de voto que o PSOE no total do estado.

Rueda: Inda que sexa un punto, non chegara o voto emigrante, e xa esteamos a a 7 puntos do bipartito en vez de 2 como en 2004.

Feijoó: Nas municipais sacamos un 39% dos votos e nestas un 44%, e a segunda vez que me presento como líder e mellorei 5 puntos.

Rueda: Claro, esperemos que todo o mundo non saiba que nas municipais, hai moitos partidos pequenos que lle quitan o voto os grandes.

Feijoó: Pois eso, esperemos que haxa pouca xente que sai…

Militante xenérico: Don Alberto chegou a chamada de Rajoy que agardaban.

Feijoó: Axiña, axiña. ( Colle folgos e colle o teléfono ) Hola, si é unha pena…xa,xa pero xa estamos a máis puntos… cambio a situación totalmente…ah! ben de contado. ( Feijoó devolve o teléfono ).

Rueda: Entón que di ?

Feijoó: “Ná” que xa estamos a 8 puntos do Barça, e que saia e diga que o PSOE gañou gracias a que sumou o voto dos “radicales”.

Rueda: Ah ! agora xa non son os do bloque ? Xa non imos ter partidos que demonizar.

Feijoó: Non sei, cando empecei a falar de política, me dixo que quería falar con Conde Roa. Onde se meteu Conde Roa ?

Rueda: Creo que se foi a celebrar a “victoria” unha vez máis.

1 comentario

Arquivado en Conde Roa, Feijóo, PP

Unha resposta a “ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PP

  1. Pingback: A NOVA CANCIÓN DE CENTRO « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s