Arquivos mensuais: Maio 2009

asemblea extraordinaria

Carlos Aymerich, de Máis BNG; Rafa Villar, de Máis Alá; Guillerme Vázquez, de Alternativa pola Unidade e Xosé Manuel Beiras dos Irmandiños reúnense nun apartado do Pazo de Congresos de Santiago. Os tres presentan facianas serias, desconfiadas. Ninguén mira para a cara doutro.

– Xa saíches de misa, Carliños? – pregunta o barbado.
– Me cago no Foro de Porto Alegre, Beiras, mal empezamos – respóstalle un cabreado Aymerich.
– Bo, compañeiro, non te poñas así, que seguro que o compañeiro Beiras está de troula, ¿non sí? – intercede Vázquez botándolle unha mirada asasina a Beiras.
– Sí de troula, pero o Foro non mo toques, para un movemento anticapitalista e antiimperialista que queda no mundo en defensa dos pobos oprimidos …
– ¿Pero ves como non fai máis que provocar? – berra Aymerich, agora totalmente fóra de si – Dille que pare ou non resposto.
– Non estamos aquí para falar diso, Beiras, contrólate.
– Tí non estás aquí para iso, estás para crear unha macroestrutura de poder alonxada das bases, auténticas forzas proletarias motores do cambio …
– Me cago en Castelao, nos Irmandiños e en Ferrín, para xa, ostia – di Vázquez.
– Así sí, ¿ves?, temos un punto de encontro – Beiras acouga a respiración, xa axitada a estas alturas – aver, ¿pensaches na miña proposta?
– Mira, Beiras, por moito que te poñas, nin Francisco Rodríguez vai dar o seu discurso vestido de cabareteira nin Aymerich de primeira comunión, por ahí non pode pasar o movemento histórico galeguista – di Vázquez.
– Pero mira que o bermello lle senta moi ben a Rodríguez. E non ten porque levar perruca.
– Que non, Beiras, que iso son personalismos que non veñen ó caso. Estamos aquí para salvar Galiza.
– Ah, sí, Galiza, pois mans á obra, ¿cándo renunciades todos e me deixades facer?
– Xa tiveches a túa oportunidade, vello, retírate e deixa lugar ós novos tempos, o galeguismo do século XXI, a apertura ás novas capas da sociedade, hai que falar ós novos galegos… – proclama Aymerich.
– Sí ós vellos que raptas para que Quintana lles bote o rollo, non digas máis.
– Utilizas os argumentos do inimigo – corta a conversa Vázquez – isto é inadmisible.
– Tí sí que utilizas as estratexias da bicha – ataca Beiras.
– Así non imos a ningures – intercede Aymerich – hai que pórse mans á obra e traballar todos xuntos polo BNG
– BNG, BNG, BNG, … pum, crash, compañeiros – murmura Rafa Villar, que ata entón estivera mirando ó chan.
– ¿E a iste qué lle pasa? – pregunta Beiras.
– ¿A Villar? Nada, ¿non é sempre así? – di Aymerich.
– Patacrash, toma Prisa, mafiosos, que sodes pior que Forza Nova, fascistas, reaccionarios – balbuce outra vez Villar.
– Qué ben me cae este tío – di Beiras.
– Bo, xa está ben, non perdamos máis o tempo – métese Vázquez – A ver, Aymerich, facemos o noso, ¿non? Con esa cara non esperarás sair nos carteis. Terías que solucionalo teu ventre antes diso, así que xa está decidido, quedo eu, que son un rostro paternal, pero decidido.
– Eu pensaba que o meu rictus dábame un aire de emperador romano – mágoase Aymerich -. A Táboas gústalle moito – sonróxase.
– Bueno, carallo, o reparto de poder faise contra as bases, o agrarismo labrego e mariñeiro vai berrar contra vos, o proletariado e as bases da intelectualidade urbana levantaranse nas barricadas da acción común …
– Que sí, Beiras, que sí, entón qué vas facer, ¿quedas ou marchas? – di Vázquez – que temos presa, que isto está alugado so para a fin de semán.

Beiras mira cara fóra, onde os militantes reúnense en grupos, principalmente ó redor da cafetería. Pecha os ollos e pensa “levantádevos, levantádevos”. Volve abrir os ollos e di:

– Pois quedo, joder, quedo.


asemblea

4 Comentarios

Arquivado en BNG, Política, Surreal

PARA QUE VOTAN NO BNG???

A “familia” Galponeira


upg 1
ANTES

upg 2

DESPOIS

Pois iso, despois de facer unhas eleccións por todo o alto dentro do propio partido, con máis minipartidos que os que teñen posibilidades de ter diputado na Rúa do Hórreo, por exemplo, e con siglas, campaña e todo. Resulta que as cousas quedan máis ou menos coma estaban, so nos falta o novo candidato a Presidente da Xunta, que con ser un “Quintanista” significaría un troco profunfo dentro do partido, sinal da radicalización da que nos alerta sabiamente Mr 009.

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Humor gráfico

Os nosos conselleiros: Javier Guerra

Dentro da liña de compromiso social do Galpón de Breogán, e coa esperanza de que a Nova Xunta utilice estes coñecementos para o rexurdir dos “Galiñecos”, comenzamos hoxe cunha análise dos novos conselleiros, eses valentes que aceptan facerse coas riendas dunha Galicia arruinada e devastada polas hordas cocainómanas de Touriño e o infantilismo irresponsable das políticas de Quintana.

v19c7f2

O quintanismo nunca soubo abrirse ás capas da sociedade axeitadas

O primeiro valente en ser coñecido é o de Industria, Javier Guerra, un home cun currículum empresarial máis longo que o político. De Camper a Nike ata o Concello de Vigo e logo o estrelato do Hórreo. Di de si mesmo que “sé hacer muchas de las cosas que hago simplemente porque ya las he hecho antes“, o que deixa ben ás claras que a súa filosofía é totalmente feijista: “fago o que fago porque non sei facer outra cousa”. A esto lle chaman ser un técnico.

E, ¿qué o que sabe facer Guerra?. Pois basicamente mercarlle a un hippy o deseño dunha camiseta e meter cartos para vendela ós surfistas. Logo montas a facturación e distribución en Portugal e lle chamas “producto galego” ó que salga de ahí. E xa montado, convences ós chinos para que terminen de traballar. Ésta é a industria galega do futuro.

En calquera caso, non imos minusvalorar os moitos méritos persoais de don Javier. O seu progresismo lévalle a non utilizala nunca a garabata máis que en actos onde sexa imprescindible e o seu gusto en vestir lévalle a terse codeado con outros famosos usuarios dos bronceadores máis revolucionarios tal e como mostran as imaxes. A tan ansiada modernidade liberal chega a Galiza da súa man. Acabaron os tópicos da vaca. Nin nomes femininos para elas nin moda galega de Caramelo. Galiza é universal, así que os seus impostos que os cobre Obama.

Marc Ostarcevic copiaJavier Guerra é galego, pero tan sexy como calquera

Deixar un comentario

Arquivado en Economía, PP

Política territorial & Medio Ambiente

O Director Xeral do GdeB

Que o novo Superconselleiro, algo así como Super Piñeiro pero en serio, adicábase non fai moito a facer favores dende a administración pública as empresas amigas onde prestou servizos…Que a consellería de esnaquizar o territorio, é a mesma que debía de protexelo…

gran-circo-feijoo-saluda-a-franco-22x16

Publicidade

Que carallo importa ! Total as leis do Bipartito eran absurdas. Por certo, a nova lei de costas xa se lle está encargar a Pescanova, ea de solo a Fadesa.

Deixar un comentario

Arquivado en Economía, Feijóo, Política, PP, Surreal