Arquivo da categoría: Autogoberno

A política linguística dos Feijoó

O “bon vivant” do GdeB

Semella que o culebrón do tema da lingua, iniciado polo executivo de Feijóo xa vai tocando o seu ceo, e xa ten cabreado ata a xente da Unión Europea, que non so se adica a controlar o leite que producimos, se non que tamén ten unha Axencia de protección de linguas minoritarias.

Inda que  é curioso que o galego sexa unha lingua minoirtaria, sendo falada por máis de 3 millóns de persoas, e en troques o letón por exemplo non o sexa, con menos de 2 millóns de falantes.

Pero unha vez máis o Galpón de Breogán ten que sair en defensa do noso Presidente, porque esta política liguística e estos plans pra reformar a educación non os fixo a traición, enganándonos a todos como pensan esos nacionalistos e sociolistos  mal pensados, nin é cousa do Conselleiro de Educación, nin de Don Alberto. Existes forzas superiores e deberes ineludibeis, que lle obrigan a obrar de tal xeito.

Por que so fai falla votar unha ollada a este video electoral, onde xa se apuntaba claramente cal ía ser a política a seguir, e quen é o referente ideolóxico deste novo rumbo da política educativa, que coido que exprésase claramente de como se fan as cousas como “Dios manda” :

Aquí podemos chegar a unha serie de conclusións:

-Que nótase porque se lle chama “Feijóo” e non “Núñez”.

-Que Alberto Núñez Feijóo empezou no colexio os dez anos, a mesma idade que o votaron de casa, pero eso foi o mellor que lle pasou nunca ! E inda así chegou a Presidente da Xunta !

-O Partido Popular non quere que nunca máis se separen as nais dos fillos, con que xa non fai falla mandar os fillos a León a estudiar, agora faremos que as escolas e institutos de Galicia volten a ser como os de León de fai 40 anos, con nenos e nenas separados, clases en castelán e de relixión.

-Que se casou con Galicia…Pero antes de casar, que vida levou, que era eso que tiña no “trastero”, que non saía nin pra comer?

En fin, como trocou Ourense, de ser a “Atenas de Galicia” e a terra dos poetas. Semella que o CEFOU está a crear unha caste de superburócratas, programados para deter e logo desfacer o longo camiño da indentidade propia negada. Pero inda non está todo perdido, inda quedan famosos Ourensáns co tradicional amor a patria, Baltar…Baltarín…Non !:

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, CEFOU, Feijóo, Lingua, Ourense, Política, PP, Uncategorized

a financiación de galicia

airbag_somachigun copia

Feijóo tenno craro: “o conceto. Hai que discutir o conceto co fin de discutilo, porque si non, aquí vai haber hondonadas de ostias. Porque, vamos a ver, aquí hai unha cuestión: o conceto é o conceto. Ésa é a cuestión. Por exemplo, a Elena Salgado é unha muller con estudos. E aí non hai nada al respective porque Feijóo é liberal. E non deses que andan dicindo que son todas máis putas que as galiñas… aínda que o pense. Pero, ¿e o conceto, eh? eh? ¡Amigo! Ós feitos me repito!

airbag copiaElena Salgado ten estudos, sí, pero nunca mirou ben un galego

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Competencias, Estatuto, Feijóo

Análise serio, de política pouco seria.

Radio Treviñenca

O pasado Domingo 1 Marzo, por fin tivemos o desenlace da campaña das dúas verbas: Crise e cambio. O resultado foi a victoria do Partido Popular por maioría absoluta, ou do periodismo de investigación do ABC segundo eles mesmos. Tamén, botándolle  unha ollada o “xornal”  El Mundo, este falaría dun “incontestable rechazo de los gallegos a las políticas del bipartito”, e falanos tamén dunha incontestable victoria de Feijóo.

Entón o aumento da participación en 6 puntos, nada menos, sería pra reforzar a confianza no proxecto Feijóo, e  pra que este colleitase unha maioría que non deixara lugar a dúbidas: Por iso o PP pasou de 756 mil votos en 2005, a 760 mil en 2009, unha subida de 4000 mil votos, serán os  votos que colleitaron na “manifa” de Galicia Bilingüe ?

Un aumento extratosférico de 4 mil votos, para un partido que é o que ten máis militantes  por metro cadrado en todo país (Catro veces máis aproximandamente que os outros dous partidos maioritarios xuntos), e ademáis xa contaba con case maioría no parlamento, e unha experiencia de prácticamente 20 anos de goberno anteriores.

Como vimos as dificultades dos populares para conseguir voto en Galicia son moitas, entón, gañaron as eleccións ou máis ben as perderon os outros ?

galego-coma-ti

Seguir lendo

5 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Política

Publicidade na AP-9

O Lord protector do GdeB


Anxo Quintana, Deus do vento  e mellor amigo de “La Voz de Galicia”, propón un plan de rescate da concesión da AP-9 para asegurar o control público da Autoestrada do Atlántico despois da recente venda de Itínere a Citigroup, unha entidade sometida no seu país, os Estados Unidos, a un proceso de reflotamento con fondos públicos.

No Galpón de Breogán queremos apoiar esta iniciativa nada oportunista, e reclamamos que se faga axiña, posto que as usuarias e usuarios están en risco de ser invadidos de publiciadade coma esta:

Ou peor inda:

21

Ou peor:

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Economía, Política, Quintana

A asemblea de “Quin”

O Conselleiro do GdeB

 

Anxo Quintana é xa o candidato do Bloque a presidir a Xunta de Galicia. 1.314 delegados, máis do 95 por cento, apoiárono fronte a un moi reducido número de votos en contra (38), proba do boicot dos sectores críticos a esta asemblea extraordinaria. Felicitemos entón o enfermeiro máis famoso de Allariz, por conseguir un apoio digno dos grandes líderes galegos e internacionais:

Quintana, Lukashenko, Baltar e Rajoy.

No seu discurso de proclamación, Quintana ofreceu “parabéns por celebrar unha asemblea á galega, con sentidiño e con compromiso co país”. A que se referirá con “á galega”, e que pasa as anteriores eran sen sentidiño, ou e que refirese a que alguén non tiña sentidiño ?…

Un Sr. de Valladoliz, Fraga , Cuiña 1989: “Tan galego coma ti”; e un degustador de vieras.

O voceiro nacional do Bloque insistiu en que a maioría dos cidadáns do país séntense galeguistas. Por iso aposta por levar o BNG a un espazo próximo a esa “maioría social”. O caso é que non todos parecen estar dacordo, e pensan que o bloque “perdeu o norte”, segundo esta este sector do bloque que mestura bandeira soviética e nacionalista:

Deixar un comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Humor, Independentismo, Política, Quintana

O GALETREN

O Bencomún do GdeB

O BNG aposta por crear unha compañía ferroviaria galega, o proxecto pretende ser un “antídoto ao desmantelamento ferroviario que vive o país”. A nacionalista Paz Abraira, que prefire os trens as caravanas de autobuses, invita ao PPdeG (Cantas ofertas van dun lado o outro nestes tempos) a “unirse a esta proposta que posibilitará a acreación dun entramado ferroviario acorde coas necesidades de comunicación terrestre que ten Galiza”. Estatuto novo non teremos, pero tren propio si, como mola !

O Galpón de Breogán atraverso do seu axente dobre en Galicia Central (Nova asociación unitaria de defensa nacional central), adiantándose a nova, ten xa o primeiro documento gráfico da presentación da nova locomotora, tecnoloxía franco-celta como non: Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, BNG, Competencias, Humor gráfico, Independentismo

CURIOSAS OFERTAS

O Lord protector do GdeB

 

O presidente do partido “pop” galego ofrece o seu apoio o goberno da Xunta, pra crear unha postura común sobre financiamento autonómico, voto emigrante e infraestructuras. Todo isto despois de dicir, que a cuestión do financiamento é unha competición absurda iniciada polo PSOE, que para o voto emigrante non hai escusas e sobra o tempo, non como asegura Touriño, e que ZP non veu a Galicia a aportar nada coa súa visita as obras do AVE.

                                               Comezo dunha xenerosidade mutua ?

Tamén Quintana ofrece o seu apoio eo dos amigos os socialistas, máis concretamente pon enrriba da mesa a colaboración de Galeuscat, como apoio sólido para non afrontar a crise en solitario. Pero para rematar di que o BNG non votará a favor dos presupostos xerais do próximo ano, por que Zapatero incumpliu as promesas feitas a Galiza, e goberna como se tivera maioría absoluta.

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, Feijóo, Prensa rosa, PSOE, Quintana, Voto emigrante

VENTOS DE PRECAMPAÑA !

O Lord protector do GdeB

 

Nestas derradeiras datas de Agosto, Emilio Pérez paseaba xunto a Jose Luis Rodríguez como dous xubilados decentes calquera, pra ver como ían as obras esas de Magdalena Álvarez, ou como Gerardo Conde a coñece: “A Ministra marimach…” Asemade, decidía  nesa compaña sobor da súa fidelidade a sí mesmo, ou a ZP digo, Pepiñ..digo, o PSO...digo, os galegos e as galegas…

Tamén este verán, Feijóo preocupabase pola crise pedíndolle a Touriño que remate a lexislatura, porque a incertidume feita polo presidente, co tema da data das eleccións agravaba inda máis a crise, que é culpa de Touri por non tomar a medidas axeitadas antes das vacacións. Ademáis, Alberto sacou tempo pra ensinarnos porque o BNG tampouco mola, xa que crea unha rede clientelar igual que o PP... Son malos porque son igual que eles ? Esta pedindo o voto para Touriño ? Este complexo acto positivo de proselitismo o axeitou, engadindo que o PSOE é cómplice desa política por omisión. Todos son malos porque son coma min ? En fin cada un fai o que pode…

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Parlamento, Política, PP, PSOE, Quintana, Touriño, Voto emigrante

ESPAÑA REMATOU CO GALPÓN DE BREOGÁN

Comité de saúde pública do GdeB

 

Queridos seguidores e amigos, na pasada Eurocopa de Austria-Suiza o Galpón de Breogán pasou o intre máis crítico da súa historia: O día 29 de Xuño de 2008, só tivemos 11 entradas ! Ante esta clara mostra de derrota das nosas ideas nihilistas, separatistas e algo subnormais que tratamos difundir dende aquí (como recolle esta célebre enquisa sobor do GdeB).

Só nos queda retirarnos a tempo. Non sin antes ameazando os inquilinos da Rúa do Hórreo coa nosa volta despois do verán, tendo as eleccións autonómicas máis preto, e deixándovos cunha mensaxe de esperanza nestos tempos de cris… Dun verdadeiro artista e humorista falando de política, (nunca está de máis voltar a escoitar os que saben) non coma os que pasaron por aquí:

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Bipartito, Blogs, Embigo, Humor, Independentismo, Parlamento, Política

PORQUE ROMPE ESPAÑA ? (O outro España-Rusia)

Comité de saúde pública do GdeB

 

Segundo unha recente enquisa do CIS, unha terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como nacionalista e son practicamente os mesmos que consideran España un estado que os que pensan que é unha nación. Entón o 1/3 que nos falta, supoñemos que serán emigrantes e xente desa que di: “eu son cidadán do mundo”, ai ! Canto dano fixo Manu Chao. Co que está moi claro que “España se rompe”, pero porque nesos territorios a xente non ve a Xxpaña como a súa patria ou nación, escoiten isto e reflexionen:

Este é o himno de Rusia como podedes apreciar (nestes últimos tempos estamos moi musicais), unha creación superior do ser humán, que elegancia, que ritmo, ledicia e sentimento van da man, cunha melodía que fai patinaxe artística polos tonos; non fai falla que vos lembre Eurovisión, e que canción se asemellaba máis o himno español se o “Chiki,chiki” ou a dos rusos. Agora vexamos unha retrospectiva de bandeiras e himnos de España:

Por eso Rusia é a nación máis grande do Mundo ! Os estados todos teñen polo xeral unha bandeira, un himno e un lema, pois o himno de Rusia dalle gañas a un de ser ruso ! Pero o de España…tanto o de “Del Riego” como a “Marcha real” son uns himnos de 3ª ou 4ª. O republicano é unha marcha militar de república bananeira, que inda porriba parece que vai entrar Joselito a cantar, así lle foi; eo que temos arestora é unha melodía rococó decadente que debía de entreter os xogos do palacio de Aranxuez, en plenos tempos de Carlos IV fillo tonto de Carlos III que non vou decir a quen asemella. Ámbalas son melodías ledas sen sentimento é doadas, por iso teñen tanto éxito en ámbitos etílicos, pero non chegan o corazón e espírito dos cidadáns, infundindo o amor e respeto necesario, e claro pasa o que pasa. Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Costumismo, Día da patria, Gafapastismo, Humor, Independentismo, Música, Misticismo