O maquinista do GdeB
Posto que no ano 2008 dixeronos e repetironos que o AVE chegaría no 2012, e no 2009 nos din que chegará no 2015, está visto que temos que facer unha progresión xeométrica, dos anos que nos dicían que ía tardar: 2008=2012, 2009=2015, 2010=2018 e 2012=2022, para así saber a data verdadeira a que se referían os nosos políticos.
Pero o Galpón de Breogán non se quedou ahí, e como nos ten afeito, os seus membros nos momentos libres que lle quedan entre “post” e “post” viaxaron o futuro, pra amosarnos a instantánea dos intres da inaguración definitiva do AVE aló polo 2022:
Manuel Fraga que volta a ser presidente da Xunta, tralos repetidos fracasos de Nuñez Feijoó e Mariano Rajoy, xunto co Ministro de Fomento OOIO OIIO IOOI eo conselleiro do ramo IOOI OOIO IIOIO OIOOI OIOO.