Arquivos mensuais: Maio 2008

DÍA DO ORGULLO CORUÑO

Rexencia e familia

 

Despois do pasado fin de semana, día do orgullo “friki”, a cidade da Coruña estase a repor da visita do seu outrora alcalde e arestora embaixador galáctico Paco Vázquez. Ninguén tan “firki” podía deleitarnos coma el nesa sinalada data, creador do festival de banda deseñada e ex-político particular onde os haia.

Pero o embaixador Vázquez, dende fai anos gobernado polo lado escuro, non se conformou con vistar os seus paisanos, se non que tratou de levar unha vez máis o xoven “padowan” Losada o lado escuro da forza. Tras recomendar os cidadans da vila herculina marcar a X da igrexa do IRPF, defendeu a permanencia da simboloxía franquista nas rúas coruñesas, acompañado dos sectores económicos e conservadores da cidade.

1 comentario

Arquivado en A Coruña, Humor, Losada, Política, PSOE

XUNTOS, BAIXO A DESBROZADORA

O negro do GdeB

 

Xosé Crespo, alcalde de Lalín e sucesor clandestino do “César” Pepe Cuiña mentres non caia o “Marco Antonio” galego Feijóo, que só está de líder por mor das artes do Senado corrupto e urbanita que o puxo. Está a favor dun posible pacto PP-BNG seguindo así as propostas políticas da estrela catódica Barreiro Rivas. No Galpón de Breogán non podemos agochar o noso amor e fascinación, polo noso pasado recente costumista e caciquil ( que pesados ! É o que hai ), e queremos axudar a Crespo que precisa por en marcha a súa desbrozadora , para acadar o ansiado goberno de gaita e pandereta que nos merecemos. Nalgúns dos famosos comités dos populares rurais, coma este do video puxéronse coa tarefa pra acadar o pacto, que segundo Crespo consiste en que: “habería que desbrozar moito pola dereita e moito pola esquerda e por todos lados”.

Por fin voltarán xuntarse as nosas familias rurais, divididas dende a aparición do nacionalismo como forza determinante no país, os pais e os fillos voltarán a ir xuntos de romería que ledicia ! Teremos un goberno cunha maioría eterna, que igual non nos leva a autodeterminación, pero conservaremos intactas as nosas esencias máis características e populares, que corren o risco de desaparecer por mor dos malignos sociatas. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Costumismo, Humor, Política, PP

GALICIA 2025

A excelentísima rexencia

 

Día das letras galegas do 2025, o Presidente da Xunta, Francisco Cacharro “junior” de UPD repíte mandato. Desta vez non grazas o pacto co PP de Feijóo coma na anterior lexislatura, desta vez grazas o pacto co partido Centrista de Baltar “junior”e os seus poucos pero determinantes deputados, que dende este ano pasaría ser o Vicepresidente de Caciquismo e xuventude, porque el sempre defendeu que “el caciquismo es bueno”. Porase así en prática de novo o caciquismo do século XIX, que é o que os diferencia dos do bipartito que facían o do século XXI segundo o seu ilustre pai.

O homenaxeado este ano das letras galegas é Camilo José Cela, xa que dende se aprobara por UPD e PP o bilingüismo armónico, un ano adícase a autores galegos en castelán e outro a autores en lingua galega, a xente empezouno a ver ben xa que autores bos só en galego estaban a esgotarse, no 2024 se homexeou a Antón Losada !

O acto no obelisco de La Coruña asistirón: A súa viuva Marina Castaño, o Vicepresidente, o Papa Francisco Vázquez (creador dunha nova relixión que fusiona socialismo e xudeocristanismo, especie de aglicanismo español maioritario en Galicia e Andalucía) , eo Conselleiro de Cultura, que é o membro masculino de “Boney M” (Que baile se botou o día do seu nomeamento, os seus 80 anos ! Un dos mellores momentos da historia do autogoberno), que sí… que sempre viviu en Galicia dende o 2005.

O galego é unha lingua xa só falada polos habitantes-funcionarios de Santiago, xente de Ponferrada (por levar a contra a León) é recunchos afastados rurais onde só quedan xubililados de sobrenatural lonxevidade, pero prácticamente desapareceu das vilas e cidades por descontado.

Todo escomenzara dende que os pais tiveron que escoller entre galego e castelán, aló polo 2013 primeiro goberno de Feijóo. Como os pais dos rapaces ricos escollían castelán, xa que é o que se fala na casa e no clube hípico; e dado que os rapaces pobres a larga tiñan que marchar da aldea de gardas civiles, policías ou traballar para os ricos, os pais foron escollendo pouco a pouco a educación exclusiva en castelán para os seus fillos, para que fixeran mellor as oposicións ou para que se pudideran colocar dos negocios dos casteláns falantes, aquí no noso país. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Fraga, Humor, Lingua, Política, Surreal

DÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”

por Moi Xordo

 

No día das letras galegas, certamente a nova más lida e vista do día sería a lista de Don Luis Aragonés no Marca, eu penso pola contra que esta da Nosa terra é mellor , sobor de que a industria do porno medra en Galicia, digo eu en que idioma será este “follar de Breogán” da praza do Obradoiro ?. Pero…ahí está o noso disléxico e “progre” Presidente para innovar e darlle a volta o panorama informativo, poseído polo espíritu de Hugo Boss coma cando fora o do himno en flamenco. Por certo este home será o encargado do himno, no próximo día da patria:

A súa innovativa levoulle a levar o Día das letras galegas a Bos Aires, aquí contano dun xeito como lle gustaría a Touri, con aplausos de Díaz Pardo e Alonso Montero incluídos. O que non contan é que os socialistas arxentinos, fideis o seu estilo discreto, promocionaron o acto cun cartaz do estilo deste: Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Lingua, Touriño, Voto emigrante

OS ADMIRADORES DE ANXO

A pantasma do GdeB

 

Tres alcaldes do PP que con anterioridade, calificaban a Quintana de chantaxista e de estrangulador económico de pequenos concellos. Agora piden disculpas a Quintana pola polémica creada anteriormente, desmarcandose así das críticas que fixeran eles e os outros 8 alcaldes.

Nun pequeno concello desos, máis concretamente en Ourense onde hai tantos coma chalets na comarca do Salnés (Mesmos concellos ca provincia da Coruña, 4 veces menos población). En Vilamartín de Valdeorras (Concello que en 1930 tiña 4190 habitantes, e agora grazas o progreso da provincia 2472 e baixando) o seu alcalde é un dos das desculpas. En tempos sempre traballaba man a man co presidente da súa deputación, como tódolos seus septuaxenarios e agradecidos alcaldes, ao que nunca se aforraba en encomios a súa persoa.

Ata que un día coñeceu un novo amor: Anxo Quintana o que adica neste video os encomios, que antes só se lle adicaban o gran líder diputativo, ou anteriormente a persoaxes preconstitucionais no mesmo galego da época da democracia orgánica. Ademáis de que “apoya a Quintana al límite”, nos di que toda a polémica era “una patraña del PP y del PSOE“…Como ? Trátase dun novo transtorno de bipolaridade, ou temos aquí un caso como o do Concello da Bola ? Como trocaron estos alcaldes, que antes ían casa por casa asegurando que Santán e Beiras eran a mesma persoa.

5 Comentarios

Arquivado en BNG, Municipais, Ourense, PP, Quintana

VISIÓN TEATRAL DA POLÍTICA GALEGA (Polo noso mellor actor dos 80)

O Rexente do GdeB 

 

A guerra dos artigos de prensa está aberta: Despois de “Nervios” de Aymerich para “A nosa terra” dende Vigo, temos o contrataque coruño con “Visión teatral de la política gallega” de Barreiro Rivas para “La voz de Galicia” dende Coruña, e en castelán. A polémica témola por que Barreiro propón neste artigo, que o BNG pacte co PP para que Galicia se libre da maioría asobaiadora dos 25 deputados socialistas. Hai Barreiro ! Como votas de menos selo protagonista, que tempos aqueles que saíches de AP para formar o tripartito co…PSOE !

A simple vista vense unhas importantes diferenzas conceptuais e estilisticas dos dous artigos, supoño que terán a súa orixe nas diferecias ideolóxicas, que gobernan os nosos políticos: Nacionalismo progresista e Galeguismo conservador, suponse ? A cuestión a que me refiro é que se Aymerich, escribía pouco pero decía moito, Barreiro escribe moito é di pouco. Está claro que o seu é a televisión…Como ? E que non seguíades o seu éxito televisivo “Volver o Rego”...Como ? Nin o día que foi Fernández Albor (Si, esta vivo)…Vaia !

                    (Foto na sede da Voz, observade o que pon no cartaz do fondo)

Agora fagamos unha rápida análise do texto, que como apuntaba antes poderíase resumir en poucas frases:

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Humor, Política, Prensa rosa, Uncategorized

O TRASTORNO BIPOLAR DE AYMERICH

O negro do GdeB

 

O portavoz do BNG no parlamento galego, Carlos Aymerich ( Nome de dianteiro arxentino, cara de seminarista aventaxado ), ven de ser o protagonista da actualidade destos días, por un artigo chamado “Nervios”. Neste artigo puña en cuestión o traballo dos socialistas nas súas cosellerías, o portavoz do PSOE Ismael RegoA versión masculina de Mª Antonia Iglesias ), sorprendido, cría que este artigo só podía ser froito do seu “transtorno bipolar”. Pouco despois Anxo Quintana chamaba a calma, pero no Galpón de Breogán coñecemos ben a Aymerich, e sabemos que este artigo non expresa ben o que súas personalidades queríanos contar, con que imos analizalo ( Por facer artigos que se len máis que os meus!!! Hala, imitador barato de Leo arremec…!!! ):

“NERVIOS” polos Carlos Aymerichs.

Helena Espinosa tenciona “prescindir do BNG”( Traidora españolista !/Home, tal como imos ! ). Touriño quere contar cunha maioría suficiente para gobernar “con total autonomía” ( Hai que evitalo, xa estou a ver un exército de flamencos no Obradoiro tocando o himno !/ Eu tamén quería iso ! ). Helena Salgado advirte que para transferir o tráfico vai haber ainda moito que falar. E os alcaldes do PSOE, desta vez xa sen requilorios, defenden que a calidade –e o prezo– da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores ( Que son todos uns coruños papistas españolistas !/Seguro que dixeron eso, nos dicimos outra cousa ? Ah ! Sí que dependan do que digamos nos… ). Así andan as cousas. Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Bipartito, BNG