Arquivos mensuais: Febreiro 2009

O debate

Era inevitable, o Galpón de Breogán descubriu os auténticos motivos polos que finalmente os galegos non tivemos debate electoral nin a dous nin a tres nin a seis. A cousa non estivo polo medo ó ridículo que faría Feijoó009 se tivese que mirar para gráficas onde se expuseran os datos crus das inversións realizadas por gobernos do Pp e o actual, nin na cara que poñería Quintana se Torino lle tivera que confesar que ía pasala noitiña co da gomina. Os auténticos motivos que teñen levado a este enroque de posturas foron os desastrosos resultados dos numerosos ensaios levados a cabo na sede da avenida de Fernando Casa.

Tras probar primeiro con monecos coa cara pintada de Torino e Quintana a cousa non saiu ben. Feijoó009 non paraba de acusar a ambos de calar ante as penurias dos galegos ata o punto de chegar a levantarse e empezar a hostias cos maniquís, que o tío non saberá qué carallo é unha vaca, pero se hai que dar, dáse. O colmo foi cando nun dos ensaios a mesma Corina Porro saltou por riba da mesa e empezou a tirralle dos pelos da barba ó moneco de Quintana.

Posto que o sistema dos monecos silenciosos non funcionou, puxeron ó fillo do Baltar a facer de Torino e a López Cháves a facer de Quintana, pensando que co fillo do vicepatrón non se atrevería e que co Nacho de Vigo é mellor falar pouco. Como se pode observar no documento adxunto, a cousa tampouco saiu ben para Baltar Blanco, mentras que López Chaves abandonou o escenario cando Feijoó009 recoñeceu que non podía evitar falar con acento galego.

No derradeiro ensaio acudiron a actores profesionais de sobrada experiencia na Tvg, pero parece que non sabían moi ben de qué ía o conto, cos aires urbanitas do candidato do Pp, as constantes alusións á agresividade da súa linguaxe e obrigándolles a baixar a vista cada vez que os miraba.

de3-copia

1 comentario

Arquivado en Feijóo

Terceiro cartaz

Efectivamente, agora que comenzou a campaña electoral, tan so quedaba o Presidente, o Xefe, o Mandamáis. Os seus cartaces son tan falsos coma os dos seus compañeiros candidatos, so que os do Psoe, ademáis, son aburridos. Quizáis sexa o único rasgo real da campaña dun Toriño que a veces semella selo pai xubilado de Zapatero e outras o presentador do Telexornal.

O caso é que a campaña tampouco reflicte ben a mensaxe que queren comunicar. O terror á volta dos bárbaros da dereita dispostos a violar ós virxinais buratos da Adminstración socialista non queda ben claro. A cousa ésa de “o Presidente contra a crise” en plan gran Timonel non pega coa súa falta de caracter. Un tipo que so é capaz de lle subir ás barbas a Quintana non di moito ó seu favor. Moito mellor sería que nos lembrara o que pode pasar se non volve a repetir, que é o mesmo que pode pasar se repite demasiado.tourino09 Un constante recordo do Prestige con Rajoy chimpando por riba do chapapote da praia, do top-ten baltarista, un sacar a pasear sen bozo a Cacharro polo monte, unha romería co matrimonio Aznar-Botella. Ésas son imaxes que os galegos temos ben gravadas.

A ridícula mistura entre o Padrino e Michael Landon da súa campaña ben pode ser substituído por un Touriño descansando no seu despacho oficial (moito máis frugal que o imaxinado por Feijoóoo9), coa súa fiel Galicia ós seus pes e o pesadelo do pasado amezando impasible.

4 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

Campaña lóstrego de Mr.009

Nunca vimos unha campaña rematar tan axiña, e agora de que falamos !

Feijóo retira a Luis Carrera como cabeza de lista por Ourense por defraudar a Hacienda

Pablo Crespo, mano derecha de Cuiña en el PPdeG, detenido por corrupción

Que pasará agora:

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Música, Política, PP, PSOE, Touriño

Presentación de campaña

Continuamos as propostas de cartaces electorais alternativos ós aburridos e tradicionais elaborados polas mentes pensantes dos partidos. E hoxe unha desas mentes, Alberte Ansede, non se lle ocorreu mellor cousa que facer unha análise das mensaxes que vai utilizar o BNG. Como se poidera enganar ó pobo galego, pretende facernos crer que os eróticos “Queremos máis!”, “A túa forza move o pais” ou “Sen ataduras” (pero é que contrataron a Mónica Naranjo?) reflicten o espíritu do partido frontista, como din na prensa fachorra de Madrid e na Voz de Galicia.

comodios-copia1Facendo a labor social que caracteriza ó Galpón, traemos unha campaña moito máis acorde coas intencións do BNG. Nunha primeira fase, poderían facer ver un pequeno resume das súas intencións respecto ó país, por medio dunha alusión bíblica, que tan ben se lle dan a algúns membros do partido.

O mesmo tempo, permite facer unha visión xenérica das evidentes cualidades do líder sen caer en porcalladas gracias á presencia dun elemento tan galego como é a nube. A continuación, o traballo podería incluir unha reseña da evolución lograda, mediante unha visualización de don Anxo co mesmísimo Deus, a quen algúns ven como unha encarnación negra de Torino.comodios-1-copia

Así logrou o líder os seus poderes máxicos cos que traballar sen ataduras de ningún tipo, nin españolistas nin centralistas e mesmo nin morais nin éticas. A sintonía é evidente como se aprecia na imaxe coa Torre de Hércules no fondo. Este pacto estilo Doutor Fausto pero á inversa lle permite o traballo a prol da nación que se espera de el. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized