Por unha cultura acorde a nosa xenética !

Moi Xordo


Un estudo elaborado polo Laboratorio de Antropoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en colaboración coa de Vigo, confirma que os galegos teñen xenes máis afíns os húngaros, franceses ou alemáns que cos andaluces ou vascos. Unha boa nova que servirá pra pechar vellos debates, e nos ensinará o camiño a seguir no futuro o pobo galego.

Agora grazas a este traballo, pódese por fin as polémicas de Nadal, na casa dos Alonso: Alonso Montero e “Cuchús” Pimentel. Tería que ser duro ter un pai, que é un recoñecido autor e profesor de literatura galega, mentres se facía un guitarrista clásico e flamenco.

Pero agora a paz chegou a casa, xa que “Cuchús” sempre defendeu que o flamenco era unha música máis próxima a Galicia, que o folk ou a música das bandas de gaitas escocesas, co que o flamenco podía ser tan galego ou  máis que esos estilos. Pois hala ! Nin o un, nin o outro; como moito poidera ser que o noso fóra a música cíngara, pero estos teñen pouco de húngaros…

Entón tendo en conta os escasos éxitos do sector musical galego, a nivel estatal e internacional, cheguei a conclusión de que debemos de alonxarnos de intentar acadar, esa desexada nación cultural celta, que tantos éxitos económicos e comerciais produce a nosa irmá atlántica Irlanda. O futuro cultural deberá xirar no futuro noutros vieiros artísticos, máis próximos a nosa herdanza xenética ( Semellante a alemana, francesa e húngara), xa que ahí estarán os nosos agochados talentos naturais:

Troquemos xa o modelo de imaxe Irlandés, de nación celta,  alcochólico-festeira creada polos  católicos conservadores do “Fianna fáil”, e importada aquí polo PP, por un novo modelo de industrial de cultura, máis baseado nos nosos semellantes xenéticos, máis liberais e amantes doutos praceres menos culturetas, e démoslle o impulso necesario a unha industria cultural que sí xenera importantes beneficios: O porno.

Ademáis esta industria cultural audiovisual xeraría postos de traballo a nosa xente moza,  que é a máis afectada pola falla de oportunidades na nosa terra. Apreveitemos ben entón os cartos das subvencións, que non están os tempos para andalos a tirar en calquera cousa.

3 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Cidade da cultura, Economía, Humor, Música, Misticismo, Prensa rosa

3 respostas a “Por unha cultura acorde a nosa xenética !

  1. samufon

    Na miña opinión a cultura non ten nación, raza, sexo, nin relixión, porlle limites e fronteiras a onde se ten que dirixir a cultura non lle vexo senso ningún, para min gañaria mais o noso pais canto mais sepamos e fagamos, sen limitacións, se facemos flamenco e o facemos ben mellor, se facemos folk, tamen, fagamos o que fagamos se e para enriquecernos coma pobo estará ben sen vinculalo a xenética nin cousa parecida, coa excepción claro está do reguetón que non sei ainda como calificalo, pero cultura fixo que non, jajajaja.

  2. Moi Xordo

    Joe, canta represión temos ! Caro como reguetón e porno musical, tampouco mola non ?

  3. Furafollas

    A cultura non terá nación, mais hai xeitos distintos de facela, segundo a nación de nacemento. Eso é máis evidente que os chismes dun can outo. En Galiza fora da música celta, non hai moito máis no asunto dos sons. Pero sí que somos bos en pintura, escultura e, por suposto, en literatura, destacando en poesía. Noutras esquiñas ibéricas só bailan e dan palmas, con xeito, eso sí, mais até un xaponés o pode aprender pero non lle pidas ó nipon que faga rimas coma nós. De todo-los xeitos, e remato, o noso maior estandarte cultural, SEN DUBIDA, é a gastronomía ,toñi vicentes ó marxe (sen animus lehendi), e é así pola enorme calidade da nosa materia prima neste sector, o viño e o marisco sobre todo.
    Un saúdo, meus e, que aproveite.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s