A SOLUCIÓN A CRISE DO TRANSPORTE

A Rexencia do GdeB

 

A día de hoxe estamos a vivir unha crise mudial dos combustibles, pois tendo en conta que en pouco tempo nos vai sair o dobre enchelo depósito do coche, e que os soldos non subirán o dobre e que a alternativa máis barata é o tren, e polo momento en Galicia son unhas latas de sardiñas con rodas, e que a alta velocidade ía chegar no 2012 pero agora parece que xa non se lembran diso, iso si os trens que si chegaron son como os da foto de embaixo. Os desplazamentos de festa en festa este verán, veranse perxudicados co que os galegos teremos un problema de interrelación e de endogamia que xa existía, e que se verá perxudicado, así como a mellora da nosa raza.

Por iso como representates da xente moza de Galicia, isto é menores de 40, temos un grave problema de cara este verán para ir de festa en festa, pois nos a sair moi caro e a xente que vai as festas é a mesma que vai dando voltas por todas, e tendo en conta a pouca que queda sen emigrar non hai que agravar o problema. Quero defender así a xente da Garda que quere ir o festival de Ortigueira e xente de Ortigueira que quere facer a subida o castro, e sobor de todo protexer a industria do “tunnig” galego, a máis perxudicada xunto as nosas estrelas fóra da lei viguesas.

As posibles solucións de cara este grave perigo, que afecta as principais industrias culturais do noso rural, e repoboación do mesmo, temos dúas opcións:

Sacar petróleo da nosa costa, como xa está a traballar a Xunta. Está claro que esto remataría con moitos problemas: Recolocaríamos a xente da construcción e a do mar nas futuras plataformas que habería nas rías como bateas en Arousa. Que bonito, a ría de Pontevedra terá por fin as súas propias bateas ! Ademáis os barcos que vaian a alta mar poderán repostar sen achegarse a costa, e a partir de entón ninguén en Ferrol vería mal Reganosa e máis teríamos unha en cada ría. Pero esta solución dos nosos políticos e un pouco peliculeira…

Inventar un motor que funcione a licor café ou herbas, si señor… tendo en conta os métodos pedagóxicos modernos que unen ocio e aprendizaxe, que mellor que empezar a entreter os nosos xóvenes enxeñeiros universitarios a crear un motor definitivo, que lle dea saída a toda esa producción clandestina de licores caseiros e garrafón que non contaminan o ambiente pero sí as almas. Sería unha solución o exceso da producción de viño, e unha mellora de saúde para a nosa mocidade, sen falar do que sacaríamos coa patente, ademáis poderíamos repostar de festa en festa.

2 Comentarios

Arquivado en Economía, Humor, Reganosa

2 respostas a “A SOLUCIÓN A CRISE DO TRANSPORTE

  1. Que razón tes, xa podían vir eles pagarme a gasolina do coche, que dende logo, imos ter o litro a dous euros en menos de nada, non hai dereito a semellante abuso. Un saúdo.

  2. moixordo

    O triste, e que xa nin se plantea tocar os beneficios empresariais desas empresas, que non son poucos. Xa so pedimos baixar impostos, que son cartos que quedamos sin eles todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s