AVE no 2012, de entrada non !

O Lord protector do GdeB

 

Neste día que Galicia ergue, e da unha ducha pra limpar toda esa merda que trouxo o bipartito…Non home que é broma ! Non imos agora amosar o pé do que coxeamos, nin a mesa reservada que temos os xoves a noite en Toñi Vicente.

O caso é, que o Galpón de Breogán quere unha vez máis chamar o pobo galego, a unha rebelión contra os nosos dirixentes. Primeiro vexamos estes apuntamentos, sobor do tema de cabeceira da nosa política destes derradeiros tempos:

Alberto Nuñez Feijóo dice que será “implacable” en la defensa de los plazos comprometidos con el AVE

 Quintana asegura que habrá un plan de inversiones para que el AVE llegue a Galicia en el 2012

 Zapatero garantiza a Touriño que al AVE llegará a Galicia en 2012

O equipo “A”ve (Paritario, por suposto !): Murdock, Fénix, Hannibal e M.A.

En nome do sector dos currantes e empresarios da construcción de Galicia en xeral, o GdeB pide que as obras do AVE demórense o máximo posible. Os obreiros do país e parte de Portugal queren ter choio ata o 2050 polo menos, e os empresarios seguir a facer esas facturas en A e B, que amañan unhas vacacións a Cuba, e ceas con vieiras das boas. Por que ter traballo sabemos pra que vale, pero o AVE inda non nolo explicaron ben, somos así de simples que imos facer.

Señor Feijóo entendemos a súa preocupación, por poder chegar a ver os partidos do Real Madrid a tempo dende Ourense co home do Renacemento, pero por unha vez pedímoslle que se sume a nosa proposta inda que sexa por interés electoralista, cousa que xa sei que é difícil pra vostede.

Señor Quintana xa sabemos que o AVE pasa polos dominios de Allariz e arredores, pero teña paciencia, pense que unha chegada masiva de madrileños os balnearios ourensáns e os restaurantes alaricanos pode traer cartos, pero pode preocupar os seus amigos que cantan o himno puño en alto, pois a súa loita é contra a burguesía capitalista española.

Señor Touriño todos coñecemos o seu apego as infraestructuras, e que a Caride non pode decírselle que non (que mona vai sempre esta rapaza !), pero pense nas súas bases…A que andan estos de CC.OO. e UGT, vai parecer que é o PSOE que manda en vos, e non o revés, ou e a contra ¿?

1 comentario

Arquivado en Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Humor, Política, PP, PSOE, Quintana, Sindicalismo, Touriño

Unha resposta a “AVE no 2012, de entrada non !

  1. Furafollas

    Oes, en serio! Vai chegar o AVE á Galiza un ano destes??? Eu que soño con colle-lo Ave en Chamartín cara a Vigo sei que no 2012 haberá unha prórroga de dous anos máis que logo serán catro. Sempre foi así e sempre será. Mirade o Talgo. Para qué é o talgo se tarda 8 horas, retrasos – avarías- aparte. É vergoñento. De verdade alguén cree no que dín estes ou aqueles políticos? É seguramente o tramo máis caro do Ave, co que supón de marxes no presuposto, marxes que acaban na carteira de alguén.
    Mirade, xogo unha cea a que se chega, chega só até alí ou aló e o que queda está xa aprobado e se acadará en tres anos máis. Ou peor: é que sae moi caro este tramo e o suprimimos. Ou non chega a Vigo por tal ou cal, ou o apeadeiro de alá abaixo é inviable ainda que está presupuestado pero xa se gastóu noutro lado…ou en ceas en Toñi Vicente.
    Saúdos, meus optimistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s