O MILLO MUTANTE DE ARTEIXO

 

A pantasma do GdeB

No pasado día de Pascua, media Xxpaña non pegaba ollo polo tema ese do vestido de Belén Esteban, e máis porque Farruquito acadou o terceiro grao ( eso sí en semana santa as víctimas nas estradas descenderon ).

Pero Galicia espertaba cunha noticia preocupante e ameazadora, para o noso futuro e a nosa seguridade: Unha multinacional ianqui prepara ensaios con millo mutante, en terreos do Concello de Arteixo. Os argumentos en contra saen de diversas asociacións agrarias e ecoloxistas, que ven como unha ameaza o espallamento das sementes invasoras. As autoridades en troques suliñan, que o proxecto conta coa autorización da UE, do Goberno do Estado eo da Xunta.

Parece ser que por Touri que non hai problema, pero que íamos esperar dos sociatas si xa nos venderan co tema da OTAN. Pero que hai do socio de goberno da alcaldesa socialista de Arteixo, que se esconde detrás de Terra Galega ? ( Coñecido tamén como  TEGA ). O Galpón de Breogán está en poder de dicir, tras un ano de pescudas, ( dende as municipais do 2007 ) que tras esas folclóricas e amistosas siglas, se agochan unha serie de científicos perigosos, que pretenden crear unha raza de animais e vexetais mutantes, que sevirán pra que Galicia sexa unha inagotable festa gastronómica, e o número de turistas participantes nelas sexan infinitos. Polo tanto o que se oculta tras TEGA non é Terra galega, se non: Terrorismo Gastronómico, ou é que alguén se creu eso do “partido nacionalista que habla castellano”, composto por científicos universitarios e xente do lado máis fondo da boina. Trátase de apostar polo futuro e continuidade do noso país e costumes, vendo a crise  alimentaria, enerxética e financieira que se aveciña.

Os primeiro sería facerse con terreos pra levar acabo os seus macabros proxectos, polo que crearon un partido que poida chegar a pactos tanto con PP como PSOE, no conxunto dos concellos ( nunca se sabe como pode ir a cousa ). Logo nunha primeira fase se trataría de experimentar co marisco e co polvo ( de feito xa se degustaron algúns exemplares na pasada feira do Carballiño ), e ahí entra o famoso plan acuícola. Máis adiante estos animais e vexetais xigantes serían exportados a países como a China ou India, necesitados de novas solucións alimentarias… Pero as autoridades non coñecen os perigos da inxeñería xenética eo pior da filmografía de Marlon Brando. Co tempo esos mutantes sometidos a unha artificial e rápida evolución, tornaríanse en seres intelixentes co que seguirían dous camiños:

-Reclamarían os seus dereitos ( vía pacífica ), como no caso dos simios os socialistas entrarían hai recoñecendo o seu dereito o voto. Inda máis, recoñecerían o dereito o voto a aquelas sementes mutantes que se espallasen polo mundo.

-Vengaríanse dos galegos ( vía violenta ), dar vida a novos seres podería traer complicacións; xa que logo poderíanse decatar co tempo que parte importante da nosa diversión foi cocelos, asalos e botarlle pimentón picante.

Esperemos que Arsenio Iglesias non saia a dar unha volta, e morra víctima da caída dunha mazaroca xigante.

Deixar un comentario

Arquivado en Seguridade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s