Arquivo por autores: Rachamuíñas

a fusión da caixas

Galiza está chea de inquedanza. Ninguén sabe se os cartos galegos irán parar a Madrid, ós petos do lustroso Rato, ou quedarán na terra, nos petos de Méndez e Gayoso. Pouco cambiaron os tempos, cando éstas dúas seguen a ser as opcións que nos están a presentar ós galegos: ónde quere investir os seus aforros: na pensión de don Rodrigo ou en Fenosa? En calquera caso, e por lembrar ós clásicos, non hai de qué se preocupar se finalmente marcha o capital a petos alleos ó berce de Breogán, non esquezan aquilo de “tratade ben ós galegos, cando van, van como rosas, cando ven, ven como negros“. Co que o negocio das Rías Baixas está garantizado.

Pero iste non é o tema que toca. O que escrebe, como vigués de raigume, nado no Berbés, criado en Coia, con moza do Calvario e coa comunión feita na Concatedral, non pode ficar tranquilo ante a última manifestación de localismo universal que tan ben nos define. O feito de que os vigueses saíran á rúa en defensa da empresa que lles cobra por gardarlles os euros, por consultar se lles ingresaron a pensión e por posuir as súas casas debe ser explicado con urxencia.

Moitos de vostedes imaxinan que a cousa foi algo así:

Feijoó, Méndez e Gayoso reunidos nunha sala de Monte Pío e os dous primeiros explicándolle ó terceiro que Galiza queda sen bancos nen caixas, que vai ir para todo a Madrid ou Cataluña e que non pode ser, que é obriga das forzas vivas da auténtica galeguidade moderada evitar o desfalco histórico ó que se enfronta o país. E o Gayoso que repite unha e outra vez: “os collóns fíome do coruño ese, que non, que non me comades o tarro, jichos, que o colchón é meu e non o regalo a ninguén, cona“.

E mentras, Méndez, desesperado, suplica que por favor lle deixen unirse a Caixa Nova, para non pasar á historia como o home que lle vendeu a Torre de Hércules a Esperanza Aguirre, que antes prefire morrer como galego patriota. Que total so lle falla un chisquiño para chegar a ese mínimo que lle esixen os grandes señores da capital do Estado.

Pois non. A historia foi máis ben que mentras Gayoso entraba na sala despois de sachar na leira todo o día (que é o que fan todos os vigueses para se relaxar cando volven á aldea a fin de semana despois de currar en Citroen doce horas ó día), o Méndez acendía puros con billetes de cen euros e lle rí as gracias a Feijoó.

– Entón colle o Touriño e rompe a chorar e di “pois agora gañarás as eleccións, pero voume a pór a fumar no Audi e vaste atopar o cinceiro cheo de colillas“. Menudo mamón é o tío. O día seguinte compreime un C6 como o de Sarkozy e quedou cunha cara de parvo que aínda non se lle quitou. Home, Gayoso, pasa e sinta nesa cadeira. Sí, isa un pouco máis baixiña que as nosas. É que é máis cómoda – e mira a Méndez cun sorriso de complicidade -. Mira, Gayosiño, que temos un problemiña e ti ben podes botar unha man.

– Eu por Galiza dou o meu sangue, presidente – resposta o vigués.

– Pois verás, aquí o Méndez pasouselle a man un pouco mercando pisos en Miami, deses que ó final resulta que non valían tanto como parecía. Xa sabes que os de Miami cando queren poden ser moi convincentes. E agora mesmiño estabamos decindo que os de Vigo tedes moitos cartiños frescos baixo o brazo, que a Diputación sempre portouse ben contigo, non? Ademáis, xa estás velliño e seguro que te quererías retirar a algún lugar tranquilo, como Baiona. Non tiñas alí un apartamento?

– Sí, don Alberto, cos aforros de trinta anos compreu unha modesta casiña para que a miña nai descanse un pouco. Xa sabe que non está boa. Pola edade, non se preocupe – replica Gayoso

– Joder qué tío máis cursi – salta Méndez -. Deixao, Alberto, deixame a min. Mira, Gayoso, que soltes a pasta, que temos unha operación macanuda para marchar cos cartos fóra de Galiza, que aquí non vai quedar nada máis que as nosas centrais eléctricas. Estamos todos dacordo, así que deixate de parvadas e solta a pasta.

– Pero Vigo aínda ten esperanza, o espíritu emprendedor vigués, o motor económico de Galiza. Pasamos por outras e superaremos ista tambén. Simplemente, non nos cortedes as ás – xime Gayoso.

– Deixate de historias. Ó fin poderemos cumplir o noso gran soño. Esperanza Aguirre prometeunos que se lles damos todos os nosos cartos, deixará que ós coruñeses por fin sexamos madrileños – replica furioso Méndez. – E non penso deixar que fodas o gran soño. Losada está dacordo e ós do Bloque lles chega con que lles deixen ser de Carabanchel. Cos de Lugo xa veremos o que facemos, seguramente acabaran todos sen papeis recollendo amorodos en Murcia. So quedades vos, os do Sur.

Gayoso fica silencioso, coa cabeza baixa. Pouco a pouco levanta da cadeira e di:

– Señores. Non penso aturar. Isto é un asalto en toda regla. Por Galiza, por Vigo e polo Sur, polos mariñeiros que nos veron crecer, non penso ceder. Agora mesmiño vouno contar todo a Caballero, que él saberá qué facer.

– Sí, unha manifestación para te defender, pailán. Anda, marcha de aquí, que xa me cabreaches – berra Méndez.

E así foi a Historia. Ou polo menos así o sabemos ben os do Vigo. Contounolo o mesmiño que ía ó ximnasio con Michel Salgado e viulle ir sempre coa camisola do Barca,  e ratificouno o mesmo que viu a Karpin tinguirse as cellas de loiro. O mesmo que nos conta que o paseo marítimo de Coruña é máis feo que o Vao e que as señoronas coruñesas levan tatuado na pranta dos pes un escudo de Vigo, para pisalo sempre.

Advertisements

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Feijóo, Humor, Vigo

o dedo grego

No Pazo do Hórreo camiñan dúas figuras solitarias cara á cafetería. As máns ás costas un e nos petos o outro. O das costas é Alberto Núñez Feijoó, actual presidente da Xunta de Galicia. E o dos petos é Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia.

– Pois sí, meu ben, – dí Alberto – xa ves, mañá reúnome con Patxi López para que me conte cómo fai el para o tema ese das clases separadas por lingua e o xesto groseiro da estreliña escangalloume o tema. Xa imaxino a todos os periodistas preguntando como tolos pola tontería isa.

– Xa vin, ho, saiu en todas as teles. Non falamos doutra cousa onte na Consellería.

– A quén se lle ocorre?

– Bo, home, tamén a xente é unha groseira, porse a asubiar así a unha persoa que está a gañalo pan.

– Xa, pero é que el é o primeiro que ten que saber aguantar o tipo. Mira que non teñen pitado á xente por aí. E na Univeridade máis, lembra a Felipe González.

– Non compares, ho, que non é o mesmo.

– Cómo non? Os dous son expresidentes.

– Ah, ti falas de Aznar, logo.

– Cago en tal, Alfonso, de quén estás a falar ti?

– Pois de John Cobra, claro, qué groseiro é o tío.

– Bo, mira, deixa, – replica Alberto mentras senta nunha cadeira e lle fai un aceno coa man – mellor prefiro tomar o café so. Deixamos a partida para mañán.

– Ti verás, pero alí están Pachi e Aymerich e teñen unhas ganas de mus que tiran para atrás.

– Que me deixes so, cona, que teño que pensar.

Rueda marcha con faciana de disgusto e faille un xesto a Vázquez e Aymerich, que marchan con igual desgusto. Feijoó saca o móbil do peto e fai unha chamada.

– Oes, Javier, tí que es un home de mundo, viches o do dediño de onte?

Ó outro lado fala Javier Guerra, conselleiro de Industria:

– Sí, ho, qué escándalo. E iamos mandar ese carallo a Eurovisión.

– Que non, ostia, que digo o de Aznar. Mira, mañá vanme preguntar polo temiña e non sei qué dicir. Ti que sabes de todo un pouco, qué farías?

– Iso é fácil, compañeiro, o Aznar so estaba a utilizar o refraneiro español, a tradición máis abolenga e culta que temos no Estado.

– Qué dis? Pero o dediño así posto non significa que vaias a tomar por cu?

– Non, ho, mesmo os grandes poetas foron un puco procaces. Mira Becquer, o que saiu con Rosalía de Castro, que dicía aquilo de “os dedos das mans, os dedos dos pes, a polla e os collóns, todos suman vintetrés”. Non hai nada máis bonito. Se o entendes ben, claro.

– Mira, deixote que teño outra chamada. – E Feijoó colga o móbil e marca outro número.

– Javier, amigo, tí que es culto e sabes de todo un feixe, qué podo dicir do dedo de Aznar, que mañán seguro que me preguntan? – fálalle directamente do dedo de Aznar porque sabe seguro que Javier Vázquez, conselleiro de Educación, non perde unha gala de Eurovisión. Aínda ten varias secretarias mandando en exclusiva mensaxes á TVE poñéndooos a parir por eliminar a Karmele.

– Ui, que parviño, es, Alberto, pero si usalo dedo é do máis bonito que hai. A min encántame a foto, con esa bufanda bermella ó pescozo, eses gardacostas fortotes detrás, o sorriso do césar nos beizos. Está divino. Di que foi idea túa, Alberto, dino, por favor, di que o pensaches ti, …

– Vale, vale, para xa, que non podo dicir iso. A min tampoco desgustoume o aceno, non creas, que esas bufandas seguro que as merca a ladroa de Botella. Pero lembra que eu son máis de centro. Para todo.

– Ti o que es é un aburrido. Por sexies separaba eu ós alumnos e pasaba da gorda de Lago.

– Que sí, Jesús, que sí, pero cómo fago?

– Pois mira, o dediño xa o usaban os gregos.

– Por aí non vaias, Jesús, xa che dixen que son de centro.

– Que non, ho, que digas que xa Diógenes e Aristófanes usáronno, que esas cousas sempre quedan moi ben.

– Pero é verdade? O usaron de verdade ou me vas facer como co do decreto, que lles ía encantar a todos?

– Pois se non lles gustan os decretos impresos en cor fucsia que se fodan, que sempre hai que pensar nos mesmos neste pais acomplexado. E sí, é totalmente certo. Deíxote, que teño moito traballo. Saúdos a Chiny.

Feijoó queda co teléfono coa man, mirando para el, pensando que non vai dicir unha parvada tan grande, que para algo é presidente de Galicia, o mirlo branco do centro-dereita español, o fillo desexado de Fraga, a mestura perfecta entre Gallardón e Robert Pattinson. Por aquí vai dicir isa parvada.

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

os alakranitos

O Galpón de Breogán non podía quedar á marxe do fin desta tempada do emocionante espectáculo da Academía de Piratería Somalí, na que tan brillantemente traballaron varios galegos. Totalmente illados do exterior máis que por fugaces chamadas ós familiares e con algún contacto ocasional, sobre todo no momento das galas en horario de máxima audencia televisiva, con algún promotor que loita por levalos á fama, os galegos déronnos unha auténtica lección de cómo actuar en situacións de máxima tensión.

Foron moitas as emocións deste curso na Academia,

pero a ilusión dos concursantes non decaíu en ningún momento.

Co espíritu de sacrificio que caracteriza á raza galega, estes homes amosaron a súa valentía arriscándose polo ben do seu armador, en busca de parte desas poucas toneladas de peixe que se empeña en non nadar en augas protexidas. A cambio puideron vivir emociantes situacións nas que puideron aprender dos seus erros e do que vale un peine en xeral. Ainda que, unha vez pasados os momentos máis duros, recoñeceron que a cousa tampouco foi para tanto.

Hai galegos que aínda que nunca gañan, saben estar sempre ai

Mentras, os xuices fixeron a súa dura labor de decidir quén deles era o máis apto para continuar adiante e quen quedaría no camino á fama. Por suposto, o sangue nunca chega ó río e ben chega cunha pequena humillación para que o apartado do grupo aprenda a dura lección. O espectáculo chega ó seu fin, felicitamos ós participantes e xa temos ganas de que o próximo grupo, aínda que máis preparado pola experiencia dos seus compañeiros do ano anterior, sen dúbida nos darán outros momentos de lecer.

Os duros comentarios dos xuices desta edición non conseguiron rachala ilusión dos concursantes

2 Comentarios

Arquivado en Competencias, Feijóo, Humor, Música, Política, PP, PSOE, Uncategorized

dous juapos sobre rodas

Sonche ben fachendosos os carallos deles. A nova clase política galega ven das cidades, juapos, limpos e con estudos. Os fillos dos birretes racharon coas boinas, que aguantan os malos tempos amurallados en Ourense, á espera de que o xuiz se decida dunha vez por todas a inhabilitar ó probe Baltar por ter a lingua máis larga que o outro que ten tan curto.feijoo y rueda

– E ti estás seguro de que esto é o que se leva en Madrid, Alfonso?

– Que sí, Alberto, moita clase e moito estilo berlusconi. Vamos rachar

Eles sábenche de administracións e de cómo se tramita unha subvención, con notario e todo, aínda que chegado o caso ben che poden ser tan rurais como o que máis. Se os hai que nun par de tardes aprenden economía, eles nunha mañá entéranse de porqué as vacas teñen nomes de femia. Valen para todo.MANOS-A-LA-OBRA-4 copia

– E non me di o cabrón do pailán aquel que as vacas sonche todas femias?

– Ostiás

E a cousa da construcción, o eterno modus vivendi galego, o dominan que tira para atrás. Que falta un millonciño de euros? Pois cousas dos funcionarios, que como total cobran igual, pois nin miran. Privatizalos servizos para melloralos rendimentos é o que lle falta a este país para progresar.– Que sí, Alfonso, que o rollo xuvenil está moi ben, pero non tires tanto, carallo

– Cala e sorrí, Alberto, que o voto urbán xe é noso.

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Funcionarios, Humor, PP, Uncategorized

qué forte!

Quéforte, quéforte, queforte. Din por aí que che hai moito carjiño do pesoe e do bloque, que tan progres din que son, que te mandan ós fillos ós colexios do opus. Ui, ui, ui, ui, que eles din que son asín tan modernos e tan laicos e logo veña a dicirlles ós fillos que non te xoguen coa palanca de cambios, que para cambiala velocidade hai que tirar sempre da marcha atrás e nada de jomas nin de fuchicar enriba de rapazas nin nada de nada.

jjvazquez copia

Iso sí, na Cámara veña a criticar e a darlle á lingua e a dicir que isto e o outro e, por detrás, palmadiñas no lombo e que ben o facemos con darlle cartos públicos ós colexios que separan nenos e nenas, para que non fodan, que qué outra cousa van querer facer a isas edades? Home, xa postos, poderiamos facer como nos colexios públicos, que para quitarlle as quenturas nada mellor que sacar a calefacción, para que teñan que ir ben tapadiños e non ensinen as bragas esas impúdicas que parecen un fiíño metido polo cu.

tanga mala

E, para que non se diga, aí van os nomes dos mentireiros que non recoñecen que, para estar tranquilos, bromuro e rosario, e así quítase un de preocupacións de que os mozos te anden a ostias en Pozuelo: Por suposto, a primeira, a que está en todolos fregaos, I.P.; logo, a que máis cristos monta cos menores: La E.; por non mecionar a P.V. ou o mesmiño A.Qu., que todo o mundo sabe que zurraba na muller por obligala a mandar ós xemeliños a rezalo rosario.

Máis información no Sálvame ou, o que é o mesmo, na Consellería de Educación.

3 Comentarios

Arquivado en Orgullo gay, Parlamento, PP

a financiación de galicia

airbag_somachigun copia

Feijóo tenno craro: “o conceto. Hai que discutir o conceto co fin de discutilo, porque si non, aquí vai haber hondonadas de ostias. Porque, vamos a ver, aquí hai unha cuestión: o conceto é o conceto. Ésa é a cuestión. Por exemplo, a Elena Salgado é unha muller con estudos. E aí non hai nada al respective porque Feijóo é liberal. E non deses que andan dicindo que son todas máis putas que as galiñas… aínda que o pense. Pero, ¿e o conceto, eh? eh? ¡Amigo! Ós feitos me repito!

airbag copiaElena Salgado ten estudos, sí, pero nunca mirou ben un galego

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Competencias, Estatuto, Feijóo

o bilingüismo harmónico

Qué tempos, qué lembranzas aquelas na aldea, correndo tras un cadelo pra arrincarlle os pelexos, tirarlle pedras, roubar peras. Os galegos somos así, como din os do Gadis, de aldea, vamos. E os dos Peares como Feijóo saben ben o que hai nas aldeas: moito montuno que non sabe nin ler nin escribir, que tes que escapar a Santiago para mollalo churriño. Bo, ou pra facerte do Opus e pagar a unha Viri que che faga as beiras.

A asistenta que facía a cama, o carniceiro que bebía como un peixe a amosaba os calendarios de peto coas mulleres sen roupa (aí coñeceu por primeira vez a Jesús Vázquez, que poñía cara de noxo), ninguén impoñía o galego e facían todos por falar ben cando se dirixían ó novo Feijóo estudante. Qué tempos!

Nada que ver co de agora, que cando menos o esperas salta un bloqueiro a falar como aquel carniceiro e, por riba, ten o morro de pór mala cara se lle falas como Deus manda. Cando andes co ferro a planchar os calzóns fala o que queiras, pero cando veñas á habitación a traermos, fala ben, joder. Eso é bilingüismo harmónico. Cada un no seu sitio, sen imporse uns ós outros, sabendo cada un onde ter que estar.

E agora que xa temos a proba do nove, aínda hai a quen lle parece mal. Pois a idea é cojonuda e xa está. ¿A quén lle pode parecer mal que se pregunte ós pais, que son os donos dos cativiños? Eles saberán mellor que naide o que lles convén. Ou bollycao ou mazá, ou peixe ou ou macarróns, ou moto ou Ford Fiesta. De toda a vida son os pais quenes deciden. De feito a idea é tan cojonuda que xa a Farjas está a pensar en facer unha cousa parecida para acabar coas listas de espera dos doentes de cancro:

1.- ¿Qué tratamento prefire para sanar o cancro?

Quimioterapia

Rezar á Virxe

Un pouco das dúas

Lévenme fóra de Galicia, por Deus

2.- A súa medicación preferiría que fose:

De efecto inmediato pero mortal

Que so lle salve as partes que trouxo sans

Que decida a Virxe

Que non me faga sufrir moito

3.- Preferiría vostede un médico

Dos de toda a vida, que leve bata

Que beba so a partires das once da mañán

Que sexa simpático

Que teña o título

4.- ¿Está dacordo con que lle fagamos acupuntura?

Non

So se non me doe moito

(Será considerada quimioterapia aquel tratamento que teña un custe axeitado ó burato que deixaron os cocainómanos do bipartito. Os efectos da oración á Virxe so serán atribuibles ó Sergas – Servicio Galego de Saúde – no caso de curación total. Os títulos académicos esixibles ó persoal sanitario serán os mesmos que ós asesores dos conselleiros)

4 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Humor, Lingua, Orgullo gay, PP