DÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”

por Moi Xordo

 

No día das letras galegas, certamente a nova más lida e vista do día sería a lista de Don Luis Aragonés no Marca, eu penso pola contra que esta da Nosa terra é mellor , sobor de que a industria do porno medra en Galicia, digo eu en que idioma será este “follar de Breogán” da praza do Obradoiro ?. Pero…ahí está o noso disléxico e “progre” Presidente para innovar e darlle a volta o panorama informativo, poseído polo espíritu de Hugo Boss coma cando fora o do himno en flamenco. Por certo este home será o encargado do himno, no próximo día da patria:

A súa innovativa levoulle a levar o Día das letras galegas a Bos Aires, aquí contano dun xeito como lle gustaría a Touri, con aplausos de Díaz Pardo e Alonso Montero incluídos. O que non contan é que os socialistas arxentinos, fideis o seu estilo discreto, promocionaron o acto cun cartaz do estilo deste:

Non se supón que agora os mortos, e os emigrantes ían a votar por fin en urna ? En fin, a Touri parece que non lle importa que lle recurtaran o censo do exterior, vai sobrado de votos e ideas. Algúns puxéronse xa a criticar esta nova iniciativa, pero pensaron nos novos vieiros artísticos que nos está a abrir o noso “presi”, aqui vos deixo cunha versión lusófona ( Para os nosos amigos reintegrados, se sintan integrados) de “Cambalache” , na que sevidor aparece no video, exemplo do que a fusión nos podería dar, tamén é un homenaxe a Touri por mellorar o seu galego perante estes anos (A min persoalmente gústame máis esta do “Polaco” Goyeneche, esta adicada a Galicia Bilingüe !):

Vémonos o domingo, coa esperanza de que o século XXI sexa mellor para o galego !

 

 

1 comentario

Arquivado en Lingua, Touriño, Voto emigrante

Unha resposta a “DÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”

  1. Pingback: BALTARÍN NON ESCRIBE NO GALPÓN DE BREOGÁN « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s