BALTARÍN NON ESCRIBE NO GALPÓN DE BREOGÁN

O Comité de saúde pública do GdeB

 

Xose Manuel Baltar Blanco, máis coñecido como “Baltarín” ven de saltar os terreos da columna periodística da man de “A nosa terra”,  ( que non !… que xa non só escriben vellos comunistas e “upegallos”), unha nova faceta para o fillo do home do renacemento, todo un home feito a sí mesmo, que comparte agora con todos nos as súas ideas e propostas máis alá do seu famoso “blog”…aiii ! Que redondiño, que moreniño ea vez que cores, frito ou asado ten que estar boísimo !

A cuestión polémica está no seu derradeiro artigo, no que non sabemos si Baltar “junior” comparte ideas co Galpón de Breogán, ou si trataríase de un de tantos fans que imita os seus ídolos; co que o seu Comité de saúde pública se ve obligado a intervir, debido os correos que recibimos nos que dan por feito que Baltar Blanco, é o famoso sexto compoñente do Galpón, vexamos agora as coincidencias (que son só eso !) cos derradeiros “post” do Galpón:

 

La Junta da Galiza por Xose Manuel Baltar
 17.06.2008 | 12:24

 

Outra fin de semana de portadas dos xornais con Anxo Quintana con sombreiro “panamá” bailando pasodobles –quen o diría!– logo dunha chocolatada pagada por esta inimitábel Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. A punto de “celebrar” os tres primeiros anos da “unión de feito” de socialistas e nacionalistas galegos que aínda non se puxeron de acordo nin en como lle chamar ao noso país. É certo que a única denominación lexítima é Galicia, para iso están as leis, pero Emilio Pérez Touriño non pode intervir neste debate porque é incompetente. Incompetente. Ten que limitarse a mirar para outro lado e asubiar. Desastroso. Ata aqui todo normal, vexamos a listaxe numerada de sospeitosas coincidencias cos textos do Galpón ( en azul, os textos galponianos).

Non importa que non aparezan as facturas da viaxe a La Habana, habelas hainas. E non falo do “anecdótico” da factura dos 400 mojitos (ou serán molliños?) ou da dos non sei cantos billetes de avión, en business class of course, da “embaixada” cultural que asistíu a esas xornadas de traballo en Varadero (perdón, Varadeiro).( 1º NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS) 

Touriño tamén pasa de puntas por outro episodio da “guerra dos carteis” (vai camiño de converterse nunha triloxia) ante as declaracións do comercio galego avogando pola liberdade á hora de rotular os seus negocios (a primeira parte fora cando Darth Losada (2º DÍA DO ORGULLO CORUÑOhome, non se refire o mesmo Losada, pero estrana asociación, por que de sobra é coñecido o apego a Antón Losada do Galpón: ANTÓN LOSADA DEVORANDO OS SEUS FILLOS) tivera aquel “incidente” coa policía autonómica).

A realidade é que Touriño (¿ou Tourinho?) compareceu para falarnos da súa derradeira viaxe a Sudamérica (a do cartelito con Zapatero e bandeiras socialistas xunguido ao seu posto institucional) e os escanos dos nacionalistas do goberno estaban baleiros…(3ºDÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”)

Agás Anxo, claro, supoño que con ganas de intervir para arremeter –como fixo o voceiro nacionalista– contra outro exercicio de demagoxia e de cinismo político practicado polo creador da língua con máis éxito nesta lexislatura: o touriñés.

Un touriñés que conta con vocablos tan ricos como “pisimismo”, “pasar holla”, “imposto de succións e donacións” ou “ustede” e “xacabeo”. Un touriñés que posúe unha verba específica para referirse á nosa terra. Nin a Galicia oficial, nin a Galiza ilegal nin mesmo a Gallaecia que figura na xenial vidriera de Díaz Pardo no hemiciclo da Cámara galega. O axeitado sería dicir, como xa se lle ten escoitado a Emilio Pérez, “Galucia”. Sí señor “La Xunta from Galucia”. Así estamos, asistindo cada novo día a polémicas estériles xeneradas por un bipartito que nin sabe dos problemas do país nin lles contesta (4º HUMOR…CON TOURIÑO?, aquí facíamos referenza cun famoso video sobre o “touriñés”)

O GALPÓN DE BREOGÁN, NON SE FAI RESPONSABLE DE ESTRANAS COINCIDENCIAS COA REALIDADE !

 

Deixar un comentario

Arquivado en Baltar, Bipartito, Blogs, CEFOU, Embigo, Humor, Ourense, Parlamento, PP

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s