ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PSOE

A Rexencia

Media noite pasada na residencia do presidente da Xunta, escoitase música clásica. Touriño no seu estudio estilo británico sentado o fondo, só a pequena luz do escritorio esta acesa,  fica sentado coas lentes na punta do nariz, non sabemos se está a leer ou está a dumir diante do “país de las tentaciones” que ten aberto enrriba da mesa. Entra Bugallo:

Bugui: Esperte, Don Emilio ! Esperte, xa están aquí os presidentes provinciais cos resultados destas eleccións.

Touri ( Soñando, ZP diante dos medios de cumunicación anuncia o novo vicepresidente económico de España: Y el nuevo vicepresidente, por su gran labor económica al frente de la Xunta es…Emilio): Que ? Ah, ah…ben, preparaches xa o “capuccino” e as pastas ? Que vaian pasando de un en un.

Bugui: Por orde alfabética coma sempre ?

Touri: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, coma sempre.

Entran Bugui e Méndez Romeu.

Romeu: Síntoo, o PP só baixou un punto nesta provincia e nos medramos un 0,8%. E como saberá perdimos un escano por eso da perda de poboación, gañamos en Ferrol claramente, en A Coruña gañamos pero perdimos un punto e en Santiago…en Santiago, o PP nos saca 8,5 puntos.

Touri: Como, imperdoable ! Deus Bugallo es un inútil ( Touri se levanta e empeza a darlle collejas a Bugui ) Non, vales pra nada o “capuccino” está doce demáis…

Bugui ( Protexendo a testa e corredo polo despacho ): Non é culpa miña, son esos funcionarios desagradecidos…

Touri: Fóra, fóra daquí ! Non te quero ver máis ! ( O bota do despacho a collejas, Romeu agarda de pé seguindo a mirar cara o sillón de Touri )

Romeu: Pódome marchar xa ?

Touri: Primeiro que saibas que como non pasemos o PP nas autonómicas, véxoche de concellal en Arteixo…entendido ? E que Losada e Bugallo que fagan surf, aprendan a tocar a guitarra eléctrica…dame igual pero que fagan algo pra ser tan enrollados como Irisarri.

Romeu: Si ! Don Emilio, entendido, non voltará pasar…

Touri: Veña non quero verte, dille a Richi que entre.

Entra Richie Varela cunha sonrisa

Touri: Boas Richi !

Richie: Hola Touri ! ( Dous bicos como os que daba a prima do principe de Bel-air )

Touri: Por Lugo todo ben ?

Richie: Por Lugo todo cada día mellor graciñas.

Touri: Pois nada outro gallifante sucesorio pra ti, que veña Pachi.

Richie vaise andando cunha sonrisa de orella a orella, collendo o gallifante coas dúas mans e mirando pra el.

Pachi: Don Emilio está vostede fabuloso sen o mostacho.

Touri: Señor conselleiro de Medio ambiente, vostede tamén. Cales son as novas que me traes da “Esparta de Galicia”.

Pachi: Tomamos a capital, Baltar e os seus homes tiveron que se botar o monte. O trombón de Menelao xa non é o que era !

sarao.jpg

Touri: Esplendentacular ! Leva estos dous gallifantes sucesorios !

Entra Antón Louro con algo de medo, vaise Pachi.

Louro: No conxunto da provincia crecimos un 1.5 % e en Vigo gañamos claramente, Don Emilio.

Touri: E en Pontevedra ?

Louro: En Pontevedra…en Pontevedra gañou o PP por pouco…

Touri ( Estático empeza a tremer dunha forma pouco esaxerada, pero os intervalos son intensos, os ollos se trocan blancos): E ?

Louro: Era a cidade da Rajoy…

Touri ( Berrando ): Pontevedra é miña ! Galicia e miña ! Non deixei de ser un comunista “yeye” e “enrollao”, pra ser un fracasado !

Louro sae dando pasos cara atrás porque teme por a súa vida, Touri queda falando só.

1 comentario

Arquivado en PSOE, Touriño

Unha resposta a “ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PSOE

  1. Pingback: Que será, será de “soe” e “benegá”. « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s