Análise serio, de política pouco seria.

Radio Treviñenca

O pasado Domingo 1 Marzo, por fin tivemos o desenlace da campaña das dúas verbas: Crise e cambio. O resultado foi a victoria do Partido Popular por maioría absoluta, ou do periodismo de investigación do ABC segundo eles mesmos. Tamén, botándolle  unha ollada o “xornal”  El Mundo, este falaría dun “incontestable rechazo de los gallegos a las políticas del bipartito”, e falanos tamén dunha incontestable victoria de Feijóo.

Entón o aumento da participación en 6 puntos, nada menos, sería pra reforzar a confianza no proxecto Feijóo, e  pra que este colleitase unha maioría que non deixara lugar a dúbidas: Por iso o PP pasou de 756 mil votos en 2005, a 760 mil en 2009, unha subida de 4000 mil votos, serán os  votos que colleitaron na “manifa” de Galicia Bilingüe ?

Un aumento extratosférico de 4 mil votos, para un partido que é o que ten máis militantes  por metro cadrado en todo país (Catro veces máis aproximandamente que os outros dous partidos maioritarios xuntos), e ademáis xa contaba con case maioría no parlamento, e unha experiencia de prácticamente 20 anos de goberno anteriores.

Como vimos as dificultades dos populares para conseguir voto en Galicia son moitas, entón, gañaron as eleccións ou máis ben as perderon os outros ?

galego-coma-ti

Os partidos do bipartido perderon candan seu, a mesma forza electoral, Touriño e Quintana culpaban da derrota a campaña de despretixio feita polos medios de Madrid. Na opinión do Galpón de Breogán, que seguimos de preto a actualidade política galega dende fai 2 anos, pensamos que se fora por escándalos periodísticos na prensa, dun partido político, o Bipartito o tería moi doado. Cecais os galegos impórtalle máis os Audis, que os espías e os mafiosos.

O Bipartito condenouse a sí mesmo, non apoiando o verdadeiro troco da política galega que gran parte do seu electorado do 2005 apoiara, en troques de gobernar como uns verdadeiros gobernantes cun proxecto común a longo prazo, e atendendo as demandas da xente que confiara neles (O fin do clientelismo, unha política ecolóxica o nivel de Europa, apoio a educación ea xuventude, uns medios de comunicación e culturais independentes…).

A súa acción de goberno orientouse, sobor de todo o final do mandato, a usar os ateriores resortes de poder é redes clintelares do pasado e crear outras, para así conseguir unha masa electoral máis fiel é manexable propia do fraguismo (Non fai falla máis que pensar nos lemas electorais dos socialistas, ou o secuestro engadido de masas veteranas, representación sincrética doutras cuestións máis concretas e cuantitativas), para poder así ter as mans libres e matinar unha perpetración no poder o estilo de “Don Manuel e os tres caciques”, titulada “Touriño e os tres nacionalistas”.

Seguindo así a enterna política localista, clientelista e dirixista da nosa clase política de sempre; máis chea de fidelidade e voluntarismo que de resolutiva e talento. A política pola política, orientada a manter o poder: A peor das políticas, que aquí nos lembra o de sempre; e a esperanza de que a decisión do pobo galego foi sabía e non quedará en nada.

Ahí quedou esa campaña onde todos pedían o “cambio” obamístico de rigor, e eran galeguistas e de centro de xeitos diversos. O final da mesma co Presidente e o número dous do goberno pedindo o voto arrepentidos promentendo ser bos, o ver que as contas non cadraban nos derradeiros intres do partido, foi sinxelamente patética…Case vinteoitomil votos en branco, pra vez seguinte agardamos que pidan o voto cun programa concreto e razóns políticas expostas a debate, que as de pedir o “cambio” de eles mesmos, ou é que confían nas verbas de Feijóo que “gobernará pra tódolos galegos”, e así os engada nun tripartito ?

5 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Política

5 respostas a “Análise serio, de política pouco seria.

  1. Rebeca

    É onde quedou o humor e a retranca? Galpón, hoxe máis que nunca precisamos de vos para afrontar cun sorriso esta nova noite de pedra

  2. mentiras e máis mentiras. Eu ben sei que non o dicides en serio, que o PP gañou as eleccións mercedes a arrolladora personalidade de Frijolito e ao apoio incondicional de Conde Roa e Baltar que na última semana de-cantaron a victoria quitándolle a base social ao bipartito: esa base social que baila con Quin e razona con Superpiñeiro e que se arremangha nas feiras gastronómicas con Pepiño e Orozco.
    Trampullans! a min non me enghañades con ese conto de que o bipartito perdeu por defraudar ao seu electorado de 2005. Ai, que retranqueiriños sodes. Bicos

  3. Furafollas

    Non é máis que un pesadelo. Non vos alporicedes que xa pasamos por esto non hai moito e por moito tempo, e estamos aquí. Peor que aquelo non vai ser………………….SOCORRO!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s