NOVOS TEMPOS VELLOS NA TELEGAITA ?

A Pantasma do GdeB

Na TVG o falecemento dun membro do seu consello de administración, elexido no seu día polo BNG dalle mairoría o PP no consello do catódico ente. Agora para elixir un novo membro, fan falla maioría de 2/3 no Parlamento galego, polo que o PP arestora ten o control da TVG, e no futuro agardase unha vinganza dos populares por votar PSOE e BNG en favor de Fraga coma senador. Faremos agora unha profunda análise do que esta nova situación produce, na programación da nosa querida “Telegaita”:

7:30 Xabarín Club. O tradicional espazo infantil da galega desdoblarase, metade da pantalla en galego con subtítulos en inglés, e metade en castelán con subtitulos en chino. Por aquelo do dereito dos pais a elexir, o do Chino ? Os nenos que falan castelán saben mellor o inglés, xa que logo non perden o tempo en cousas que non valen para nada, elexiuno Raj…digo os seus pais. A doblaxe do Xabarín en castelán, será cousa de Iván Ferreiro imitando a voz de Baltar.

8:30. Bos días. Programa informativo da galega, que inclue a entrevista a un persoeiro protagonista da actualidade, hoxe Nuñez Feijoó con: ” O uso discriminatorio do galego na adxudicación da autovía do Barbanza”.

10:00. Presscolar na casa. Hoxe os nenos aprenderán que o que ten máis unidades dunha cantidade, inda que os outros nenos sumen máis xuntos, é o que gaña…e polo tanto debe gobernar nos outros nenos.

-12:00. A Nanny. A vida dunha criada xudea sen ningún talento, que atopa a felicidade servindo a un rico viuvo e posteriormente quentandolle a cama. Aquí teríamos unha dura loita entre o sector Birrete, partidario da continuidade da Nanny; eo sector Boina partidario da volta de “Granxeiro último modelo”, símbolo televisivo americano eterno do sometemento do Birrete os postulados da Boina.

12:30. A Revista. Tradicional formato televisivo galaico, exportado con éxito a TVE con “España directo”, donde uns reporteiros percorren as festas e feiras de Galicia enteira, trátase de que os nosos maiores podan participar dende a casa, de toda movida festeira e gastronómica do país sen sair da casa. Hoxe en directo entre outros: “Feira do cocido de Lalín, con entrevista a Conde Roa como novo cabaleiro da orde” e “Festa do capón en Vilalba, en directo o pregón a cargo de Rouco Varela”.

-14:00. O Agro. Hoxe: “Os perigos da colectivización da terra” e “É pior protexer os peixes e paxaros, a ter uns rodaballos de piscifactoria e patacas do tamaño da catedral de Santiago”.

-14:25. Telexornal mediodía. Novas de Galicia e do Mundo presentadas polo Tonecho do pixama en galego, e por Miguel Ángel Rodríguez en castelán. Os deportes estarán a cargo de “Super Rojo”, grande humorista:

-15:30. O Tempo. Presentado polo primo de Rajoy, farao dun xeito didáctico, dando información pero tamén ensinando a súa visión sobor do cambio climático.

-15:35. Catecismo e Cifras. Concurso de coñecementos, que xira arredor das materias máis importantes do sistema educativo. O bispo de Mondoñedo e Iolanda Castaño serán os mestres correctores das súas respectivas áreas.

-16:00. Acompáñenos. ( Sen trocos, curto e pego da páxina da TVG ) Unha revista de actualidade, dinámica e variada, que lle toma o pulso á realidade cotiá da xente. De luns a venres, as sobremesas terán unha cita guiada por Xosé Manuel Piñeiro. Entre os colaboradores destacan Alba Lago, unha estudante de publicidade e relacións públicas ( pero rematou a carreira ? ); Israel Pita, coñecido como un Gran Hermano da primeira edición ( outro impresionante currículum ) e Juan Fuentes, xornalista que realizará reportaxes comprometidas do que ocorre na nosa terra ( a Revista segunda parte ? ). Un afán cultural e de orixinalidade pagado por todos ! ( E isto o engade o GdeB )

18:00. Acurralada. ( Tampouco se troca tendo en conta isto, curto e pego, FLIPADE !!! ) É unha apaixonante historia de amor, odio e vinganza nun escenario de luxo, suntuosas mansións, fermosas vistas ao mar, praias e edificios abraiantes e xente guapa da cidade de Miami. Fedora sae do cárcere logo de vinte anos. Foi encarcerada por culpa das intrigas de Octavia Irazábal, a muller que lle arrebatou as súas fillas e a súa perfumería. Xa en liberdade Fedora consegue traballo nun cabaré e adopta unha nova personalidade, a de “Gaivota” ( OSTIA, QUE AXIÑA SE PUXERON COA TVG OS DO PP !!!) e comeza a preparar a súa vinganza, pero o destino quere que Diana se namore de Maximiliano, fillo de Octavia Irazábal, e parece que na súa historia repetirase a traxedia de súa nai.

-20:00. Galicia Noticias. Noticiario de sucesos no que temos basicamente dúas liñas de novas, o estilo de certos telediarios feitos dende Madrid: Aumento da delincuencia por causa dos emigrantes, ea desestruración da educación e da familia…no fondo culpa de ZP !

-20:30. Telexornal serán. Novas de Galicia e do Mundo esta vez presentadas en galego polo outro Tonecho, e por Sánchez Dragó en castelán. As noticias deportivas a cargo do cuñado de Rajoy, o da Cidade da cultura que este si que ten un bo currículum.

 -21:45. Luar. Si amigos a semán se fixo longa, pero a espera non foi en balde ! Luar voltaría selo que era, trocamos: Grupo tradicional por Banda de Gaitas, artista galego a nivel estatal vido a menos por  Alberto Comesaña. Impopular triunfito por ex-popular folclórica ( O Fary a fin morreu, non ? ). Tamén voltarían os artistas conceptuais intelectuais: Ponden ser Paloma San Basilio ou Juan Pardo, e de postre o artista internacional non se trocarán igual cos anteriores debido o presuposto: Poden ser Regina Dos Santos, Boney M ou Sabrina.

1 comentario

Arquivado en Moda, TVG

Unha resposta a “NOVOS TEMPOS VELLOS NA TELEGAITA ?

  1. eu

    Boísimo, coma sempre

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s