Arquivo da categoría: A Coruña

a fusión da caixas

Galiza está chea de inquedanza. Ninguén sabe se os cartos galegos irán parar a Madrid, ós petos do lustroso Rato, ou quedarán na terra, nos petos de Méndez e Gayoso. Pouco cambiaron os tempos, cando éstas dúas seguen a ser as opcións que nos están a presentar ós galegos: ónde quere investir os seus aforros: na pensión de don Rodrigo ou en Fenosa? En calquera caso, e por lembrar ós clásicos, non hai de qué se preocupar se finalmente marcha o capital a petos alleos ó berce de Breogán, non esquezan aquilo de “tratade ben ós galegos, cando van, van como rosas, cando ven, ven como negros“. Co que o negocio das Rías Baixas está garantizado.

Pero iste non é o tema que toca. O que escrebe, como vigués de raigume, nado no Berbés, criado en Coia, con moza do Calvario e coa comunión feita na Concatedral, non pode ficar tranquilo ante a última manifestación de localismo universal que tan ben nos define. O feito de que os vigueses saíran á rúa en defensa da empresa que lles cobra por gardarlles os euros, por consultar se lles ingresaron a pensión e por posuir as súas casas debe ser explicado con urxencia.

Moitos de vostedes imaxinan que a cousa foi algo así:

Feijoó, Méndez e Gayoso reunidos nunha sala de Monte Pío e os dous primeiros explicándolle ó terceiro que Galiza queda sen bancos nen caixas, que vai ir para todo a Madrid ou Cataluña e que non pode ser, que é obriga das forzas vivas da auténtica galeguidade moderada evitar o desfalco histórico ó que se enfronta o país. E o Gayoso que repite unha e outra vez: “os collóns fíome do coruño ese, que non, que non me comades o tarro, jichos, que o colchón é meu e non o regalo a ninguén, cona“.

E mentras, Méndez, desesperado, suplica que por favor lle deixen unirse a Caixa Nova, para non pasar á historia como o home que lle vendeu a Torre de Hércules a Esperanza Aguirre, que antes prefire morrer como galego patriota. Que total so lle falla un chisquiño para chegar a ese mínimo que lle esixen os grandes señores da capital do Estado.

Pois non. A historia foi máis ben que mentras Gayoso entraba na sala despois de sachar na leira todo o día (que é o que fan todos os vigueses para se relaxar cando volven á aldea a fin de semana despois de currar en Citroen doce horas ó día), o Méndez acendía puros con billetes de cen euros e lle rí as gracias a Feijoó.

– Entón colle o Touriño e rompe a chorar e di “pois agora gañarás as eleccións, pero voume a pór a fumar no Audi e vaste atopar o cinceiro cheo de colillas“. Menudo mamón é o tío. O día seguinte compreime un C6 como o de Sarkozy e quedou cunha cara de parvo que aínda non se lle quitou. Home, Gayoso, pasa e sinta nesa cadeira. Sí, isa un pouco máis baixiña que as nosas. É que é máis cómoda – e mira a Méndez cun sorriso de complicidade -. Mira, Gayosiño, que temos un problemiña e ti ben podes botar unha man.

– Eu por Galiza dou o meu sangue, presidente – resposta o vigués.

– Pois verás, aquí o Méndez pasouselle a man un pouco mercando pisos en Miami, deses que ó final resulta que non valían tanto como parecía. Xa sabes que os de Miami cando queren poden ser moi convincentes. E agora mesmiño estabamos decindo que os de Vigo tedes moitos cartiños frescos baixo o brazo, que a Diputación sempre portouse ben contigo, non? Ademáis, xa estás velliño e seguro que te quererías retirar a algún lugar tranquilo, como Baiona. Non tiñas alí un apartamento?

– Sí, don Alberto, cos aforros de trinta anos compreu unha modesta casiña para que a miña nai descanse un pouco. Xa sabe que non está boa. Pola edade, non se preocupe – replica Gayoso

– Joder qué tío máis cursi – salta Méndez -. Deixao, Alberto, deixame a min. Mira, Gayoso, que soltes a pasta, que temos unha operación macanuda para marchar cos cartos fóra de Galiza, que aquí non vai quedar nada máis que as nosas centrais eléctricas. Estamos todos dacordo, así que deixate de parvadas e solta a pasta.

– Pero Vigo aínda ten esperanza, o espíritu emprendedor vigués, o motor económico de Galiza. Pasamos por outras e superaremos ista tambén. Simplemente, non nos cortedes as ás – xime Gayoso.

– Deixate de historias. Ó fin poderemos cumplir o noso gran soño. Esperanza Aguirre prometeunos que se lles damos todos os nosos cartos, deixará que ós coruñeses por fin sexamos madrileños – replica furioso Méndez. – E non penso deixar que fodas o gran soño. Losada está dacordo e ós do Bloque lles chega con que lles deixen ser de Carabanchel. Cos de Lugo xa veremos o que facemos, seguramente acabaran todos sen papeis recollendo amorodos en Murcia. So quedades vos, os do Sur.

Gayoso fica silencioso, coa cabeza baixa. Pouco a pouco levanta da cadeira e di:

– Señores. Non penso aturar. Isto é un asalto en toda regla. Por Galiza, por Vigo e polo Sur, polos mariñeiros que nos veron crecer, non penso ceder. Agora mesmiño vouno contar todo a Caballero, que él saberá qué facer.

– Sí, unha manifestación para te defender, pailán. Anda, marcha de aquí, que xa me cabreaches – berra Méndez.

E así foi a Historia. Ou polo menos así o sabemos ben os do Vigo. Contounolo o mesmiño que ía ó ximnasio con Michel Salgado e viulle ir sempre coa camisola do Barca,  e ratificouno o mesmo que viu a Karpin tinguirse as cellas de loiro. O mesmo que nos conta que o paseo marítimo de Coruña é máis feo que o Vao e que as señoronas coruñesas levan tatuado na pranta dos pes un escudo de Vigo, para pisalo sempre.

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Feijóo, Humor, Vigo

A Victoria de Obama na prensa galega

O Demócrata do GdeB

La Voz de Galicia:

-Entrevista o galego que vive en Kenia, veciño dunha prima, da avoa de Barak Obama.

Análise de Barreiro Rivas: “Obama non trouxo o cambio, o cambio o trouxo a el; o que eu sempre dixen !”

El Pais:

-Declaración do Presidente da Xunta: “Agardo que as relacións cos EE.UU. milloren, produzase unha rucuperación da economía, e que suproña o cricimiento do emprego”

Faro de Vigo:

-Declaracións do Vicepresidente do Celta:”O proceso concursal sigue a bo ritmo, e agardemos que co cambio tamén cheguen pronto os resultados

A Nosa Terra:

O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana considerou a vitoria coma o triunfo da “política con ideas, a política ao servizo da xente“. Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza: “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”.

El Correo gallego:

O Efecto Obama ilusiona a Galicia: Axentes sociais e políticos coinciden en que actuará de revulsivo para sair da crise, e así poder continuar as obras da Cidade da cultura.

La Opinión:

-Francisco Vázquez beneficiase da victoria de Obama, invertindo o que gañou apostando en internet polo candidato demócrata, no concurso eólico.

La Región:

-Baltar alédase da victoria de Obama, e di que si el quere, que está feito o da actuación da banda de gaitas da deputación, na súa toma de posesión.

El Progreso:

Declaracións de Orozco: “A victoria de Obama, éncheme de ledicia, e coido que é unha victoria, da palabra, a razón, a tolerancia, a humanidade, a filosofía, o senso común, a fraternidade, a solidariedade, a poesía, a natureza, a paz, a liberdade, a igualdade, a sabiduría, a vontade, o electroshock, as armas nucleares, a promiscuidade…”

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Baltar, Cidade da cultura, Economía, Humor, Lugo, Moda, Orozco, Ourense, Prensa rosa, Quintana, Santiago, Touriño, Vigo

A FUSIÓN DAS CAIXAS

O Lord protector do GdeB

 

Si, socios ! Como diría o xabarín, parece ser que os nosos superbanqueiros  puxeronse a practicar a fusión, para xuntar as súas forzas e así derrotar o malvado capitalismo internacional:

O primeiro resultado do proceso xa o temos, a garabata de Méndez mudou a cor de Caixa Nova ea de Gayoso a cor de Caixa Galicia:

Deixar un comentario

Arquivado en A Coruña, Audiovisual, Economía, Humor, Misticismo, Vigo

DÍA DO ORGULLO CORUÑO

Rexencia e familia

 

Despois do pasado fin de semana, día do orgullo “friki”, a cidade da Coruña estase a repor da visita do seu outrora alcalde e arestora embaixador galáctico Paco Vázquez. Ninguén tan “firki” podía deleitarnos coma el nesa sinalada data, creador do festival de banda deseñada e ex-político particular onde os haia.

Pero o embaixador Vázquez, dende fai anos gobernado polo lado escuro, non se conformou con vistar os seus paisanos, se non que tratou de levar unha vez máis o xoven “padowan” Losada o lado escuro da forza. Tras recomendar os cidadans da vila herculina marcar a X da igrexa do IRPF, defendeu a permanencia da simboloxía franquista nas rúas coruñesas, acompañado dos sectores económicos e conservadores da cidade.

1 comentario

Arquivado en A Coruña, Humor, Losada, Política, PSOE

OS PASTORES DE La CORUÑA

A Rexencia.

O Banco Pastor, ese banco que nas súas sucursais o entrar, recíbenche un señores con boina, caxato, e cortando un queixo cunha navalla e que presume de galego. A día de hoxe, fala de Galicia como rexión , e sitúa a súa sede central en “La Coruña”. A xustificación deste desfase legal temporal, segundo seu presidente Jose María Arias ( Que nome tan preconsticional ) e o seu xefe de comunicación Alejandro Kowalski Bianchi ( Este ten de pais, uns galeguistas eminentes ), está en que o despegue da entidade comenza coa autarquía franquista, esto é 1939. Claro e dende aquela non tiveron tempo de trocar a súa denominación oficial…home non van deter agora o despegue, de esta entidade tan solvente que está a pasar os seus mellores e máis doces momentos.

So mente expresar os nosos mellores desexos a esta entidade, e outras que presumen de favorecedores do crecemento ea economía do país, pero só grazas a ir estreitamente ligadas o poder, agora votaran de menos:

O Bendito ladrillismo e clientelismo, que nos daba seguridade e riqueza os que máis tíñamos ! 

E nos dinrán : Hai que vai ser de nós, Galicia, nas augas confusas do capitalismo global, axuda irmáns !

Tamén lembrar esa política laboral tan racional e xusta, que consiste en por as mellores falmilias de Galicia a traballar para eles, e os non tan afortunados que fagan carreira fóra de Galicia, haber se sobreviven…A cada porco lle chega o seu San Martín !

7 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Lingua, Uncategorized