Moi Xordo
A preocupación da prensa conservadora galega, pola situación laboral e social da xuventude galega deume que pensar. Este artigo nos fala de que a poboación galega entre os 16 eos 24 anos son uns 250.ooo, e desos temos uns 40.ooo que nin estudan, nin traballan. O que se chama agora sociolóxicamente “ninis”, que viven no seu 89% nas áreas urbanas de Pontevedra ea Coruña… Entón en Ourense e Lugo case non hai deso, xa que os que hai son todos fillos de funcionarios da administración local de futuro incerto.
O artigo non reflexiona sobre as causas do fenómeno, máis alá da súa suposta perguiza ea xa famosa crise, se non que máis ben, alértanos entre líneas dun potencial troco do ciclo natural e social das cousas na sociedade galega:
Estos mozos que tracionalmente comporían o groso da nosa emigración, das derradeiras décadas a Andorra ou Canarias, xa non emigran ! Parece que está a alertar o lector, do perigo do fin dun ciclo tradicional da vida en Galicia, é máis, corremos o risco de atoparnos nas cidades unha masa xoven, alcóholica, revolucionaria… Que pode acabar co orde establecido. Que sempre foi de toda a vida, que as familias de orixe rural e humilde, ían traballar polo mundo adiante e logo traían cartos que alimentaban os negocios das clases urbanas galegas, cartos que son o froito do seu poder.
Pero contra este novo fenómeno do galego perguizán, eo perigo revolucionario que agocha, o noso Presidente ten a solución: Acabar co botellón …Está moi claro que grupos de xente nova, ociosa e alcoholizada de vozka barato, só poden conducir a revolución bolchevique (non é casual que a primeira se producira na santa nai Rusia), e previndo fenómenos como os que se viron en Pozuelo, hai que fecitar o noso Presidente por salvar unha vez máis a Galicia, a España eo Mundo ! Eso si, van poder beber todo o viño que queiran, porque quitarase da lei de drogas, co que seguro se anima a fogosidade dos nosos mozos, e produciránse máis matrimonios coma os dantes, amañando o problema da nosa natalidade, e no matrimonio poderán beber o que queirán sen molestar os veciños. Deus, temos un goberno da Xunta que non merecemos !
Non sei se será esta xente nova, pero está dabondo claro que os tempos e que o esforzo da xente máis humilde do país, groso da emigración estanse a rematar. Era un xeito doado de acabar con problemas, eo mesmo tempo unha situación lucrativa pra moitos. Con que coido non sería con tempo, tentar de cumprir un desos artigo do Estatuto de Galicia, que parece que non lle importan a ninguén, e deixarse de prohibir parvadas que a xente fará igual, dun xeito ou outro:
Pois eu traballo e aínda así marcho do país. 40000 tíos e tías a rascala é algo que só pode pasar no mellor país do mundo, por se non fose así, habería que tentar mudalo.
eu tenho máis de 24 anos e digo: NI!!
Non sei si estarei no certo, pero semella que no texto se está a defender a figura dos “ninis”, ou, en certo modo, se sinte condescendencia.
Entro nesa poboación subxectiva, e paréceme de consentidos a posición dos “ninis”, e niso sí que hai que ter en conta a procedencia: penso que ós fillos de “urbanitas” lles están a permitir uns luxos e un estilo de vida sin pintar nin branca que hai 30 e 40 anos sería inverosímil. E iso, no rural non pasa.
Aínda que no fondo, iso xa pasaba antes. Algúns dos que non emigraban, vivían dos cartos que éstos mandaban, e agora moitas familias subsisten gracias ós cartos das pensións dos anciáns, así que vén sendo o mesmo…
Eu penso que é un fenómeno novo posto que a xente nesa franxa de idades, denantes adicaba o seu tempo a formación, ou escomenzaba cunha vocación clara o mundo laboral, que no caso de non podela continuar na casa emigraban, e aquí onde se rompe a corda, penso que chegou o tempo da fin da emigración, xa que esta empeza a ser unha terra de acollida como o resto do Estado, e fará falla decontado unha nova política de emprego, que de non facerse teremos novos problemas os que a nosa sociedade non está afeita.