PORQUE ROMPE ESPAÑA ? (O outro España-Rusia)

Comité de saúde pública do GdeB

 

Segundo unha recente enquisa do CIS, unha terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como nacionalista e son practicamente os mesmos que consideran España un estado que os que pensan que é unha nación. Entón o 1/3 que nos falta, supoñemos que serán emigrantes e xente desa que di: “eu son cidadán do mundo”, ai ! Canto dano fixo Manu Chao. Co que está moi claro que “España se rompe”, pero porque nesos territorios a xente non ve a Xxpaña como a súa patria ou nación, escoiten isto e reflexionen:

Este é o himno de Rusia como podedes apreciar (nestes últimos tempos estamos moi musicais), unha creación superior do ser humán, que elegancia, que ritmo, ledicia e sentimento van da man, cunha melodía que fai patinaxe artística polos tonos; non fai falla que vos lembre Eurovisión, e que canción se asemellaba máis o himno español se o “Chiki,chiki” ou a dos rusos. Agora vexamos unha retrospectiva de bandeiras e himnos de España:

Por eso Rusia é a nación máis grande do Mundo ! Os estados todos teñen polo xeral unha bandeira, un himno e un lema, pois o himno de Rusia dalle gañas a un de ser ruso ! Pero o de España…tanto o de “Del Riego” como a “Marcha real” son uns himnos de 3ª ou 4ª. O republicano é unha marcha militar de república bananeira, que inda porriba parece que vai entrar Joselito a cantar, así lle foi; eo que temos arestora é unha melodía rococó decadente que debía de entreter os xogos do palacio de Aranxuez, en plenos tempos de Carlos IV fillo tonto de Carlos III que non vou decir a quen asemella. Ámbalas son melodías ledas sen sentimento é doadas, por iso teñen tanto éxito en ámbitos etílicos, pero non chegan o corazón e espírito dos cidadáns, infundindo o amor e respeto necesario, e claro pasa o que pasa.

Pero iso non é todo, porque, está a bandeira esa que fai dano a vista, que foi adoptada en tempos de Carlos III e comenzar a decadenza do Imperio español, e que so mirala o inimigo atinaba máis cos canonazos, logo non nós toman en serio como a Canadá que a súa lembra o logo dunha ONG ecoloxista, ademáis o do escudo na bandeira non está de moda, iso é medieval !

E pra rematar: O lema, nacións influintes como Francia teñen cousas como:”Liberté, Égalité, Fraternité”, así si tes gañas de morrer pola patria; pero cal é o de España:”Plus ultra”, xa de entrada está en latín así que o que non é cura non o entende, eo peor é que significa “Máis alá” (Deus ! España copia a Manoel Antonio, ou é el o que copia a España) pero que é isto ? Imos dominar o Mundo cunha revista de ovnis ou que ? Agora escoitemos o himno dun territorio separatista desos o azar:

 

Home ! Está claro que non ten a calidade dos rusos, pero polo menos ten sentimento e letra para infundir sentimento patriótico, ademáis este territorio non pretende chegar a ser tan grande como Rusia, ou si…que carallo ! O Galpón de Breogán demanda da nosa conselleira de cultura facer un equipo rusófilo, que se adique a facer un novo himno a altura de potencias como Rusia, contratémosllo o emporio Karpin. Ou que carallo nomeemos a Karpin conselleiro de cultura, non fala galego mellor que Pérez Varela pero polo menos é máis culto e xogou no Celta !

 

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Costumismo, Día da patria, Gafapastismo, Humor, Independentismo, Música, Misticismo

2 respostas a “PORQUE ROMPE ESPAÑA ? (O outro España-Rusia)

  1. xurxo

    hai que ver canta tontería se pode escribir nun solo post

  2. Comité de saúde pública do GdeB

    Preferimos chamalo virtuosismo da trapallada, por aquelo de ser orixinais e xeitosos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s