Arquivos mensuais: Xaneiro 2009

A MOLÉCULA POLÍTICA GALEGA

O Químico orgánico do GdeB


De cara as próximas eleccións o Parlamento de Galicia, o equipo científico do Galpón, foi quen de illar varios cromosomas dos nosos líderes, e descompor as moléculas que forman os seus aminoácidos (Deus ! Me sinto coma Punset). O resultado foi que as moléculas de todos, tiñan a mesma composición:

molecula-politica-galega2

5 Comentarios

Arquivado en Humor gráfico, Misticismo, Parlamento, Política

Saiamos do matrix

Por Rachamuímas

Unha das coñas máis habituais para analistas da tele, tipo Antón Losada, que o mesmo sabe de piratas somalíes que de nabos da terra, é a de comentalos carteis publicitarios. E aínda que non esperamos estar á altura de tan excelsa figura, arriscámonos con suxerencias para cada partido político representado na Cámara, que resposten mellor ás expectativas marcadas.

Posto que o gañador real das pasadas eleccións foi o pobre don Alberto, suxerimos o seguinte cartaz, máis axeitado á súa intención de sacarnos deste matrix de falsedade e corrupción no que estamos sumidos. Fóra deste matrix el gañou as eleccións, Fraga reinicia o programa cada vez que Baltar reclama o seu, e López-Cháves inviste os cartos da Feira do Libro da Habana en misas en latín nos colexios concertados do Opus. O mundo é máis xusto, Lobeira foi devorado polo Axente Smith e Corina Porro desbanca a Isabel Preysler na lista das mellor vestidas. En Galiza/Zión comenzou o Deus ex Machina.matrixreloadedcover2-copia

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

O AS NA MANGA DE TOURI

O Comité de saúde pública

tourinoxogacartas

Deixar un comentario

Arquivado en Emigración, Humor gráfico, Parlamento, Política, PSOE, Touriño, Voto emigrante

Por unha cultura acorde a nosa xenética !

Moi Xordo


Un estudo elaborado polo Laboratorio de Antropoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en colaboración coa de Vigo, confirma que os galegos teñen xenes máis afíns os húngaros, franceses ou alemáns que cos andaluces ou vascos. Unha boa nova que servirá pra pechar vellos debates, e nos ensinará o camiño a seguir no futuro o pobo galego.

Agora grazas a este traballo, pódese por fin as polémicas de Nadal, na casa dos Alonso: Alonso Montero e “Cuchús” Pimentel. Tería que ser duro ter un pai, que é un recoñecido autor e profesor de literatura galega, mentres se facía un guitarrista clásico e flamenco.

Pero agora a paz chegou a casa, xa que “Cuchús” sempre defendeu que o flamenco era unha música máis próxima a Galicia, que o folk ou a música das bandas de gaitas escocesas, co que o flamenco podía ser tan galego ou  máis que esos estilos. Pois hala ! Nin o un, nin o outro; como moito poidera ser que o noso fóra a música cíngara, pero estos teñen pouco de húngaros…

Entón tendo en conta os escasos éxitos do sector musical galego, a nivel estatal e internacional, cheguei a conclusión de que debemos de alonxarnos de intentar acadar, esa desexada nación cultural celta, que tantos éxitos económicos e comerciais produce a nosa irmá atlántica Irlanda. O futuro cultural deberá xirar no futuro noutros vieiros artísticos, máis próximos a nosa herdanza xenética ( Semellante a alemana, francesa e húngara), xa que ahí estarán os nosos agochados talentos naturais: Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Cidade da cultura, Economía, Humor, Música, Misticismo, Prensa rosa

A Cidade non é para min.

Rachamuíñas


Os novos tempos que cantaran os bardos da antigüedade son chegados. Non hai marcha atrás xa no nacionalismo galego, agora que no rural xa saben quen é don Anxo, o terapeuta ocupacional de máis caché. O pasado é a burguesía urbana falando galego e reclamando melloras absurdas nas institucións das que dependían as súas subvencións. O futuro do nacionalismo galego ten claro que hai voltar ás esencias, ás raíces onde medrou.

“Fálalle galego” do desaparecido don Manuel. Se el tivo claro que o auténtico espíritu nacional estaba no agro, don Anxo ten claro que é alí onde haberá que ir a rescatalo.

la_ciudad_no_es_para_mi-copia

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Humor gráfico, Política, Quintana

BUSCAMOS GALPONEIROS !

O Lord Protector do GdeB


No pasado 2008 o Galpón de Breogán, froito da rabia producida polo secuestro dos Galenecos a 5 talentos anónimos, tomou un novo rumbo de decadencia continua, levada acabo por unha das mentes perturbadas e simples, da nosa querida patria. A vergoña producida polos resultados desta decisión, levou a varios dos seus membros a agocharse en Sudamérica e Lienchestein na actualidade.

Única foto coñecida dos 5 galponeiros, eo Lord protector.

Nembargantes esta era unha apreciación particular, producida polos vapores etílicos da cervexa de importación, que impide unha correcta conexión telúrica co espírito da nosa terra. O voltar o uso do viño galego como principal inspiración (Publicidade), dinme de conta que a situación non era tan grave, e así puxen a continuidade deste case exclusivo reducto de crítica humorística, social e da clase política dirixista, localista e oligárquica que temos, a decisión dos seus sabios seguidores.

Agora tras atopar novas mentes escaralladas polas tertulias máis exclusivas de Galicia, o “Galpón” neste 2009 iniciará unha nova etapa. Pra elo non nos conformamos co que temos, e abrimos este blog a xente que queira participar, ou os que o leades difundideo ! Posto que a idea coa que naceu, sería ser a corrupta conciencia de tódolos recunchos posibles do país:

MANDADE OS VOSOS TEXTOS OU CONTACTADE EN: galpondebreogan@gmail.com. SEREDES OS NOVOS GALPONEIROS !

2 Comentarios

Arquivado en Blogs, Embigo