Moi Xordo
E eu que pensaba que Jose Manuel Baltar, máis coñecido como “Baltarín”, quería facerse amigo meu no facebook porque me coñecía e apreciaba. Pois non, estou escomenzando a pensar que o fixo, porque nun futuro tiña pensado presentarse a presidente do PP de Ourense, cousa que sempre agochou e ninguén cabilara nela.
Baltarín pensa así en continuar a labor do seu pai Jose Luis Baltar, eterno dirixente da diputación Ourensana a derradeira diputación estalinista que queda en Galicia. Pra elo como non podía ser doutro xeito, agarda o apoio dos seguidores e militantes máis fideis o seu pai, que xa mostraron o seu xúbilo polas rúas da capital.
Pero esta decisión non está ceibe de polémica, posto que Ourense é unha das diputación máis pobres de España, eo fillo de Baltar sempre viviu unha vida de luxos, festas, famoseo (Ordia, este fulano ten unha foto con Dani Martín no album persoal !) … mentres a súa poboación vese abocada a miseria ea emigración. Seguir lendo