O “bon vivant” do GdeB
Vale, que ninguén agardaba que o PP gañara as eleccións…Que o bipartito tampouco o fixera tan mal…Home mellorar o estado botín no que se convertira o Fraguismo tampouco era moi difícil…
Pero repasando a prensa, semella coma que ninguén percatouse das verdadeiras consecuencias, desta victoria pola mínima deste comercial de banco emigrante aventaxado…Pero pra eso está o Galpón de Breogán.
Unha das poucas cousas que sabemos do goberno de Don Alberto, que non Señor que está solteiro, é que non irá en Audi coma os seus predecesores, nin nunha furgoneta C15.
Home ! O C6 é moito máis chulo… Os meus gustos, os de Feijóo e Sarkozy vexo que coinciden, que pra comenzar iso está moi ben, ter un futuro Presidente con estética neste mundo sen ética. Agora só queda que case con Mercedes Peón ou Iolanda Castaño…
Pero ese non é o tema do que quería falar, unha das poucas cousas que sabemos do vindeiro goberno, é que os novos conselleiros non serán parlamentarios, serán xente cunha adicación exclusiva as súas tarefas de goberno. Que pasa o novo Presidente non confía moito, na xente do seu partido, non os ve capaces, están ahí para outras tarefas ?
Non estaría mal ver al Baltar pequeno de conselleiro de Medio Rural (Que é un posto para xente de Ourense ou Lugo), ou a Porro de conselleira do Benestar. Alberto dalles unha oportunidade, eo ben que o íamos pasar !
E unha das consecuencias será que agora Baltar, grazas as cousas do azar, volta ter a chave do goberno através do seu parente directo de primeiro grao, e tendo en conta os precendentes parlamentarios galegos (pra os non iniciados falo do Tripartito e de Barreiro Rivas), e que “Baltarín” lle gusta xogar a esto de ser politólogo, e o da traizón se premia con ser columnista vitalicio da Voz de Galicia e catedrático da USC, teremos unha vindeira lexislatura entretida.
o de poñerlle a etiqueta de “catastrofes” podería darnos mais fondos da unión europea, non?
Si para protexer especies en perigo…
De momento xa temos ó fillo de baltar co coche oficial e o sobresoldo de vicepresidente da cámara. a rezar para que pilar rojo non se poña enferma ou vai haber ostias para todos
Quero ver a Feijóo nunha Berlingo
repartindo o pan polas corredoiras con bosta de vaca marela
Se cadra daquela lle pon ás xuvencas un nome de home en castellano:
Borja Mari, Cayetano, Julio José
Vaca vee!
Alfonso Rueda vai de rueda de respuesto na Berlingo
por se pinchan
De copiloto, Corina Porro
enchufándose un porro de María San Gil
para aguantar mellor as curvas nacionalistas
de la Comunidad Gallega
La voz de Galicia xa ten a noticia cuberta,
cuberta coas remesas de pasta que o partido pon
para un trato bon
Onde hai patrón ben pagador
non manda mariñeiro desde un iate bloqueiro