AS TRES IDEAS DE FEIJÓO

O centrista do GdeB

 

O xefe dos populares galegos foi a Madrid, chamado por o seu único e verdadeiro líder: Mariano Rajoy. Subiu o pulpito reclamado pola súa voz clara e forte, e alí veu o puro que ardía e non se consumía, e amosoulle as 3 ideas polas que haberá que votar o PP, para salvar a Galicia/za do Bipartito, que deseguido mostrou a un auditorio composto de periodistas, empresarios e políticos.

anxo_quintana_tourino

A emoción enchía o bipartito, tras coñecer a nova.

Primeiro: O PP non perdeu as eleccións, gañounas ! Se Barak Obama se presentara en Galicia non gobernaría, porque nas eleccións só sacou 6 puntos por enrriba de McCain; en troques o seu partido sacara 10 puntos o PSOE fai 4 anos. (Todo moi ben se non temos en conta que Obama sacou máis do 50% de voto, eo PP só sacara o 45%).

Segundo: O Bipartito trouxo o caos, o despilfarro, o caciquismo…Feijóo promete acabar con todo iso, e fará un Galicia máis vertebrada e democrática. (Coñécese que o partido popular e el, non teñen nada que ver co pasado político do país).

Terceiro: Derogar o Decreto sobor da educación en galego, que creara o propio “goberno Fraga”, e apostará por un novo “bilingüismo cordial”. ( Cordialidade a que terá que haber entre boinas, e birretes neste tema. A pantasma de Rosa Díez parece que é máis alongada en Madrid).

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Feijóo, Funcionarios, Moda, Política, PP, Rajoy

3 respostas a “AS TRES IDEAS DE FEIJÓO

  1. O PP, gañador?
    O PP construíndo unha Galicia/Galiza máis vertebrada e… democrática??máis que??
    Bilingüismo cordial???
    Cantas paxaradas me veñen á cabeza.Creo que vou deixar as drojas, porque xa estou completamente fóra da realidade…Ou será Feijoo?

  2. Cantas ocorrencias que ten Frijolito.

  3. Furafollas

    Arredemo! O que ún ten que leer que nunca pensara facelo. Nuñez Feijoo é o Mesías!!! Liberará ó pobo do bicaciquismo e traerá a cordialidade á fala…e ó terceiro día despois da súa crucifiuxión por parte de Rajoy, tra-la perda das eleccións, subirá ós ceos da mesma ostia que as papeletas lle darán. Amén.
    Saúdos pouco católicos e menos Ppeiros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s