Comité de saúde pública do GdeB
Segundo unha recente enquisa do CIS, unha terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como nacionalista e son practicamente os mesmos que consideran España un estado que os que pensan que é unha nación. Entón o 1/3 que nos falta, supoñemos que serán emigrantes e xente desa que di: “eu son cidadán do mundo”, ai ! Canto dano fixo Manu Chao. Co que está moi claro que “España se rompe”, pero porque nesos territorios a xente non ve a Xxpaña como a súa patria ou nación, escoiten isto e reflexionen:
Este é o himno de Rusia como podedes apreciar (nestes últimos tempos estamos moi musicais), unha creación superior do ser humán, que elegancia, que ritmo, ledicia e sentimento van da man, cunha melodía que fai patinaxe artística polos tonos; non fai falla que vos lembre Eurovisión, e que canción se asemellaba máis o himno español se o “Chiki,chiki” ou a dos rusos. Agora vexamos unha retrospectiva de bandeiras e himnos de España:
Por eso Rusia é a nación máis grande do Mundo ! Os estados todos teñen polo xeral unha bandeira, un himno e un lema, pois o himno de Rusia dalle gañas a un de ser ruso ! Pero o de España…tanto o de “Del Riego” como a “Marcha real” son uns himnos de 3ª ou 4ª. O republicano é unha marcha militar de república bananeira, que inda porriba parece que vai entrar Joselito a cantar, así lle foi; eo que temos arestora é unha melodía rococó decadente que debía de entreter os xogos do palacio de Aranxuez, en plenos tempos de Carlos IV fillo tonto de Carlos III que non vou decir a quen asemella. Ámbalas son melodías ledas sen sentimento é doadas, por iso teñen tanto éxito en ámbitos etílicos, pero non chegan o corazón e espírito dos cidadáns, infundindo o amor e respeto necesario, e claro pasa o que pasa. Seguir lendo