É o PPdeG un partido corrupto?

O “bon vivant” do GdeB


Namentres a fiscalía xeral do estado está a configurar un sumario de 50.000 folios, onde mostrase polo miúdo unha trama político-empresarial con raíces galegas, no que temos ameazas, sobornos, chantaxes, corrupción urbanística e tráfico de diamantes de sangue… Todo seguindo os canons da nova forma de crear riqueza da era “neocon”, que tántos beneficios trouxo a todo o mundo.  A Telegaita non podía durmir polas noites e polas tardes porque A Coruña ten mal posto o artigo.

Pero é o PPdeG un partido corrupto ? E se o é, é máis que os outros ? Porque lendo algún xornal non é que sea corrupto, o que pasou e que Fraga e Feijóo salvaronnos dos corruptos “españoles”.  Este e outras cuestión son as que se destilan na nosa ceibe e independente prensa:

En primeiro lugar temos o tema do coche do secretario xeral dos populares de Valencia, vale que valía 80.000 euros, vale que o mes de recibir o presente espetouno contra unha árbore. Pero o do Señor Touri valía máis, e so faltaba que escarallara un coche que pagamos todos de 300.000 euros. Entón podemos deducir de todo isto que o soborno é bo, e que os empresarios debían de agasallar os nosos políticos cando cheguen os cargos públicos, coma no caso do noso Presidente co seu C5.

Logo temos o tema da corrupción urbanística, que todos sabemos que iso en Galicia non pasa, é unha cousa de Valencia e Baleares, aquí os do PP non estiveron a deixar a xente a facer o que lle peta polos prados e montes. Telmo Martín e Carlos Negreira coñecen e traballaron con Pablo Crespo, pero porque se adiquen os negocios, non quere decir que os quixeran facer cun tipo que tiña acceso a élite empresarial española eo mesmo “Don Silvio”. Primeiro que a muller de Pachi Vázquez explique o de reformar  a casa cunha licencia pra reformar o faiado, iso aquí non o fai ninguén, que vergonza !

E pra finalizar trama “Gürtel”, non está liderada polos máximos dirixentes do PPdeG, e máis, Manuel Fraga e Palmou lle cortaron os pés en canto o souperon as raíces desta trama, salvando a Galicia da podredume moral que supón, máis propia dos falsos españois que das xentes honradas e de bo corazón que habitan o centro do noso país, que levan os seus maiores máis dependentes a votar de valde, realizando así unha labor social e un servizo público. Non podemos decir o mesmo de Touriño, que coma xa advertíramos era a cabeza visible dunha corrupción xeralizada na Xunta, sumida nunha orxía continua de trocos de mobiliario, parque móvil e becarias de sospeitoso currículum.

Deixar un comentario

Arquivado en Costumismo, Feijóo, Fraga, Moda, Pachi Vázquez, Parlamento, PP, Urbanismo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s