A Simboloxía da Xunta

O Lord protector do GdeB

 

Botémoslle unha ollada a algúns dos símbolos máis sonados de Galicia, das últimas décadas:

Primeiro temos o logo do Partido Popular, partido que gobernou a Xunta ata o ano 2005, antes da chegada de Fraga en 1989 como Alianza Popular xunto con UCD, pero estos dous partidos darían orixe ó PP. Trátase dunha gaivota azul (os peperos máis ilustrados din que é un albatros) sobor dunhas letras que son as inciciais do partido.

Agora vexamos o primeiro logo da Televisión de Galicia, “TVG”…a telegaita ! Pois este é o símbolo orixinal, que coido lembrar que había un video promocional, cando era novo, que consistia nunha gaivota que ía polo mar e transformábase na “V” esa, que se superpon as iniciais da cadea: Televisión de Galicia. Coincidencias ?

Pero os populares non só levaron a súa obsesión por esa gaivota, albatros…Ou o que sexa, que non sabemos que quere representar, o catódico ente autonómico; tamén o símbolo da administración galega formaba esas uves pondo de calquera xeito, que lembran a a misteriosa ave que presidía os símbolos máis senlleiros , da nosa estreada autonomía.

 

 

A Xunta trocou máis o menos o producirse, a chegada do novo goberno, o símbolo institucional da súa administración:

Unha simple representación do escudo de Galicia, adaptada os tempos do “marketing” moderno ?  Pois non:

As cruces seguen a representar as cidades galegas (Monforte sempre foi unha cidade !), e a ostia a Santiago…Pois claro, pódese discutir cal é a cidade máis importante Paco, pero cal está máis o centro, é cal é a capital administrativa e espiritual non ! Aparecen ordeadas en cadro dentro doutro de cor azul, e unha vez máis isto non é casualidade.

Trátase do proxecto estrela da pata máis importante da Xunta, a representación gráfica do que agocha a cabeza da parella infraestructural Touriño-Caride: A famosa cadrícula das autovías que unirá as sete cidades, da que tanto fala o noso Presidente (fixémola o puro estilo Magdalena Álvarez, en papel ea boli !):

Vaites ! Nin o cemento de Cuiña chegara tan lonxe…

Deixar un comentario

Arquivado en Bipartito, Funcionarios, Humor, Misticismo, Moda, Política, PP, Touriño, TVG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s