Arquivos mensuais: Novembro 2009

os alakranitos

O Galpón de Breogán non podía quedar á marxe do fin desta tempada do emocionante espectáculo da Academía de Piratería Somalí, na que tan brillantemente traballaron varios galegos. Totalmente illados do exterior máis que por fugaces chamadas ós familiares e con algún contacto ocasional, sobre todo no momento das galas en horario de máxima audencia televisiva, con algún promotor que loita por levalos á fama, os galegos déronnos unha auténtica lección de cómo actuar en situacións de máxima tensión.

Foron moitas as emocións deste curso na Academia,

pero a ilusión dos concursantes non decaíu en ningún momento.

Co espíritu de sacrificio que caracteriza á raza galega, estes homes amosaron a súa valentía arriscándose polo ben do seu armador, en busca de parte desas poucas toneladas de peixe que se empeña en non nadar en augas protexidas. A cambio puideron vivir emociantes situacións nas que puideron aprender dos seus erros e do que vale un peine en xeral. Ainda que, unha vez pasados os momentos máis duros, recoñeceron que a cousa tampouco foi para tanto.

Hai galegos que aínda que nunca gañan, saben estar sempre ai

Mentras, os xuices fixeron a súa dura labor de decidir quén deles era o máis apto para continuar adiante e quen quedaría no camino á fama. Por suposto, o sangue nunca chega ó río e ben chega cunha pequena humillación para que o apartado do grupo aprenda a dura lección. O espectáculo chega ó seu fin, felicitamos ós participantes e xa temos ganas de que o próximo grupo, aínda que máis preparado pola experiencia dos seus compañeiros do ano anterior, sen dúbida nos darán outros momentos de lecer.

Os duros comentarios dos xuices desta edición non conseguiron rachala ilusión dos concursantes

2 Comentarios

Arquivado en Competencias, Feijóo, Humor, Música, Política, PP, PSOE, Uncategorized

dous juapos sobre rodas

Sonche ben fachendosos os carallos deles. A nova clase política galega ven das cidades, juapos, limpos e con estudos. Os fillos dos birretes racharon coas boinas, que aguantan os malos tempos amurallados en Ourense, á espera de que o xuiz se decida dunha vez por todas a inhabilitar ó probe Baltar por ter a lingua máis larga que o outro que ten tan curto.feijoo y rueda

– E ti estás seguro de que esto é o que se leva en Madrid, Alfonso?

– Que sí, Alberto, moita clase e moito estilo berlusconi. Vamos rachar

Eles sábenche de administracións e de cómo se tramita unha subvención, con notario e todo, aínda que chegado o caso ben che poden ser tan rurais como o que máis. Se os hai que nun par de tardes aprenden economía, eles nunha mañá entéranse de porqué as vacas teñen nomes de femia. Valen para todo.MANOS-A-LA-OBRA-4 copia

– E non me di o cabrón do pailán aquel que as vacas sonche todas femias?

– Ostiás

E a cousa da construcción, o eterno modus vivendi galego, o dominan que tira para atrás. Que falta un millonciño de euros? Pois cousas dos funcionarios, que como total cobran igual, pois nin miran. Privatizalos servizos para melloralos rendimentos é o que lle falta a este país para progresar.– Que sí, Alfonso, que o rollo xuvenil está moi ben, pero non tires tanto, carallo

– Cala e sorrí, Alberto, que o voto urbán xe é noso.

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Funcionarios, Humor, PP, Uncategorized