O PP condena o franquismo, existen 2 Fragas, é Baltarín metrosexual ?

Rexencia e familia

 

A semán pasada parecía que os do PPdeG condenaban o franquismo xunto cos outros grupos, algo que sempre se negaban a facer, pero parecía normal despois de que abandoaran a cámara, cando Aymerich espetoulles que “viñan do franquismo”, supostamente non lles gustara. Pero pouco despois o vicesecretario de comunicación do PPdeXxxpaña, aseguraba que Núñez Feijóo e os seus se viran “forzados” por PSOE e BNG. Claro, por que entón quedarían mal, despois de putear o pobre Aymerich !

E logo Don Manuel, cabreouse co PPdeMadrí por insinuar que o PPdeG viuse forzado…Si, si, só hai un Fraga inda que non o pareza, (nova do 10-10-08): O senador e presidente fundador do PP, Manuel Fraga, encarouse esta mañá coa dirección estatal do Partido Popular por asegurar que os ‘populares’ galegos se viron ‘forzados’ no Parlamento a apoiar a resolución de condena á ditadura franquista durante o debate do Estado da Autonomía celebrado esta semana. Tendo en conta anteriores declaracións coma estas, do noso famoso ex-presidente; existen 2 Fragas, ou 2 Franquismos ?

Non, non sabemos se Baltarín é metrosexual !

1 comentario

Arquivado en Feijóo, Fraga, Misticismo, Parlamento, Política, PP

Unha resposta a “O PP condena o franquismo, existen 2 Fragas, é Baltarín metrosexual ?

  1. Furafollas

    Hai que ir morrendo…que xa non se cabe nas discotecas (Dicía o meu moi querido e nunca ben ponderado amigo Javier Castro).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s