Por Antón Fraguas
Os candidatos á alcaldía das sete cidades galegas están na rede. Todos teñen web de campaña, algunha delas con formato de blog e un estilo igualmente “blogueiro”: persoal e subxectivo. Pero só algúns dan o último paso e permiten enviar comentarios aos seus posts. Comunicación directa co votante, interactividade, diálogo: a esencia da política. Claro que esa transparencia ten os seus riscos e son moitas as mensaxes críticas publicadas nos blogs dos candidatos. Noutros casos, o problema non son as críticas, senón certas preguntas incómodas ou peliagudas, cando menos.
O Blog de Santi é, xunto co de Orozco, o máis activo da cibercampaña galega. Isto tradúcese na publicación dun bo número de comentarios (contestados puntualmente, non se sabe se polo propio Santi Domínguez), como por exemplo:
oye Santi esta genial tu pagina web y lo del video ufff lo mas xD felicidades y muy buena la idea esa del clip, la libreta, el boli y la pelota se nota donde hay creatividad solo queria decirte que yo te votare y quisiera hacerte una propuesta: legaliza la marihuana e independiza a Coia xD jou jou men!!! xD
Ao que Santi responde:
Grazas polos teus eloxios. O que tratamos de transmistir é precisamente iso que ti mencionas, a creatividade. Creo que para gobernar unha cidade como Vigo hai que ser creativo e innovar e nós demostramos que o somos. Sobre o da marihuana e a independencia de Coia creo que, de momento, non vou poder axudarte.
Unha aperta. Santi Domínguez.
Outras das mensaxes recibidas por Santi din cousas como “Eu pensaba que o voso partido non era un partido comunista ata que vin a sua derradeira entrevista en Televigo, na que vostede admitiu que quere conseguir a autonomia para Galicia, algo que me sorprendeu bastante pola sua parte xa que non tiña esa idea sobre vostede, ou o mellor nalgun momento expricaronmo mal” (¿O BNG quere conseguir a autonomía para Galicia?, ¡comunistas!).
Ou “de donde sacas tanto dinero para tu campaña?“. Ou “Lo siento Santiago pero no cuela, si vas a hacer una revolución dilo, pero no digas que es tranquila. Eso no cuela, son conceptos antagónicos“. Ou “Non sei a quen se lle ocurriu o ’slogan’ da túa campaña. Pero quedades cubertos de gloria: ‘SÚMATE Á REVOLUCIÓN’ ¿á revolución das garabatas?“
Pero non só no blog de Santi Domínguez hai debate. Tamén Poly (ese que ten unha familia tan grande e unida) recibe mensaxes como “amigo poly: desues de muchos dias hoy me meti en tupagina y ley la contestacion que mes asdado sobre la idea que te insunue sobre una pajareraen el parque de san lazaro. yo soy de las peersonas que disfruto por las orillas del rio y oir a los pajaros, pero tengo que decirte que las familias que utilizamos el disfrute del parque , no pdemos ir con nuestros hijos de 3ó 5 años por esas bonitas orillas, no te das cuenta que salen del colegio a las 5 y por falta de tiempo no podemos desplazarnos.sobre los tiempo que cambiaron es cierto,pero quiero recordarte que los pajaros viven muy felices en sus respectivas jaulas y no se mueren.¿no hay en todas las ciudades concurso de pajaros?bueno no te molesto mas, solamente que cuentas con mi voto y espero verte con el baston de alcalde, mucha suerte“
Tamén en Ourense, Paco Rodríguez (o do PSOE) ten blog, non demasiado activo, o que provoca certas críticas: “Ter un blog onde o administrador PASA AMPLIAMENTE dos seus visitantes, non é blog nin é nada. Sr. FRANCISCO non se pode presumir do que non se sabe nin se quere facer!!!“
Até Conde Roa ten quen lle escriba (debe ser alguén que coñeceu en Leblon), que lle fan consultas como “futuro alcalde” (sic) do estilo de “¿Como conseguir una unidad de enterramiento familiar en Santiago?” ou “¿Donde puedo soltar al perro para que corra sin que por ello me reprendan los policias?“.
E tamén Nestor Rego, ao que lle preguntan: “Bos días, ¿como se pode mercar o regomobil?“