NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS

O Negro do GdeB

 

O pasado mes, coñecimos as contas do famoso viaxe da Consellería de cultura a Cuba, para fomentar a cultura galega. Aquí en chuza (xa que ultimamente non falan do Galpón o Galpón falará deles !) fanse eco da nova publicada no xornal “La Voz de Galicia”, e comentan:

Iso son ganas de enlear… ¿non é acaso práctica habitual facer agasallos neste tipo de eventos? é do mais normal e apropiado senón queremos ficar como uns cutres…”, e tamén:

Será que á Voz de Galicia parécelle pouco galego convidar a Mojitos aos asistentes aos actos celebrados pola consellaría en Cuba? De todos os xeitos penso que o Mojito foi criado por un galego”

Coido que nestos dous comentarios, se resume a filosofía que de contado imos a tratar: Estando dacordo de que o tema da merenda con mojitos para 100 persoas, saiu coma a mil euros, esta moi claro que a intención “de la Voz” non era, seguir a  coñecida estratexia de acoso e derribo “neocon” de toda a vida, de facer un xuicio moral de cada acto do bipartito, pois claro que non, con ese prezo ! Hai algo máis…

Como ben apunta un dos comentarios, o que pon en cuestión o diario coruñés e ofrecemento dunha bebida típica de outros mares. Por que as bebidas alcohólicas e o alcoholismo social, para un bo nacionalista é algo máis que un pasatempo, un alimento, ou diversión, trátase dunha antiga comunión da persoa e as forzas telúricas da terra. Só fai falla ver estes días, como as afincións das diferentes selecións da Eurocopa, enchendose de espírito nacional antes dos partidos.

Porque como ben apuntábase en “O Perfume”, a destilación sacaba o espíritu das cousas, e o espíritu dunha nación son as súas bebidas típicas e orixinais, que destilan os froitos e esencias da propia terra, eo degustar estas destilacións xuntos en sociedade, os individuos unímonos poseídos por unhas características comúns terraneas, corpantindo sensacións e experiencias. Cando Quintana di o soniquete de “facer país”, a que pensabades que se refería ?

 

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Emigración, Lingua, Misticismo, Parlamento, Quintana

2 respostas a “NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS

  1. Pingback: BALTARÍN NON ESCRIBE NO GALPÓN DE BREOGÁN « Galpón de Breogán

  2. lurpius

    o misterio do por qué dos “mojitos havaneros” e das equipaxes incompletas: pero por qué carallo se esqueceu o “mozo” (1) da bugallo de levar os garrafóns da augardente de portomarin?

    (1) refírome ao mozo das maletas …

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s