CURIOSAS OFERTAS

O Lord protector do GdeB

 

O presidente do partido “pop” galego ofrece o seu apoio o goberno da Xunta, pra crear unha postura común sobre financiamento autonómico, voto emigrante e infraestructuras. Todo isto despois de dicir, que a cuestión do financiamento é unha competición absurda iniciada polo PSOE, que para o voto emigrante non hai escusas e sobra o tempo, non como asegura Touriño, e que ZP non veu a Galicia a aportar nada coa súa visita as obras do AVE.

                                               Comezo dunha xenerosidade mutua ?

Tamén Quintana ofrece o seu apoio eo dos amigos os socialistas, máis concretamente pon enrriba da mesa a colaboración de Galeuscat, como apoio sólido para non afrontar a crise en solitario. Pero para rematar di que o BNG non votará a favor dos presupostos xerais do próximo ano, por que Zapatero incumpliu as promesas feitas a Galiza, e goberna como se tivera maioría absoluta.

E pra rematar a mellor oferta da semán, David Cal o mellor deportista de Galicia, o Estado e parte do estranxeiro. Ofrécelle a Ánxela Bugallo, conselleira de cultura, o número de conta corrente, que non… O de teléfono non ! Para que lle ingrese os 106.000 Euros que segundo ela, recibiu Cal da Xunta, eso si logo David invitaralle a uns mojitos. (Nótase que é un “crak”, facendo unha ironía e mantendo a tensión sexual o mesmo tempo !).

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, Feijóo, Prensa rosa, PSOE, Quintana, Voto emigrante

Unha resposta a “CURIOSAS OFERTAS

  1. Furafollas

    Semella na foto de Quin co Núñez que ambolosdous andan a limparlle-la carteira ó outro. Curioso sí que é, meus.
    En canto o tema de Cal, efectivamente máis lle valería á Concelleira pasar un rato en privado con él para non falar máis parvadas. Mesmo lle quedaría unha cara de satisfeita…
    Saúdos sen carteira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s