O conflicto Vigués

O Sociolisto do GdeB

 

Despois do “conflito” (Como diría Pepiño Blanco) vasco, tamén está o do PSOE vigués que é eterno e debe remontarse as orixes romanas da cidade, e agora mesmo confirmaría esa teoría as leas familio- mafiosas que temos entre os “Caballeros”, pra elexir o próximo día 30 o secretario do partido:

Por unha banda está o de sempre Carlos Príncipe, o que fora xa secretario e que nos últimos tempos é a oposición a todo o que queren dende Santiago; logo temos o sobriño de Abel Caballero que vai contra do seu tío, o alcade, que xa sabíamos que non o quería ninguén agás do seu amigo Touri, pero que agora xa sabemos que tampouco a súa propia familia. Entón o candidato que apoia Abel, está apoiado polos amigos de Touri, que en Vigo son os de Lola Villarino…en fin todo clarísimo.

 

Agora Abel ten outro conflicto, que tamén é de sempre, de empresarios contra Concello, que segundo parece Abel ve os coma un brazo armado do PP, conflicto que tamén vimos con Pérez Castrillo. Entón o ex-Ministro, coñecedor das súas dotes pra facer amigos, e de que os do Clube finacieiro de Vigo falan o mesmo idioma ca el (Ese que non perxudica a economía como o galego), se puxo a tarefa convocando unha xuntanza amistosa cos xefes empresariais, da que algún saiu sinxelamente dicindo: Alcalde me voy porque sino tedría que darte unas …!

O Galpón de Breogán preocupado coma sempre, pola fraternidade e a paz mundial, non podía esquecerse dos conflictos máis cercanos, e propómoslle a única solución real o “conflicto vigués” que prolongase no tempo do mesmo xeito co “conflicto vasco”:

Pedimos que o “Porrismo” convirtase nunha alternativa máis ampla e plural, indo máis aló do partido popular, e que Corina se convirta no símbolo dunha nova era, lonxe de home grises e esquerdosos de barba e cara de pouca satisfacción; ou sen barba, menos esquerdosos pero con peor cara como Pérez Mariño, por unha nova etapa de estética, experiencia, colorido, felicidade hedonista e amor libre, que mude o rosto dos vigueses e da cidade, e remate conflito para sempre e os empresarios e funcionarios, fagan o amor e non a guerra.

4 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Economía, Municipais, Política, PSOE, Vigo

4 respostas a “O conflicto Vigués

  1. Tío, polo menos poñede un enlace na merda esa de montaxe ó blog do pailán que a fixo.

    E que as teño mellores, que o sepas.

  2. O Lord protector do GdeB

    XXXD Eu son algo pailán informático, pero preguntarei os sumosacerdotes fundadores do Galpón.

  3. A ver… Creo que tb precisarías un “corretor” , faltan algunhas letriñas, como en (h)edonista!
    Beixo!!

  4. O Lord protector do GdeB

    A ética sempre reñida coa estética, e a fala coa escrita…sempre fun de falar de ética. Estes días teño certos problemas de visión, que agraban as miñas carenzas profesionais culturetas…pero discrección por favor, manteñamos o anonimato !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s