O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Ernesto Chao: O papel de Ramiro Pereira xurdiu tras unha cea en Toñi Vicente, despois das vieiras non me lembraba ben de quen era, e me sentía algo parvo. A productora encerroume no plató do bar suízo 10 anos, eu non sabía nada…pasei todos eses anos comendo empanada e tomando “estrellas” con Morris, Deus ! Non quero eso para ninguén.

Manuel Fraga: Pois clr q cmn dars vieirras, cm s natural ! Por iso agora pdo dicrr q los d outr bando fxron máis barrabasadas !

Anxo Quintana: A min escolleranme coma portavoz nacional do BNG, por que era o único que tiña o talento orador de Beiras…Pero despois do das vieiras so sabía dicir: Por en valor, facendo país…

Toñi Vicente: Eran 3 furtivos ejerciendo la prestidigitación en restaurantes, y claro, me prepararan un colacao me lo bebí, y luego me diera sueño…

Pérez Touriño: Estou francamente “abromado” polo suceso, e a Xunta xa esta a “boscar” os culpables. Dinme de conta persoalmente por que dende que “cotara” as vieiras, “follo” máis que nunca na fala, o que vai en “cricimento”. Pero que quede claro que todo o marisco galego é “manífico”!

Núñez Feijóo: Non, o de que fale o principio de frase en galego y al final en madrileño, non é de las vieiras. No partido popular defendemos o bilingüismo y que cada uno fale como lle peta !

Advertisements

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

4 respostas a “O FLG detrás das vieiras contaminadas

  1. pirilampo

    Cóntaminame, mézclate conmigo
    que bajo mi rama tendrás abrigo!

    A cantos afectaría o caso da vieira????

    Teño medooooooooooooo

    Ánimo

  2. Furafollas

    A min non me afecta. Levo sen probalas dende o Nadal. Onde eu vivo nunca chegan en boas condicións, ou son prohibitivas. Pero…xa dicía eu que moitos, pero moitísimos políticos, estaban a perde-los papéis, a memoria, tamén a histórica, e non atopaba a solución.
    Agora xa está claro. As vieiras!! Os que máis consumen este molusco son os do PP. Alomenos aquí, en Madrid. Chegan en mal estado e ainda por riba as paghan a precio d´ouro. Pero como a crise non lles afecta…
    Saúdos sen toxinas.

  3. Jomeini

    “Os que máis as consumen este molusco son os do PP”.

    Agora entendo que facía Beiras na concentración de “amigos” en apoio a Toñi Vicente…

  4. O Lord protector do GdeB

    En Madriiii…non seamos malos, en Galicia hai vieiras pra todos, eso si tende coidado !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s