Arquivo da categoría: Catástrofes

Os galegos que din “ni”

Moi Xordo

A preocupación da prensa conservadora galega, pola situación laboral e social da xuventude galega deume que pensar. Este artigo nos fala de que a poboación galega entre os 16 eos 24 anos son uns 250.ooo, e desos temos uns 40.ooo que nin estudan, nin traballan. O que se chama agora sociolóxicamente “ninis”, que viven no seu 89%  nas áreas urbanas de Pontevedra ea Coruña… Entón en Ourense e Lugo case non hai deso, xa que os que  hai son todos fillos de funcionarios da administración local de futuro incerto.

O artigo non reflexiona sobre as causas do fenómeno, máis alá da súa suposta perguiza ea xa famosa crise, se non que máis ben, alértanos entre líneas dun potencial troco do ciclo natural e social das cousas na sociedade galega:

Estos mozos que tracionalmente comporían o groso da nosa emigración, das derradeiras décadas a Andorra ou Canarias, xa non emigran ! Parece que está a alertar o lector, do perigo do fin dun ciclo tradicional da vida en Galicia, é máis, corremos o risco de atoparnos nas cidades unha masa xoven, alcóholica, revolucionaria… Que pode acabar co orde establecido. Que sempre foi de toda a vida, que as familias de orixe rural e humilde, ían  traballar polo mundo adiante e logo traían cartos que  alimentaban os negocios das clases urbanas galegas, cartos que son o froito do seu poder. Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Emigración, Estatuto, Urbanismo

Cando chegará o AVE ?

O maquinista do GdeB

Posto que no ano 2008  dixeronos e repetironos que o AVE chegaría no 2012, e no 2009 nos din que chegará no 2015, está visto que temos que facer unha progresión xeométrica, dos anos que nos dicían que  ía tardar: 2008=2012, 2009=2015, 2010=2018 e 2012=2022, para así saber a data verdadeira a que se referían os nosos políticos.

Pero o Galpón de Breogán non se quedou ahí, e como nos ten afeito, os seus membros nos momentos  libres que lle quedan entre “post” e “post” viaxaron o futuro, pra amosarnos a instantánea dos intres da inaguración definitiva do AVE aló polo 2022:

fotofragaManuel Fraga que volta a ser presidente da Xunta, tralos repetidos fracasos de Nuñez Feijoó e Mariano Rajoy, xunto co Ministro de Fomento OOIO OIIO IOOI eo conselleiro do ramo IOOI OOIO IIOIO OIOOI OIOO.

2 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Humor gráfico

Os nosos conselleiros: Jesús Vázquez

O Lord protector do GdeB


O novo flamante Conselleiro de educación, a estrela catódico mediática e icono do mundo “gay”, o ferrolán Jesús Vázquez…

Aquí o vemos nunha actitude moi política, xa apuntaba maneiras, coma o “ex-premier “checo na casa de Berlusconi.



Ben vou por o HTML pra seguir a escribir que me poño nervioso, pois Vázquez  novo coselleiro de educación que traenos o estilo e “glamour”  que non tiña o Bipartito…

Ah, que non é ese Vázquez ? Entón quen car…

A que este !…Home, non é o outro, pero a garabata ten o seu punto, ten algo que me lembra a Alberto de Mónaco… Entón este señor, que polo cargo terá que ser un eminente catedrático, dunha carreira humanística ou científica; a que non ?…Pois será un coñecido escritor, ou artista; a tampouco ? Seguir lendo

6 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Feijóo, Lingua, Orgullo gay, Política, PP, Uncategorized

As consecuencias da victoria de Feijóo9

O “bon vivant” do GdeB

Vale, que ninguén agardaba que o PP gañara as eleccións…Que o bipartito tampouco o fixera tan mal…Home mellorar o estado botín no que se convertira o Fraguismo tampouco era  moi difícil…

Pero repasando a prensa, semella coma que ninguén percatouse das verdadeiras consecuencias, desta victoria pola mínima deste comercial de banco emigrante aventaxado…Pero pra eso está o Galpón de Breogán.

Unha das poucas cousas que sabemos do goberno de Don Alberto, que non Señor que está solteiro, é que non irá en Audi coma os seus predecesores, nin nunha furgoneta C15.

Home ! O C6 é moito máis chulo… Os meus gustos, os de Feijóo e Sarkozy vexo que coinciden, que pra comenzar iso está moi ben,  ter un futuro Presidente con estética neste mundo sen ética. Agora só queda que case con Mercedes Peón ou Iolanda Castaño…

Pero ese non é o tema do que quería falar, unha das poucas cousas que sabemos do vindeiro goberno, é que os novos conselleiros non serán parlamentarios, serán xente cunha adicación exclusiva as súas tarefas de goberno. Que pasa o novo Presidente non confía moito, na xente do seu partido, non os ve capaces, están ahí para outras tarefas ?

4 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Baltar, Catástrofes, Feijóo, Humor, Parlamento, PP

A crúa realidade

No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas españolas os seus derradeiros obxectivos políticos. A campaña rematou. Efectivamente, no Galpón non imos negala realidade, o novo ocupante a partires de agora será un so, trocando a galega esquizofrenia por unha soa man de ferro con luva de lixa para esterminar as galescolas, os concursos eólicos e tanta tontería do carallo do AVE, que se non vai chegar, pois non vai chegar, que a culpa xa sabemos todos de quen é.

Ninguén confiaba no noso comandante en xefe, o tímido Feijoó. Un home que ten nome de galego do século XVII, pois non daba moitas esperanzas. As enquisas non tiveron en conta que o Pp sempre saca polo menos tres puntos de máis dos seus peores vaticinios. Son eses galegos agradecidos que non esquecen que foi Fraga o que lles trouxo a seguridade social e outros dereitos dos traballadores. A modernidade neste país acabou de agonizar cando Quintana decidiu bailar o último tango na Fonsagrada.

rocky_iv-copia1

O caso é que agora a etapa de corrupción, luxuria e minisaias nas dependencias da Xunta, Audis en Monte Pío e mulleres en Política Territorial (pero qué carallo saberá unha muller de cómo botar asfalto na nacional¡) rematou. A historia repítese e os imperios baseados no vicio e no fornicio caen polo seu propio peso. ¿Cándo aprenderá esta xente que o que fan os señores non é para o pobo? ¿Deixou algunha nota Fraga dándolle permiso a Torino para que poidera facer uso dos coches oficiais? ¿Acaso mandou a alguén andar a facer obras na súa casa? Tanta modernidade non é máis que drogas e mulleres, e xa se sabe que cando anda a fuchicar de máis o que non sabe, as cousas acaban mal. Se xa o di o refraneiro popular: “Manolete, se non sabes torear, pa´ que te metes”

a-caida-do-imperio-copia1

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Catástrofes, Feijóo, Política

O coitado alcalde friki ourensán

O Cacique do GdeB


O Galpón de Breogán dende o seu sector clásico de “Concellos frikis“, volta a informar do afamafo alcalde popular de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, que fixérase famoso en tempos por este video onde encomiaba a laboura de Anxo Quintana, e criticaba o PP eo PSOE por crear unha suposta polémica sobor da política municipal en varios concellos de Galicia:

Agora o seu grupo de concellales, entre os que está a súa propia filla, deíxano plantado ea deriva nas súas difíciles funcións de goberno por estes tempos en Vilamartín, como podemos ver neste video sen desperdicio:

Pobre home !…Pero tranquilos que Manuel Candal, o noso home, ten xa as ideas claras do porque da súa desgraza e do que fará no futuro. A causa do seu mal no foi caer en desgraza para Baltar nin para o CEFOU neste caso: Chámase Nuñez Feijóo, pero a culpa non é del, é do seu pasado socialista, que parece que lévase no sangue e nunca desaparece; e no futuro apostará por un destos partidos tan afíns a súa ideoloxía, e afíns entreles como son BNG e UPyD.

1 comentario

Arquivado en Baltar, BNG, Catástrofes, CEFOU, Feijóo, Municipais, Ourense, PP, Quintana, Surreal

CORRUPCIÓN NA XUNTA

O Bencomún do GdeB

O vicio ea corrupción apoderáronse do goberno de Galicia en plena crise, é un segredo que escoitase a berros polas rúas galegas. Emilio Pérez Touriño non é outro, que o “mesías” desta orxía continua de queima de cartos, o puro estilo das grandes estrelas de rock: Coches caros, mesas de billar e outros caprichos no despacho, centos de becarias polas consellerías de dudoso “curriculum”…O tema dos “mojitos” non achégaselle nin de lonxe, porque todos sabemos que detrás de todo socialista, agochase ese catedrático morto de fame, que busca poder acadar os praceres, que só as clases altas de toda a vida mercemos, e podemos controlar sen levar a ruina a nosas vidas.

Un membro do Galpón de Breogán, através dunha das súas moitas admiradoras, atopou a proba definitiva, que amósanos o nível de corrupción do noso presidente. No documento que podedes ver de seguido, que pasou os máis duros filtros antimontaxe, aparece o Señor Touriño en compaña dun icono “progre” do mundo da cultura, (que todos sabemos que teñen dúas caras) coa compaña adicional dunhas señoritas de dudosa ocupación: Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Bipartito, Catástrofes, Costumismo, Funcionarios, Humor gráfico, Política, PSOE, Surreal, Touriño

O conflicto Vigués

O Sociolisto do GdeB

 

Despois do “conflito” (Como diría Pepiño Blanco) vasco, tamén está o do PSOE vigués que é eterno e debe remontarse as orixes romanas da cidade, e agora mesmo confirmaría esa teoría as leas familio- mafiosas que temos entre os “Caballeros”, pra elexir o próximo día 30 o secretario do partido:

Por unha banda está o de sempre Carlos Príncipe, o que fora xa secretario e que nos últimos tempos é a oposición a todo o que queren dende Santiago; logo temos o sobriño de Abel Caballero que vai contra do seu tío, o alcade, que xa sabíamos que non o quería ninguén agás do seu amigo Touri, pero que agora xa sabemos que tampouco a súa propia familia. Entón o candidato que apoia Abel, está apoiado polos amigos de Touri, que en Vigo son os de Lola Villarino…en fin todo clarísimo.

 

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Economía, Municipais, Política, PSOE, Vigo

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

AO ABORDAXE !

A pantasma do GdeB

Os nosos Bancos galegos, esos nos que todalas familias temos un primo traballando que non se sabía para que valía, ata que apareceu un día de traxe nunha cea familiar falando de plans de pensións ( Se se non o tedes ese primo quere decir que a vosa familia lle falta “glamour”, polo que é moi probable que teñades que emigrar ).

E as nosas Caixas ( Menos a rural de Lugo que é de auga doce ) que se distinguen dos bancos, en que ademáis de ese primo é moi probable que estivera o tío, e o tío-avó traballando nelas antes, e que teñen unha cousa que se chama “obra social”. Consistente en pagar unha serie de actos culturais, que se desenrolan normalmente na parte de Galiza que teñen menos clientes, e que os levan acabo os outros primos, pero neste caso en troques de estudar empresariales estudaron belas artes ou teñen unha banda folk.

Ambalas dúas decidiron, como se pode ver aqui, invertir os beneficios do saqueo que fixeron en terra, grazas os préstamos e hipotecas feitas estes anos; e se botarán o mar da mesma forma que Erik o Bermello, ou o propio Breogán, ou como a Crimson permanent assurance fixera xa fai anos. Pero esto xa se vía vir despois de tanto tempo patrocinando “reeghatass”, e cursos de capitán deportivo para directivo, só lle faltaba crear unha flota e hai entran os nosos asteleiros e Mar Flores…digo Fernández Tapias.( Que é un tipo importante inda que teña nome de chapuzas a domicilio ). Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Moda, Vivenda