Arquivo da categoría: Audiovisual

Por unha cultura acorde a nosa xenética !

Moi Xordo


Un estudo elaborado polo Laboratorio de Antropoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en colaboración coa de Vigo, confirma que os galegos teñen xenes máis afíns os húngaros, franceses ou alemáns que cos andaluces ou vascos. Unha boa nova que servirá pra pechar vellos debates, e nos ensinará o camiño a seguir no futuro o pobo galego.

Agora grazas a este traballo, pódese por fin as polémicas de Nadal, na casa dos Alonso: Alonso Montero e “Cuchús” Pimentel. Tería que ser duro ter un pai, que é un recoñecido autor e profesor de literatura galega, mentres se facía un guitarrista clásico e flamenco.

Pero agora a paz chegou a casa, xa que “Cuchús” sempre defendeu que o flamenco era unha música máis próxima a Galicia, que o folk ou a música das bandas de gaitas escocesas, co que o flamenco podía ser tan galego ou  máis que esos estilos. Pois hala ! Nin o un, nin o outro; como moito poidera ser que o noso fóra a música cíngara, pero estos teñen pouco de húngaros…

Entón tendo en conta os escasos éxitos do sector musical galego, a nivel estatal e internacional, cheguei a conclusión de que debemos de alonxarnos de intentar acadar, esa desexada nación cultural celta, que tantos éxitos económicos e comerciais produce a nosa irmá atlántica Irlanda. O futuro cultural deberá xirar no futuro noutros vieiros artísticos, máis próximos a nosa herdanza xenética ( Semellante a alemana, francesa e húngara), xa que ahí estarán os nosos agochados talentos naturais: Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Cidade da cultura, Economía, Humor, Música, Misticismo, Prensa rosa

A TVG a peor televisión pública.

O espectador do GdeB


Do informe feito polo comité de expertos, adicados a proposta de reforma da CRTVG, podemos concluir entre outras cousas , que a TVG é a peor televisión pública estatal, xa que é a que ten menos porcentaxe de recursos propios no seu presuposto. Debido a crise a Xunta estaba desesperada, e non vía o xeito de mellorar o rumbo da nosa amada Telegaita, co que dirixiuse os membros do Galpón de Breogán, procurando de nós un informe pra manter a viabilidade do enxebre-catódico ente, estas son as nosas conclusións:

-Xa que os reporteiros do Telexornal son os mesmos que os de “A revista”, os informativos, sucesos…e demáis, que fusionense nun programa continuo de 4 ou 5 horas ata a chegada de Piñeiro (Se non vos derades  de conta, que son diferentes programas !), que fará o seu programa matinal dende a súa propia casa, que está decorada con moi bo gusto.

-As series de producción propia deben de prescindir de plató e decorados, en troques teríamos unha serie de exercicios de improvisación con presonaxes fixos, que realizaránse nos diferentes teatros dos  institutos das vilas galegas; total non hai apenas rapaces sensibles: Morris no de anano cabrón, Ana Fernández de guapa e tonta, Miguel de Lira home bruto con bo corazón, Manquiña de vello cachondo e verde…O espectadores non notarán a diferenza.

-Os partidos de “Segunda” en xeral, xa non retransmisiranse visto o conflicto cos clubes polas falsas promesas e incumprimentos da nosa cadea, pra solucionalo se fará un “En xogo” con entrevistas os nosos  maiores onde contarán como foron os encontros, e de paso lembren tempos pasados sobre a represión da nosa cultura e traidicións.

-O programa Criaturas debido os recortes de presuposto, non gravará en exteriores, terá que conformarse con facer toda a tempada, dentro do zoolóxico de Vigo (Agora non só terá humor tamén teremos…Terror !).

-A oferta cinéfila terá que deixar de emitir esas películas comerciais, das  últimas décadas que tamén botan na Primeira ou Tele 5. A TVG ten que voltar o cine de autor en en concreto, a facer ciclos coma os de antes: Propomos o ciclo “Cantinflas” eo “Clint Eastwood”, que tanta gloria trouxeran no pasado.

-Luar o noso programa estrela, terá que prescindir de Gayoso, posto que el deberá ser o próximo director da TVG (É o que sabe !). Os Tonechos farán de presentadores, e así aproveitamos polo mesmo prezo o seu humor, e os artistas serán poucos, fixos, pero concentrando a esencia do programa: Xil Ríos actuará permanentemente con Luar na lubre o acompañamento, Bustamante será sempre o solista de Cómplices; eo membro masculino de Bonney M, bailará sempre nas actuacións de Mónica Naranjo.

-O Xabarín Club fai tempo que foi relegado das tardes a primeira hora da mañá, por telenovelas de dudoso gusto, seguindo así a evolución demográfica natural do noso país; pero coidamos que debemos usar a súa popularidade, para darlle a volta a situación, e debería substituir os debuxos animados, por ciclos eróticos o xeito da televisión local, para así sacar adiante o ansiado crecemento demográfico positivo galego.

5 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Costumismo, Funcionarios, TVG

A FUSIÓN DAS CAIXAS

O Lord protector do GdeB

 

Si, socios ! Como diría o xabarín, parece ser que os nosos superbanqueiros  puxeronse a practicar a fusión, para xuntar as súas forzas e así derrotar o malvado capitalismo internacional:

O primeiro resultado do proceso xa o temos, a garabata de Méndez mudou a cor de Caixa Nova ea de Gayoso a cor de Caixa Galicia:

Deixar un comentario

Arquivado en A Coruña, Audiovisual, Economía, Humor, Misticismo, Vigo

O gran irmán Bugallo

Rexencia e familia

 

A xustiza paroulle desta vez os pés a Sánchez Bugallo, pero… Modernas compostelanas e mafia do garrafón  en xeral, non pensedes que isto rematou. Porque o gran irmán, pensa voltar a vixiar os vosos movementos ! 

O malo de todo isto, e que a TVG xa tiña previsto un novo programa de telerealidade, encargado os autores da “Casa de 1906“, onde Galicia enteira podería ver durante todo o día o que sucedía nas rúas de Santiago: Que fan Fernán Vello e Antón Reixa cando van os servicios do CEGAC ? Que piden pra cear hoxe en Toñi Vicente, Anxo e Emilio ? Quen ten esta noite o flequillo máis “cool” do Ruta 66 ?

Os pais poderían ver as esmorgas universitarias dos seus fillos, con quen anda ese parente teu funcionario…Todo un mundo de novas posibilidades pra achegar a nosa capital a todo o país, e un éxito de formato televisivo internacional exportable o carallo ! Quen quere dereitos humáns, podendo ter cartos e diversión a esgalla ?

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Funcionarios, Humor gráfico, PSOE, Santiago, Seguridade, TVG, Urbanismo

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

Transformacións Catódicas

Por Frouxeira

O retorno de Xosé Manuel Piñeiro á Telegaita non foi de balde. E que ninguén se está dando conta de que Superpiñeiro seméllase cada día máis a Carlos Callón?

Unha cousa é mellorar a fonética dos presentadores do telexornal, e outra ben distinta esixir a fusión física dunha estrela mediática cun líder social. Quizais é que a MESA se está extralimitando, quizais é que David Cronenberg dirixe agora Acompáñenos, quizais é que a transición do posfraguismo conleva as súas esixencias…

2 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Surreal, TVG

Audiovisual galego

Se o primeiro rumor apuntaba a que Bugallo, Ánxela, emulara con Fernández, Antonio, a Julieta cun amor prohibido polas diferencias entre dous bandos enfrontados a morte agora os rumores apuntan a que o contertulio menos maleducado de El Rondo, Valery Karpin, é o dono dos seus desexos. Iría demasiado lonxe Ánxela á hora de negociar a creación dun equipo ciclista?

A verdade é moito menos sórdida. Despois do chamamento feito en Galpón para a creación dunha industria de cine para adultos galega a nosa conselleira tomou boa nota e decidiu facer un produto audiovisual para animar a galegas e galegos a foder diante das cámaras e crear riqueza. A participación de Karpin produciuse pero, coa intención de non ferir sensibilidades, decidiuse incluír tamén a un carismático exxogador do Deportivo, Donato. O filme gravouse nunha galescola en Allariz e foi dirixido por Quin que contemporizaba os berros de paixón e as imaxes foron montadas e manipuladas por Antón Losada

A raíz desta iniciativa o presidente do outro goberno de Galicia, Tou, decidiu facer un vídeo similar. Propúxoselle a María Xosé Caride pero no seu candor de profesora de parvulitos non comprendeu o que se lle demandaba. Xurdiu o nome de Laura Sánchez Piñón e alguén, con acerto, sinalou que nese caso habería que apagar as luces e o impacto sería menor. Como a solución máis sinxela sempre é a mellor colleuse a Bugallo, alcalde de Santiago, e á alma xemelga de Touriño, Carlinhos Brown, nun produto dirixido exclusivamente ao público masculino co cal se daba unha imaxe moderna de país. A banda sonora correu a cargo do asesor de Touriño Paul Simon.

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Uncategorized

Inimigos íntimos

-Supoño que xa ten claro cal é o seu papel.

-Pois o certo é que non demasiado…simon_and_tourino.jpg

-Como que non? Que é o que non entende?

-Pois non entendo coma o presidente dun goberno rexional, neste caso Galicia, contrata a un cantante coma min coma asesor político.

-Señor Paul Simon, vostede como estrela da canción ten un papel crucial e irrepetible no futuro desta terra de Breogán que sempre admirou cancións súas coma “Mrs. Robinson” ou “How deep is your life?”

-Esa é dos Bee Gees!

-Non sexa vaidoso señor Simon. Aquí o importante é crear benestear, riqueza e emprego entre os galegos.

-Xa, pero non sei… Que quere que lle diga… Eu só son músico. Non sei se podería darlle o que vostede… Que fai o meu excompañeiro Garfunkel con ese señor? E por que vai vestido de forma estrafalaria e toca a gaita?

-Non estou seguro, pode que estea a inaugurar unha galescola ou entregando un premio de poesía.

-Entón quere contratarme para contarrestar o efecto da contratación de Art Garfunkel por parte do seu rival político?

-Equívocase totalmente. Non só é o meu inimigo senón que é o meu principal aliado. De feito gobernamos xuntos.

-Entón entendo menos.

-O que ten que entender é que Galicia ten unhas expectativas en min: que sexa un bo gobernante, aínda que saben que carezo de cualidades e equipo para lograr tal fazaña. Por outra parte eu espero poder repetir mandato e para iso debo non equivocarme e para non equivocarme a mellor maneira e non tentar nada, polo tanto eu espero non facer nada. Os meus conselleiros esperan que os apoie nas súas decisións pero eu nin o fago nin os deixo de facer, mentres que os socios de goberno cren que conspiro na súa contra cando, en realidade, nin me tomo a molestia porque xa se boicotean a si mesmos. E a oposición.. Que raio sei o que fai? Polo tanto neste escenario debo moverme con cautela.

-Entón a súa política limítase a apropiarse das boas ideas dos demais?

-Non. Trátase de coller todas as ideas, boas e malas, así non se aposta polo éxito, que pode atraer o fracaso, senón pola mediocridade máis absoluta que é ao que aspiro eu xa que garante anos e anos de poder. Veña déixese de leria e vaia cantar co meu amigo Carliños Brown The sounds of silence nun acto institucional.

-O que hai que facer por gañar as fabes…

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Gafapastismo, Surreal

Por unha industria pornográfica galega

Polo Parvo de Cela

Despois de que Pérez Varela, quizais o máis corrupto dos políticos galegos de sempre, tentase promover o audiovisual para o seu beneficio propio xurdiron unhas cantas producións de éxito coma Ilegal ou a triloxía dogma de Juan Pinzás. Sen embargo, por algunha razón, estes filmes non acadaron o éxito e fracasaron na súa misión encuberta de colonizar cultural ao inimigo hispano-luso-turco.

Só acadaron o éxito algunhas coproducións co inimigo eterno, véxase Mar adentro, pero as historias propias non atraeron ao público a pesar do fascinante da nosa existencia na terra da auga e o lume. Cómpre preguntarse o por que. Ao final a vida resúmese nunha cuestión de xéneros. O thriller social, a comedia gafapasta, a historia de amor infantil e outra fórmulas manidas non se axeitan á dureza da vida e do carácter galego. Sen embargo o cine erótico para adultos dada a robustez dos galegos e a xenerosidade de formas das nosas compatriotas podería resultar nunha lucrativa industria de gran influenza cultural internacional.

O pouco enxeño dos nosos guionistas e escritores veríase compensado coa fascinante realidade paralela creada polos partidos políticos galegos. Como patriota irritante non podo resistirme a facer unha humilde proposta:

Lume no palleiro: Un retén de apostos bombeiros debe acabar coa vaga de lumes que asola unha remota zona gobernada por unha alcaldesa do Partido Popular. Os apagalumes descobren con estrema satisfación que os palleiros arden pola paixón das súas voluptuosas donas que eles tentan apagar. O clímax do film prodúcese cando a alcaldesa popular, unha turbadora pornostar loira como Corina, retén a Motobombasexual, o único supertrebello sexual capaz de apaciguar a tanta femia galaica, e é o propio Conselleiro de Medio Rural o que convence virilmente á alcaldesa de que comparta os seus saborosos recursos e os aplique de xeito pracenteiro para todos.

9 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Gafapastismo