VENTOS DE PRECAMPAÑA !

O Lord protector do GdeB

 

Nestas derradeiras datas de Agosto, Emilio Pérez paseaba xunto a Jose Luis Rodríguez como dous xubilados decentes calquera, pra ver como ían as obras esas de Magdalena Álvarez, ou como Gerardo Conde a coñece: “A Ministra marimach…” Asemade, decidía  nesa compaña sobor da súa fidelidade a sí mesmo, ou a ZP digo, Pepiñ..digo, o PSO...digo, os galegos e as galegas…

Tamén este verán, Feijóo preocupabase pola crise pedíndolle a Touriño que remate a lexislatura, porque a incertidume feita polo presidente, co tema da data das eleccións agravaba inda máis a crise, que é culpa de Touri por non tomar a medidas axeitadas antes das vacacións. Ademáis, Alberto sacou tempo pra ensinarnos porque o BNG tampouco mola, xa que crea unha rede clientelar igual que o PP... Son malos porque son igual que eles ? Esta pedindo o voto para Touriño ? Este complexo acto positivo de proselitismo o axeitou, engadindo que o PSOE é cómplice desa política por omisión. Todos son malos porque son coma min ? En fin cada un fai o que pode…

Quintana tamén estivo a aproveitar estas vacacións, ademáis de seguir a pedir que os emigrantes voten, ou voten menos, ou voten mellor, ou o que sexa. Foi a presentación da vindeira partida de rol multitudinaria “Os Irmandiños: A Revolta“, eo xuntarse con Rubén Cela e os seu amigos “frikis”, claro pasou o que pasou cando xuntase con eles: Voltou coller a espada pra defender a Galiza do expolio español, o que estamos asobaidos o estilo “Braveheart”, e acusou o Estado de “roubar a Galiza” o non querer transferir as competenzas de tráfico, xa que este organismo recauda 10 veces máis do que gasta en Galiza. Agardemos que non faga ningunha tolería coa espada, cando teña que falar co Señor Solbes, pobriño, podía ser o teu pai !

O Presidente de Rusia que non teño claro quen é (Carallo ! Xa decía eu que a barba de Chuck Norris, eo cabelo era falsos); por aquelo da conexión ruso-galega auspiciada polo Galpón de Breogán, e dentro do seu renacido espíritu de defensa dos pobos asobaiados, non tardou en recoñecer a competenza de tráfico para Galicia, e amenazou cunha operación militar de “paz”, de non producirse a transferenza da competenza antes das vindeiras eleccións de Marzo. Estos dous sí que intimidan, e non os nosos políticos !

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Parlamento, Política, PP, PSOE, Quintana, Touriño, Voto emigrante

2 respostas a “VENTOS DE PRECAMPAÑA !

  1. Jomeini

    Rubén Cela ten cara de pensar”que grande a ten” (a competencia).

  2. O Lord protector do GdeB

    O certo é que mira pra punta con cara de impresión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s