A política linguística dos Feijoó

O “bon vivant” do GdeB

Semella que o culebrón do tema da lingua, iniciado polo executivo de Feijóo xa vai tocando o seu ceo, e xa ten cabreado ata a xente da Unión Europea, que non so se adica a controlar o leite que producimos, se non que tamén ten unha Axencia de protección de linguas minoritarias.

Inda que  é curioso que o galego sexa unha lingua minoirtaria, sendo falada por máis de 3 millóns de persoas, e en troques o letón por exemplo non o sexa, con menos de 2 millóns de falantes.

Pero unha vez máis o Galpón de Breogán ten que sair en defensa do noso Presidente, porque esta política liguística e estos plans pra reformar a educación non os fixo a traición, enganándonos a todos como pensan esos nacionalistos e sociolistos  mal pensados, nin é cousa do Conselleiro de Educación, nin de Don Alberto. Existes forzas superiores e deberes ineludibeis, que lle obrigan a obrar de tal xeito.

Por que so fai falla votar unha ollada a este video electoral, onde xa se apuntaba claramente cal ía ser a política a seguir, e quen é o referente ideolóxico deste novo rumbo da política educativa, que coido que exprésase claramente de como se fan as cousas como “Dios manda” :

Aquí podemos chegar a unha serie de conclusións:

-Que nótase porque se lle chama “Feijóo” e non “Núñez”.

-Que Alberto Núñez Feijóo empezou no colexio os dez anos, a mesma idade que o votaron de casa, pero eso foi o mellor que lle pasou nunca ! E inda así chegou a Presidente da Xunta !

-O Partido Popular non quere que nunca máis se separen as nais dos fillos, con que xa non fai falla mandar os fillos a León a estudiar, agora faremos que as escolas e institutos de Galicia volten a ser como os de León de fai 40 anos, con nenos e nenas separados, clases en castelán e de relixión.

-Que se casou con Galicia…Pero antes de casar, que vida levou, que era eso que tiña no “trastero”, que non saía nin pra comer?

En fin, como trocou Ourense, de ser a “Atenas de Galicia” e a terra dos poetas. Semella que o CEFOU está a crear unha caste de superburócratas, programados para deter e logo desfacer o longo camiño da indentidade propia negada. Pero inda non está todo perdido, inda quedan famosos Ourensáns co tradicional amor a patria, Baltar…Baltarín…Non !:

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, CEFOU, Feijóo, Lingua, Ourense, Política, PP, Uncategorized

2 respostas a “A política linguística dos Feijoó

  1. Calimocho

    “Se ve se nota se siente” que en esa casa as que mandan son as féminas, a nai botouno de casa os 10 aniños… o rapas Núñez herdou físicamente a faciana da sua nai, por outra banda o pai paréceme mais ben o pai secreto de “Tojeiro” o da droja no Colacao, dame un aire, e a súa irmá, porfa!! que lle den un carguiño xa ¡que carácter! e sempre ca nena ou a gran sobriña as costas, igual que Belén Esteban, fixádebos que a nena tamén apunta maneiras, augúrolle un bo futuro a rapasa. ¿e ese casamento virtual con Galicia? ¡dios que perversión! ¡por favor! que lle den netos, xa que nacerán falando tres idiomas, o galego eso sí na intimidade, xa se ve no vídeo, e por último que teña coidado a compañeiro de Alberto, esa conselleira de Sanidade se lle ve que quere rollito, se lle cae a baba… ¡meu deus! ¡dios mio! ¡My God my god!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s