Arquivo por autores: breogan

Acerca de breogan

Heroe galego

Os asesores amnésicos do Gaiás

Peter Eisenmann’s Productions presenta…

Persoal de total confianza, non si?

2 Comentarios

Arquivado en Cidade da cultura, Política, PP

Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

Por Breogán Salceda

Blogovaca

 

O contubernio megalomaníaco Galpón de Breogán non cabe no seu asombro dende que descubriu que no deturpado ranking de blogues de Blogaliza o portal onde damos renda solta á nosa demencia ocupa un lugar superior á web Si home si. Escrita polo celebre, e non por iso mal profesional, Xosé Manuel Pereiro (no vídeo tocando a guitarra), xornalista que colabora coa Opinión de Ah! Coruña e El País Si home si sempre foi fonte de inspiración, éxtase e deleitación dos membros de Galpón. En non poucas ocasións nos reunimos ao redor dun lumeiro, un carneiro espeto e ouveamos mentres parafreasabamos a sá retranca e clarividencia de sensei Pereiro.

 

Ocupar o posto 27, 5 por riba desta mentre preclara (e que conste que o dicimos sen ironía), é a para nós a peor das manifestacións do Complexo de Edipo. Algo así como matar ao noso pai espiritual. Tal inxustiza ríllanos por dentro, sendo nun país civilizado unha acción sanguenta e cruel a única resposta honorable. Mentres agardamos a que o advenimento da Nazón Celta nos civilice solicitamos o boicot a Galpón de Breogán. Borrade todas as ligazóns a este portal e substituídeas por referencias a Si home si.

 

Por se non vos parecen razóns suficientes. Galpón, que fai apoloxía do xenocidio, o autoodio, o terrorismo, o mal, e os nacionalismos galegos e españois nunha liña pacífico-belicista, tamén ten a ousadía de superar nesta lista a outras webs de referencia como o bravo Suso Lista, percebeiro do Roncudo (posto 28), a web mística de onde os xornais galegos obteñen (copian) as súas receitas de cociña (Galicia Gastronómica posto 29), o blogue persoal do tío máis chuzado de Galicia (Berto Yáñez 31), o punto de información do colectivo de banda deseñada galega BD Banda (42), un pioneiro como ModestoWeb (47) ou a nobre ONG Gafapasta Cineclube Compostela (48).

 

Se no prazo de tres lúas celtas Si home si non nos supera nesta vergoñenta listaxe procederemos a sacrificar a todos os primoxénitos varóns dos secretarios xerais dos partidos independentes dos concellos de Galicia. E cando acabemos comezaremos cunha campaña de terror e cartas bomba que enviaremos a edificios emblemáticos coma o Pazo do Rei das Tartas de Mondoñedo, os Furanchos de Cangas, a base aérea do Monte Iroite e o chalet de Manuel Cabezas.

4 Comentarios

Arquivado en Blogs, Embigo, Gafapastismo, Misticismo, Terrorismo

Identidades perigosas

Por Medulio

Xa se sabe. Empézase pedindo certa selección á hora de dar as axudas públicas, e a saber como remata Identidade Galega…

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Pactando, que é xerundio

Por Medulio

Touri (entre dentes): Mira palante, sorrí e non abras a boca, Anxo…

Quin (nota mental):  Mira ti, que igual jódoche a pluma e sacamos algo en limpo

1 comentario

Arquivado en BNG, Política, PSOE, Quintana, Touriño

A tres bandas

-Feijoo: Gústavos o meu peluco?

Baltar: Cámbiocho polo trombón…

Poly: Se merco dezaseis, fan desconto?

2 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Feijóo, Ourense, Política

Querido diario (de Conde Roa)

Por Medulio 

Querido diario:

Veño contarte de novo as miñas andanzas na campaña electoral nestes últimos días. Sei que non é a primeira vez que che conto este tipo de cousas tan divertidas, nin son o único que carece do máis mínimo sentido do ridículo, pero quero que quede constancia dos apaixoantes momentos que me está tocando vivir neste camiño de espiñas que é alcanzar o Pazo de Raxoi. Cachis.

FOTO 1

Os do Correo Gallego son moi graciosos e titularon esta fotografía como «El vuelco electoral de Conde Roa». O máis risible do tema foi que o conductor non tiña carné, ía mamado e o coche sen seguro. Inda bo que o Garda Civil que apareceu por alí era íntimo do Inspector Palmou. Se non chega ser por el, igual acabamos todos en Teixeiro.

FOTO 2

Logo de tomar aqueles cubatas no Leblón, os rapaces dixéronme que non tiña collóns (upss, perdón, agallas) para imitar a Jesucristo Superstar saíndo de Zara. Non me coñecen. Unha mágoa que non poida incluir un fío musical (podo pero non sei), porque nese momento andaban cantando todos os meus votantes aquelo de…

-Nadie haaaaay… que haga maraviiiiiiiiiiiillas… (exclamei)

-…como laaaaaas que haces tuuuuuuuuuu (dixéronme todos á vez)

Ao final vai resultar que Feijoo tiña razón. Que si paga a pena isto da campaña!

6 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Municipais, Política, PP, Uncategorized

Viúvas unidas xamais serán vencidas

Por Medulio

Un dos lobbies máis poderosos en Estados Unidos é o xudeu. Na terra de Breogán, existe un lobi xa emerxente entre lápida e lápida, e outro que está a piques de convertirse nunha corrente de poder disposta a todo: as viúvas.

En Galicia son moitas (173.000, aprox.) e queren poder. Adeus á calceta e a Isabel Gemio. Abran paso, porque chega dende as rúas viguesas a máis que impactante Asociación de Mulleres Viúvas Democráticas de Galicia (AMVDG), cun lema aínda máis perigoso que o seu nome: «Hoxe son viúva eu. Mañá podes selo ti»

Dende logo que teñen razón porque calquera se pode equivocar no día a día, e un escape de gas xusto antes da siesta, un poquiño de aguarrás no quinto de Estrella Galicia ou un cable solto na bañeira pode pasar en todas e cada unha das vivendas galegas. Quen durma tranquilo ao lado da súa dona, que o diga ben alto. O resto, tremede, porque a señora Eulogia ou a veciña do sexto ás veces confúndense: pedinlle sal, e deume matarratas.

Para evitar confusións nestas épocas de transexualidade e outras perversións, este colectivo recalca que só admitirán mulleres viúvas. No caso de que algún home sexa viúva, ou que algunha muller sexa viúvo, que saiba que non lle deixarán entrar neste selecto club. Cousas da redudancia, mellor clariño que despois veñen os equívocos.

O primeiro en darse conta do crecente poder deste colectivo foi Abel Caballero, todo un señor -como di o seu apelido- rodeado de señoras sen señor. Estaba na súa salsa. O seu blog informa do contido da reunión:

Abel Caballero pudo conocer de primera mano la situación actual en la que se encuentran las mujeres viudas de Vigo. Además, las asistentes trasladaron sus demandas y preocupaciones por temas diversos. Se habló de la exención de impuestos, dependencia de familiares, desarrollo de I+D+I, el trabajo de los jóvenes, etc.

Queredes carnaza, pero non. Non falaremos da conversa sobre o I+D que mantiveron as viúvas e o candidato. Mellor que fale diso Iker Jiménez ou Antón Losada, por aquelo de do paranormal e dos paranormais.

Pero o requisito impresincidible na admisión é ser democrática. Este obstáculo permitiu que a multitude de viúvas galegas que se manifestan a prol do retorno da momia do Caudillo ao Palacio do Pardo queden excluidas da asociación. Pasa o mesmo coas admiradoras de Durruti e as que admiran a Ricky Martin. Esíxese democracia pura.

Inda así, dende o Galpón facemos un chamamento para que nos expliquen con detalle qué demo significa iso de que as socias han de ser democráticas. ¿Defensoras da democracia, así, como concepto? ¿Defensoras de sistemas democráticos dentro da asociación, para evitar temas como o de Meana? ¿Ou simplemente queren deixar patente a súa cabida dentro da Ley de Partidos??

2 Comentarios

Arquivado en Losada, Misticismo, Surreal

O Plan Valga

por Medulio

Valga por fin está no mapa. Este concello pontevedrés será recordado polos séculos dos séculos por algo máis que pola mítica festa da anguía. O tráxico suceso resulta que non é tan tráxico, e grazas a el, Valga pasará a engrosar a lista de concellos que por causas desagradables son coñecidos alén dos mares. Olot, Ermua, Biescas ou Puerto Urraco… quen sabería deles se non fose por inundacións, secuestros, asasinatos ou crimes peliculeros?

Pero Valga gañará algo máis. Morto o Plan Galicia, saudemos todos ao Plan Valga. Porque nin Touriño en dous anos, nin o alcalde en catro, nin Feijoo sendo conselleiro, nin Fraga ao longo do seu longo mandato foron quen de lograr o que tres pobres obreiros si alcanzaron coas súas vidas.

No Plan Valga estarán incluidos algúns dos termos máis usados pola nosa clase política: implementará todos os esforzos, aproveitará todas as sinerxias, estará deseñado baixo criterios de corresponsabilidade, será respectuoso co desenvolvemento sostible e cun forte investimento en innovación. E a quen non lle guste, que probe sorte! Aínda quedan 276 pasos a niveis… e 276 oportunidades para elaborar un novo plan a medida dos cidadáns.

1 comentario

Arquivado en Feijóo, Política, Surreal, Touriño

QUE ABURRIDA É A NOSA POLÍTICA

Por Antón Fraguas

Fagan un esforzo, señores políticos. Temos o Parlamento máis aburrido da historia, os políticos máis aburridos da historia, o país máis aburrido do mundo.

Temos as eleccións locais a 5 semanas e aquí non pasa nada. Algún PXOM por alí, varios candidatos que ademais (mira ti que casualidade) son promotores inmobiliarios (xa o dicía aquel cartel electoral de UCD: “Necesitamos alcaldes urbanistas“). Outro tema é o do voto emigrante (a semana que vén métome con iso), agora que con tanto inflar o censo por fin parece que vai ter dereito a voto todo o que comera pulpo algunha vez.

Pero por aquí todo segue igual. Un, que vai por aí inaugurando convenios de igualdade e benestar, o outro que fai declaracións moi bonitas pero baleiras de contido, como croquetas conxeladas, como pan sen sal (mira que definición de Touriño me saiu así, sen querer). E o outro, que de verdade o intenta, de verdade. Mira que traballa o noso Albertiño, pero ¿alguén lembra (bravuconadas á marxe) algo que Núñez Feijoo fixo ou dixo no último ano.

¿De quen é a culpa de que os nosos políticos sexan uns galenecos? ¿Quen non lles deixa falar, cantar, mesmo ser enxeñosos por veces, trabucarse, e ser eles mesmos? Direivos quen: os Directores de Comunicación e Marketing, seres destinados a dirixir aos políticos para que non metan a pata e gañar así uns votiños. E destinados, sobre todo, a facer máis aburrida a nosa política.

Sobre isto teño un par de preguntas. Dado que Quin e Touriño pasan máis tempo con A.Losada e Petene Rivera, ¿que opinan as súas donas? ¿teñen cuarto reservado en Montepío e Allariz? ¿Escríbenlles tamén as súas declaracións de amor marital?

2 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Losada, Municipais, Parlamento, Política, Quintana, Touriño

Buscamos o cuarto partido

polo Medulio

Xa está ben do tripartidismo. A Galpón sóbranlle políticos pero esta terra campesiño-piñeiral require unha cuarta forza política como contrapeso aos excesos das outras tres. Pura lóxica.

O noso primeiro candidato é o Partido Galeguista, que comparte coa formación da preguerra o nome e a sensación de incomprensión diante do resto da sociedade. Poden ser a sorpresa. Son innovadores. Pediron un reino de Galicia, o que convertiría este Galpón nun Galpon real. A continuación, que Juan Carlos de Borbón et al. fose o rei galaico que sempre quixemos ter. E logo, que Vigo se transforme na quinta provincia e Vilardevós nun Distrito Federal. O candidato da Coruña xa foi o que faltaba, tal como contaba Antón Fraguas.

Darán o badalazo? Uniranse os rapaces –non tan rapaces- de Manoel Soto a Terra Galega, Identidade Galega e Maruxeo Galego nunha gran coalición?

 

1 comentario

Arquivado en Política