Arquivos mensuais: Decembro 2008

Parellas bipartitas e concursos eólicos.

Rachamuiñas, “tan inxeñoso como se agardaría dun habitante do motor económico de Galicia”.


O Touriño cando quere pode ser tan críptico como o que máis, que para algo é o presidente e o que manda, sempre que a Aymerich non lle pareza mal. Cando as cousas se poñen feas, tira de cargo institucional e lembra a tododios que a ultima palabra a ten el, aínda máis, que a derradeira palabra  tena el.

O concurso eólico, lonxe de ser tan conflictivo coma o dos Tonechos, é unha balsa de aceite no que o papel de macho faino o presidente e o vicepresidente é a modélica compañía que sempre volve ós seus brazos. E se hai que vestir de home de goberno, embutido nun apretado traxe de conciliación e boas formas, pois faise, que o Bloque é unha forza moderada por algo.

_


grease-copia1

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, BNG, Economía, Humor, Humor gráfico, Política, PSOE, Quintana, Touriño

Empalar independentistas !

O Bencomún do GdeB

Ben, xa sabemos o que Fraga pensa que se debe facer cos nacionalistas. Pero que pensará facer entón cos independentistas, algunhas fontes falan de métodos máis duros e exemplares. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Costumismo, Fraga, Humor gráfico, Independentismo, Prensa rosa

Publicidade na AP-9

O Lord protector do GdeB


Anxo Quintana, Deus do vento  e mellor amigo de “La Voz de Galicia”, propón un plan de rescate da concesión da AP-9 para asegurar o control público da Autoestrada do Atlántico despois da recente venda de Itínere a Citigroup, unha entidade sometida no seu país, os Estados Unidos, a un proceso de reflotamento con fondos públicos.

No Galpón de Breogán queremos apoiar esta iniciativa nada oportunista, e reclamamos que se faga axiña, posto que as usuarias e usuarios están en risco de ser invadidos de publiciadade coma esta:

Ou peor inda:

21

Ou peor:

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Economía, Política, Quintana

Debe seguir adiante o Galpón de Breogán ?

O Comité de crise

  

   Fartos de non superán a Baltarín no “ranking” do “blogbuzz” galego (Fixémolo varias veces, pero hai que escribir moito ou escribir sobre o tal Ugío), e tendo en conta as novas opcións que nos propón o editor. Decidimos someter a vontade popular, a continuidade deste humilde diario irreverente, do país dun millón de vacas, graciñas :

 

6 Comentarios

Arquivado en Blogs, Embigo

A TVG a peor televisión pública.

O espectador do GdeB


Do informe feito polo comité de expertos, adicados a proposta de reforma da CRTVG, podemos concluir entre outras cousas , que a TVG é a peor televisión pública estatal, xa que é a que ten menos porcentaxe de recursos propios no seu presuposto. Debido a crise a Xunta estaba desesperada, e non vía o xeito de mellorar o rumbo da nosa amada Telegaita, co que dirixiuse os membros do Galpón de Breogán, procurando de nós un informe pra manter a viabilidade do enxebre-catódico ente, estas son as nosas conclusións:

-Xa que os reporteiros do Telexornal son os mesmos que os de “A revista”, os informativos, sucesos…e demáis, que fusionense nun programa continuo de 4 ou 5 horas ata a chegada de Piñeiro (Se non vos derades  de conta, que son diferentes programas !), que fará o seu programa matinal dende a súa propia casa, que está decorada con moi bo gusto.

-As series de producción propia deben de prescindir de plató e decorados, en troques teríamos unha serie de exercicios de improvisación con presonaxes fixos, que realizaránse nos diferentes teatros dos  institutos das vilas galegas; total non hai apenas rapaces sensibles: Morris no de anano cabrón, Ana Fernández de guapa e tonta, Miguel de Lira home bruto con bo corazón, Manquiña de vello cachondo e verde…O espectadores non notarán a diferenza.

-Os partidos de “Segunda” en xeral, xa non retransmisiranse visto o conflicto cos clubes polas falsas promesas e incumprimentos da nosa cadea, pra solucionalo se fará un “En xogo” con entrevistas os nosos  maiores onde contarán como foron os encontros, e de paso lembren tempos pasados sobre a represión da nosa cultura e traidicións.

-O programa Criaturas debido os recortes de presuposto, non gravará en exteriores, terá que conformarse con facer toda a tempada, dentro do zoolóxico de Vigo (Agora non só terá humor tamén teremos…Terror !).

-A oferta cinéfila terá que deixar de emitir esas películas comerciais, das  últimas décadas que tamén botan na Primeira ou Tele 5. A TVG ten que voltar o cine de autor en en concreto, a facer ciclos coma os de antes: Propomos o ciclo “Cantinflas” eo “Clint Eastwood”, que tanta gloria trouxeran no pasado.

-Luar o noso programa estrela, terá que prescindir de Gayoso, posto que el deberá ser o próximo director da TVG (É o que sabe !). Os Tonechos farán de presentadores, e así aproveitamos polo mesmo prezo o seu humor, e os artistas serán poucos, fixos, pero concentrando a esencia do programa: Xil Ríos actuará permanentemente con Luar na lubre o acompañamento, Bustamante será sempre o solista de Cómplices; eo membro masculino de Bonney M, bailará sempre nas actuacións de Mónica Naranjo.

-O Xabarín Club fai tempo que foi relegado das tardes a primeira hora da mañá, por telenovelas de dudoso gusto, seguindo así a evolución demográfica natural do noso país; pero coidamos que debemos usar a súa popularidade, para darlle a volta a situación, e debería substituir os debuxos animados, por ciclos eróticos o xeito da televisión local, para así sacar adiante o ansiado crecemento demográfico positivo galego.

5 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Costumismo, Funcionarios, TVG