COLABOREMOS COA AUTORIDADE !

O negro do GdeB 

BNG a través do seu deputado Bieito Lobeira, ven de denunciar a existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento “sospeitoso” a controlar e perseguir. A máis do símbolo “GZ”, que tamén leva a súa parentela ( segundo os beneméritos galegos ), as “peghatas” de asociacións culturais, ecoloxistas e políticas, coido que debemos ser bos cidadáns e axudar a atopar esos potenciais terroristas con novas ideas:

Uns alcoholímetros capaces de distinguir entre os vapores etílicos, os provintes do licor café dos do resto de bebidas. Un indicativo claro de consumo de sustancias clandestinas sen rexistro, propias dos bagos e malfeitores.

Que os radares saiban distinguir diferentes tipos de ritmos de música. Todo aquelo que non soe a rumba, flamenco, reggaeton ( tranquilos o pinchar aquí non sae reggaeton ! ), pop ou derivados sería sospeitoso ( atentos sobor de todo o punk e folk en cedés piratas ! ). Os radicais non son de colaborar coa  tradicional industria cultural española.

Non ir escoitando os Domingos pola tarde a cadea SER, ( o “furbol” se entende, que os culturetas dos blogs despístanseme ! ) e escoitar en troques a Radio Galega. Hai que ser moi radical para aturar os partidos da terceira galega !

Desconfiemos de todos aqueles coches vellos que non sexan un golf ou estean tuneados, atentos as furgonetas que non sexan comericais ! Pra que vai querer un mozo un coche que non corre, que é máis barato, e ten máis capacidade, se non para facer cousas malas ?

Toda a xente nova que circule polas estradas rurais, e que non veñan dunha macrodiscoteca, dun enterro, de caza ou pesca. Controlar os que din que foron a facer “senderismo”, e sobor de todo se traen unhas bolsas do Gadis con lixo !

Non ter un GPS: A parte de que os radicais nunca tiveron predisposición por andar a moda, está moi claro que coñecen moi ben o noso terreo rural máis inculto, co que non o precisan. Tamén inda non hai unha versión galega, coa voz de Paco Lodeiro ou Manuel Manquiña.

Ausencia de San Cristóbal, rosario, peluches…os radicais pertencen normalmente a diferentes correntes de pensamento materialista, e tamén nihilista. Polo tanto non son relixiosos, nin teñen medo a morte; tampouco ven de bó grado o xiro cara o capitalismo de China.

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Funcionarios, Seguridade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s