Presentación de campaña

Continuamos as propostas de cartaces electorais alternativos ós aburridos e tradicionais elaborados polas mentes pensantes dos partidos. E hoxe unha desas mentes, Alberte Ansede, non se lle ocorreu mellor cousa que facer unha análise das mensaxes que vai utilizar o BNG. Como se poidera enganar ó pobo galego, pretende facernos crer que os eróticos “Queremos máis!”, “A túa forza move o pais” ou “Sen ataduras” (pero é que contrataron a Mónica Naranjo?) reflicten o espíritu do partido frontista, como din na prensa fachorra de Madrid e na Voz de Galicia.

comodios-copia1Facendo a labor social que caracteriza ó Galpón, traemos unha campaña moito máis acorde coas intencións do BNG. Nunha primeira fase, poderían facer ver un pequeno resume das súas intencións respecto ó país, por medio dunha alusión bíblica, que tan ben se lle dan a algúns membros do partido.

O mesmo tempo, permite facer unha visión xenérica das evidentes cualidades do líder sen caer en porcalladas gracias á presencia dun elemento tan galego como é a nube. A continuación, o traballo podería incluir unha reseña da evolución lograda, mediante unha visualización de don Anxo co mesmísimo Deus, a quen algúns ven como unha encarnación negra de Torino.comodios-1-copia

Así logrou o líder os seus poderes máxicos cos que traballar sen ataduras de ningún tipo, nin españolistas nin centralistas e mesmo nin morais nin éticas. A sintonía é evidente como se aprecia na imaxe coa Torre de Hércules no fondo. Este pacto estilo Doutor Fausto pero á inversa lle permite o traballo a prol da nación que se espera de el.comodios-2-copia

Utilizando estes poderes chégalle con alongalo brazo en plan Uri Geller para acadar as máximas cotas de independencia nunca soñadas polos galegos, aínda qcomodios-3-copiaue éstes, pobres mortais politicamente inmaduros no mellor dos casos e malintencionados enganados pola prensa españolista no peor, so poden entender que tanto dá Deus que o demo que o novo dono dos poderes celestiais.

En calquera caso a victoria final está clara. Galiza sairá da noite de pedra en que estivemos sumidos, don Anxo identificarase definitivamente coas intencións divinas e a ledicia xeral será evidente para todos os que non lles guste ser uns amargados teimudos tipo Jiménez Losantos.

A elección está clara. O escollido polos deuses asemblearios xa comezou a tournè. O resultado non será negativo pase o que pase.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s