Que será, será de “soe” e “benegá”.

O Cosmonauta do GdeB

Si… A victoria de Nuñez Feijóo  deixounos algo tocados, pero fixemos un esforzo, e por aquí andamos outra vez…

Ben, recoñozámolo… Emilio P. Touriño non chegou a ser “O Presidente” transcendental, el tentouno,  que traería os trocos que Galicia precisa. Pero sí que foi o presidente que o PSdeG-PSOE  precisaba, que foi quen de facela transición da oposición de burguesía culta xacobina que facía o partido na era Vázquez, ese señor de (L)a Coruña, contra o galeguismo ruralpostfranquista de gaita e pandereta do PPdeG; ata chegar a unhas posicións que si fixeron do partido unha verdadeira oposición, cun liderazgo forte que o levou o goberno.

Por iso os socialistas a hora de escoller o seu novo líder, o teñen moi doado:

1043165tourip1pachi

O Qué máis se asemelle estéticamente ! (Total o discurso xa o fará Pepiño,que a ver se a próxima acerta). O que no seu día apostou o Galpón dándolle 2 gallifantes.

Máis complexo é o tema do BNG. Por un lado temos os upegallos con “Alternativa para unidade”, cousa curiosa que sexa a alternativa a inalterábel e eterna base do partido, que sempre se comportou coma o monstro ese que lle saía do estómago, dun notas en Desafío total.

Logo está “Máis BNG” protagonizado polos Quintanistas, ou Aymerichistas, que non soa ben pero este home sempre apreciouselle intencións. Eles non son os máis, igual pensan que o resto son menos benega?

E logo está os “Encontro  Irmandiño”, nome moi comerical, afastados do partido, que lle parece mal todo: A estructura nova do partido, o traballo feito ata agora, que o resto asemella que a culpa é dos galegos que son p…Pero están no partido, curiosamente, e curiosamente presentarase a liderar o partido un señor septuaxenario que xa fora líder durante anos, que presenta como o máis inconformista ata a data.

1 comentario

Arquivado en Bipartito, BNG, Política, PSOE, Touriño

Unha resposta a “Que será, será de “soe” e “benegá”.

  1. Furafollas

    Esa foto de Beiras…foi antes ou despois do marisco contaminado??? Ten a súa relevancia xa que, de seres antes explicaríase as canas de toda esa xente debido ós axentes contaminantes dos manxares de restaurante. Se foi despóis, temos ahí a confabulación dos irmandiños contra Quin para envelena-a empanada de chocos que comía no coche oficial entre mitin e mitin, xa que non podía comer nun sitio decente polo traballo extenso e ben feito da Campaña.
    Non sei se o dixen aquí ou noutros foros, pero un mitin en Madrid reventaría o Pabillón Municipal de Gallardón. Serían máis proveitosos que as viaxes á Arxentina, seguro.
    Un saúdo ós que tomades cervexa á cuberto deste Galpón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s