O “bon vivant” do GdeB
Vale, que ninguén agardaba que o PP gañara as eleccións…Que o bipartito tampouco o fixera tan mal…Home mellorar o estado botín no que se convertira o Fraguismo tampouco era moi difícil…
Pero repasando a prensa, semella coma que ninguén percatouse das verdadeiras consecuencias, desta victoria pola mínima deste comercial de banco emigrante aventaxado…Pero pra eso está o Galpón de Breogán.
Unha das poucas cousas que sabemos do goberno de Don Alberto, que non Señor que está solteiro, é que non irá en Audi coma os seus predecesores, nin nunha furgoneta C15.
Home ! O C6 é moito máis chulo… Os meus gustos, os de Feijóo e Sarkozy vexo que coinciden, que pra comenzar iso está moi ben, ter un futuro Presidente con estética neste mundo sen ética. Agora só queda que case con Mercedes Peón ou Iolanda Castaño…
Pero ese non é o tema do que quería falar, unha das poucas cousas que sabemos do vindeiro goberno, é que os novos conselleiros non serán parlamentarios, serán xente cunha adicación exclusiva as súas tarefas de goberno. Que pasa o novo Presidente non confía moito, na xente do seu partido, non os ve capaces, están ahí para outras tarefas ?