Arquivos mensuais: Abril 2008

O CHEQUE DE CONDE ROA

A Rexencia e familia

O noso “chouman” favorito voltou a sorprendernos a todos, convocou un pleno extraordinario no Concello de Santiago el mesmo, para por en escea o seu último espectáculo. A entrega do cheque do pago da débeda, que a súa empresa inmobilaria ten co Concello. Acompañado polas minorías coma sempre, fixo entrega do nomeado cheque o alcalde respostando:

“Ahí tiene su dinero señor alcalde, y no se lo gaste en francacheladas”

 

4 Comentarios

Arquivado en Conde Roa

OS PASTORES DE La CORUÑA

A Rexencia.

O Banco Pastor, ese banco que nas súas sucursais o entrar, recíbenche un señores con boina, caxato, e cortando un queixo cunha navalla e que presume de galego. A día de hoxe, fala de Galicia como rexión , e sitúa a súa sede central en “La Coruña”. A xustificación deste desfase legal temporal, segundo seu presidente Jose María Arias ( Que nome tan preconsticional ) e o seu xefe de comunicación Alejandro Kowalski Bianchi ( Este ten de pais, uns galeguistas eminentes ), está en que o despegue da entidade comenza coa autarquía franquista, esto é 1939. Claro e dende aquela non tiveron tempo de trocar a súa denominación oficial…home non van deter agora o despegue, de esta entidade tan solvente que está a pasar os seus mellores e máis doces momentos.

So mente expresar os nosos mellores desexos a esta entidade, e outras que presumen de favorecedores do crecemento ea economía do país, pero só grazas a ir estreitamente ligadas o poder, agora votaran de menos:

O Bendito ladrillismo e clientelismo, que nos daba seguridade e riqueza os que máis tíñamos ! 

E nos dinrán : Hai que vai ser de nós, Galicia, nas augas confusas do capitalismo global, axuda irmáns !

Tamén lembrar esa política laboral tan racional e xusta, que consiste en por as mellores falmilias de Galicia a traballar para eles, e os non tan afortunados que fagan carreira fóra de Galicia, haber se sobreviven…A cada porco lle chega o seu San Martín !

7 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Lingua, Uncategorized

QUE ESTÁ A CABILAR FEIJÓO ?

Non foi Toñito de Poi

 

…Serán os seus impresionantes resultados en Galiza, nas pasadas xerais ? Terá que ver coa saída de armario de Rajoy, ea súa nova banda de desgarabatados socialdemócratas ?

 

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, PP, Rajoy

NOVOS TEMPOS VELLOS NA TELEGAITA ?

A Pantasma do GdeB

Na TVG o falecemento dun membro do seu consello de administración, elexido no seu día polo BNG dalle mairoría o PP no consello do catódico ente. Agora para elixir un novo membro, fan falla maioría de 2/3 no Parlamento galego, polo que o PP arestora ten o control da TVG, e no futuro agardase unha vinganza dos populares por votar PSOE e BNG en favor de Fraga coma senador. Faremos agora unha profunda análise do que esta nova situación produce, na programación da nosa querida “Telegaita”:

7:30 Xabarín Club. O tradicional espazo infantil da galega desdoblarase, metade da pantalla en galego con subtítulos en inglés, e metade en castelán con subtitulos en chino. Por aquelo do dereito dos pais a elexir, o do Chino ? Os nenos que falan castelán saben mellor o inglés, xa que logo non perden o tempo en cousas que non valen para nada, elexiuno Raj…digo os seus pais. A doblaxe do Xabarín en castelán, será cousa de Iván Ferreiro imitando a voz de Baltar.

8:30. Bos días. Programa informativo da galega, que inclue a entrevista a un persoeiro protagonista da actualidade, hoxe Nuñez Feijoó con: ” O uso discriminatorio do galego na adxudicación da autovía do Barbanza”.

10:00. Presscolar na casa. Hoxe os nenos aprenderán que o que ten máis unidades dunha cantidade, inda que os outros nenos sumen máis xuntos, é o que gaña…e polo tanto debe gobernar nos outros nenos. Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Moda, TVG

A REVOLUCIÓN CULTURAL DE BALTAR.

O Rexente e familia.

 

O presidente da Deputación de Ourense fala de facer unha guerra de bases ( nesta nova ), no caso de que a dirección do PPdeG intente renovalo a el ou a súa directiva, como consecuencia do mal resultado nas pasadas xerais ( non pola súa política filantrópico-familiar, a ver que pensades ! ).

Para os descoñecedores, estos xeitos políticos tan maoístas, son o froito dun traballo reeducativo cultural, analizado brilantemente antes no Galpón de Breogán en: “Bandas de gaitas e dominación global” ,” Informe CEFOU” e “Mamá eu de maior quero ser funcionario”. Ademáis son a introducción pra entender as bases do derradeiro réxime boinil, e de como este mestre de aldea, ex-repartidor de gasesoa a domicilio chegou a acadar ese poder místico e absoluto.

O GdeB estos días, non sin perigo para as persoas, interceptou un dos panfletos que se están a repartir arestora polas vilas de Ourense, polas animadas bases:

 

 ( Traducción do barallete ao galego ) MENSAXE DO COMITÉ CENTRAL:

Canta xente desagradecida hai en Ourense ! Esta guerra da Boina-gaita contra o Birrete-CEFOU, repítese cada certo tempo ( Primeiro con Cuiña, logo Cacharro )…Pero unha vez máis serán derrotados polo noso líder, desta vez debemos de facer un novo Ourense, hai que reeducar os desleais o réxime e madálos de funcionarios lonxe.

Os nosos leais do rural baixarán dos montes o ritmo das súas bandas de gaitas, e esnaquizarán museos, salas de exposicións, facultade por facultade, centro comercial por centro comercial, bufete por bufete… Como traicionan o amor do noso pai !…Debemos gañar a derradeira batalla ! Viva Ourense eo noso líder !

Supoñemos que trala previsible demostración de forza das bases, como ten acontecido noutros capitulos das guerras tribais ourensáns, Baltar voltará a por orde porque…El sempre acada o que quere do PP, porque o PP foi a el, e non el foi o PP, ou é que agora será diferente ?

Anything you want  you got it ,  anything you need you got it,
 
anything at all you got it ,    baby… 

 

 

3 Comentarios

Arquivado en Baltar, CEFOU, Ourense, PP

“IÑORANTES, CATÓLICOS E FASCISTAS”

O Nuncio do GdeB

Xa falaramos neste pasado “post“, como os nosos medios de comunicación favoritos, pararanlle os pés os nacionalsocialistas esos do bloque que obligan os galegos a falar en galego ( algo ilóxico nos seus propios termos ). Onte tamén asistimos como a Xustiza ( esa banda de pobres socialistas e masóns resentidos ), fallaba na contra das xustas reclamacións do abogado da Cope, por reclamar este que lle fixeran unha sentenza en… “una lengua tal vez cooficial o algún dialecto”. Hai que comprender que en 30 anos non tiveron tempo de mirar as leis novas estas da democracia, tanto  estudiar o catecismo…e claro, agora co tema ese dos novos pecados, aínda non tiveron tempo de darlle todo os pobres.

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Competencias, Costumismo, Lingua

A REI MORTO, CÉSAR POSTO.

O Rexente e familia do GdeB

Facía tempo que non falabamos de Ourense, que arestora ten os ollos postos na movida do señor cura presidente da fundación San Rosendo ( Que xestiona máis de 40 xeriátricos, e boa parte dos balnearios de Galicia ). Que si a señora non tiña capacidade de decisión… ou si “el que nos limpie el trasero será nuestro heredero”; de todos xeitos hai que congratularse ( Me poño bíblico o pensar en curas ) do bos que teñen que ser esos xeriátricos, para que os usuarios dealle por deixarlles en herdanza cerca de 600.000 Euros e 60 propiedades.

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Os blancos, Ourense, PSOE