O Sociolisto do GdeB
Despois do “conflito” (Como diría Pepiño Blanco) vasco, tamén está o do PSOE vigués que é eterno e debe remontarse as orixes romanas da cidade, e agora mesmo confirmaría esa teoría as leas familio- mafiosas que temos entre os “Caballeros”, pra elexir o próximo día 30 o secretario do partido:
Por unha banda está o de sempre Carlos Príncipe, o que fora xa secretario e que nos últimos tempos é a oposición a todo o que queren dende Santiago; logo temos o sobriño de Abel Caballero que vai contra do seu tío, o alcade, que xa sabíamos que non o quería ninguén agás do seu amigo Touri, pero que agora xa sabemos que tampouco a súa propia familia. Entón o candidato que apoia Abel, está apoiado polos amigos de Touri, que en Vigo son os de Lola Villarino…en fin todo clarísimo.