Terceiro cartaz

Efectivamente, agora que comenzou a campaña electoral, tan so quedaba o Presidente, o Xefe, o Mandamáis. Os seus cartaces son tan falsos coma os dos seus compañeiros candidatos, so que os do Psoe, ademáis, son aburridos. Quizáis sexa o único rasgo real da campaña dun Toriño que a veces semella selo pai xubilado de Zapatero e outras o presentador do Telexornal.

O caso é que a campaña tampouco reflicte ben a mensaxe que queren comunicar. O terror á volta dos bárbaros da dereita dispostos a violar ós virxinais buratos da Adminstración socialista non queda ben claro. A cousa ésa de “o Presidente contra a crise” en plan gran Timonel non pega coa súa falta de caracter. Un tipo que so é capaz de lle subir ás barbas a Quintana non di moito ó seu favor. Moito mellor sería que nos lembrara o que pode pasar se non volve a repetir, que é o mesmo que pode pasar se repite demasiado.tourino09 Un constante recordo do Prestige con Rajoy chimpando por riba do chapapote da praia, do top-ten baltarista, un sacar a pasear sen bozo a Cacharro polo monte, unha romería co matrimonio Aznar-Botella. Ésas son imaxes que os galegos temos ben gravadas.

A ridícula mistura entre o Padrino e Michael Landon da súa campaña ben pode ser substituído por un Touriño descansando no seu despacho oficial (moito máis frugal que o imaxinado por Feijoóoo9), coa súa fiel Galicia ós seus pes e o pesadelo do pasado amezando impasible.

4 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

4 respostas a “Terceiro cartaz

  1. Case que de acordo en todo menos, en todo caso, no do despacho frugal. Supoño que non será como di Feijoo9 pero que seguro que podía ter feito algo máis “económico fixo”. Iso por non falar do coche fantástico que, segundo din as malas linguas, saíu máis caro que o de ElBama (din que é así como lle chama Paco Vázquez ao presidente americano). Unha aperta.

  2. a cousa do despacho tira patrás. entre diputacións e montegaiases, prazas de aparcamento e carteis na porta a dignidade institucional está ben representada.

  3. Non sei esta mensaxe estará fora de lugar. Se así é pedímosche desculpas de antemán. Só queriamos propoñerche, se estás farto e canso do de sempre, que visites esta páxina:

    Gran Circo Galego

  4. Moi Xordo

    Grande o mundo circense !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s