Arquivo da categoría: Cidade da cultura

Por unha cultura acorde a nosa xenética !

Moi Xordo


Un estudo elaborado polo Laboratorio de Antropoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en colaboración coa de Vigo, confirma que os galegos teñen xenes máis afíns os húngaros, franceses ou alemáns que cos andaluces ou vascos. Unha boa nova que servirá pra pechar vellos debates, e nos ensinará o camiño a seguir no futuro o pobo galego.

Agora grazas a este traballo, pódese por fin as polémicas de Nadal, na casa dos Alonso: Alonso Montero e “Cuchús” Pimentel. Tería que ser duro ter un pai, que é un recoñecido autor e profesor de literatura galega, mentres se facía un guitarrista clásico e flamenco.

Pero agora a paz chegou a casa, xa que “Cuchús” sempre defendeu que o flamenco era unha música máis próxima a Galicia, que o folk ou a música das bandas de gaitas escocesas, co que o flamenco podía ser tan galego ou  máis que esos estilos. Pois hala ! Nin o un, nin o outro; como moito poidera ser que o noso fóra a música cíngara, pero estos teñen pouco de húngaros…

Entón tendo en conta os escasos éxitos do sector musical galego, a nivel estatal e internacional, cheguei a conclusión de que debemos de alonxarnos de intentar acadar, esa desexada nación cultural celta, que tantos éxitos económicos e comerciais produce a nosa irmá atlántica Irlanda. O futuro cultural deberá xirar no futuro noutros vieiros artísticos, máis próximos a nosa herdanza xenética ( Semellante a alemana, francesa e húngara), xa que ahí estarán os nosos agochados talentos naturais: Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Cidade da cultura, Economía, Humor, Música, Misticismo, Prensa rosa

A Victoria de Obama na prensa galega

O Demócrata do GdeB

La Voz de Galicia:

-Entrevista o galego que vive en Kenia, veciño dunha prima, da avoa de Barak Obama.

Análise de Barreiro Rivas: “Obama non trouxo o cambio, o cambio o trouxo a el; o que eu sempre dixen !”

El Pais:

-Declaración do Presidente da Xunta: “Agardo que as relacións cos EE.UU. milloren, produzase unha rucuperación da economía, e que suproña o cricimiento do emprego”

Faro de Vigo:

-Declaracións do Vicepresidente do Celta:”O proceso concursal sigue a bo ritmo, e agardemos que co cambio tamén cheguen pronto os resultados

A Nosa Terra:

O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana considerou a vitoria coma o triunfo da “política con ideas, a política ao servizo da xente“. Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza: “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”.

El Correo gallego:

O Efecto Obama ilusiona a Galicia: Axentes sociais e políticos coinciden en que actuará de revulsivo para sair da crise, e así poder continuar as obras da Cidade da cultura.

La Opinión:

-Francisco Vázquez beneficiase da victoria de Obama, invertindo o que gañou apostando en internet polo candidato demócrata, no concurso eólico.

La Región:

-Baltar alédase da victoria de Obama, e di que si el quere, que está feito o da actuación da banda de gaitas da deputación, na súa toma de posesión.

El Progreso:

Declaracións de Orozco: “A victoria de Obama, éncheme de ledicia, e coido que é unha victoria, da palabra, a razón, a tolerancia, a humanidade, a filosofía, o senso común, a fraternidade, a solidariedade, a poesía, a natureza, a paz, a liberdade, a igualdade, a sabiduría, a vontade, o electroshock, as armas nucleares, a promiscuidade…”

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Baltar, Cidade da cultura, Economía, Humor, Lugo, Moda, Orozco, Ourense, Prensa rosa, Quintana, Santiago, Touriño, Vigo

A CIDADE DA CULTURA TEN MÁIS DUN MILENIO

! Longa vida o Galpón ¡ 

Os derradeiros achádegos arqueolóxicos atopados na catedral de Santiago, que se lle agochan a opinión pública non teñen que ver con Prisciliano nin con esos farrapos de gaitas.

O século XI fora un século turbulento nas terras hispánicas e tamén en Galicia. Diego Peláez arcebispo de Santiago era o verdadeiro gobernador destos lares pois a herdeira do noso reino dona Urraca, estaba máis ocupada na procura da unidade do Imperio hispánico que en permitir que Santiago e o Reino de Galicia chegasen a ser a cabeza da cristiandade de occidente como pretendía Peláez.

 

Diego Peláez, e Dona Urraca non moi agraciada pero sempre feminina. 

Este creara un ambicioso proxecto para trocar a Santiago na Alexandría de occidente e isto incluía unha catedral nova como todos sabemos pero tamén unha serie de bibliotecas, centros monásticos e escolas de traductores como nunca endexamáis se vira, e todo para competir coas sedes arcebispais de Braga e Toledo que xa remataran os seus proxectos, o estilo da competición esta das obras para os xogos olímpicos. Para isto pediu a colaboración dun arquitecto recoñecido de fama internacional o que lle prometeu o ouro e o mouro: Tratabase do mestre Mateo arquitecto de reconocida fama o longo de todo o camiño de Santiago e máis alá.

Mestre Mateo e o proxecto do arcebispado Toledano.

Pero os plans de Peláez se torceron, foi acusado de benefiarse dos estragos que os barcos dos Normandos producían nas nosas costas, e caeu en desgraza tanto así que o botaron do seu arcebispado. Os novos gobernadores entón de Galicia pasarían a ser o arcebispo Xelmírez e o Conde de Traba en tanto o Rei neno Alfonso non aprendese as dotes de bo goberno, e entre tanto os dous non souperon que facer co sobredimensionado proxecto de Peláez e se adicaron a intentar que o goberno do Imperio recoñecese a importancia do proxecto e lle adicase algúns maraberís.

O Rei Alfonso, o ambicioso arcebispo Xelmírez e o patriota Conde de Traba.

AVISO: Non vexades “Historias de Galicia” os Domingos a noite fumados, o Galpón non se fai responsable.

12 Comentarios

Arquivado en Cidade da cultura, Surreal, Uncategorized

Fahrenheit 451 no Gaiás

por Calpurnia Abaneada

Coméntase en todas partes (aquí, aquí ou aquí, por exemplo) a compra masiva de trituradoras de papel que fixo Pérez Varela cando o cambio de goberno para facer desaparecer documentos comprometedores sobre o mausol…esto, a Cidade da Cultura. Que pouca clase. Xa de desfacérense descaradamente de informes indesexábeis, mellor telo feito de forma épica, cun magosto papeleiro coma deus manda, cun apocalipse documental bradburiano (feliz San Martiño a todos).

fahrenheit-451-no-gaias.jpg

Deixar un comentario

Arquivado en Cidade da cultura, Humor gráfico, PP

Guía para entender o Gaiás

por Viriato

Ante a crecente complicación e enrevesamento da Insigne Comisión para Investigar Onde Foron os Cartos do Gaiás, o Galpón de Breogán (GdB) ofrécelles unha guía para comprender do que alí se conta sen aguantar rollos macabeos. GdB, sempre ao servizo da ama de casa.

Posoloxía e modo de emprego: Substituír toda declaración dos implicados da resolución do Misterio da Cidade da Cultura polas que se lles atribúen baixo estas liñas. Gañarase tempo e entenderase todo mellor.

Aymerich Carlos Aymerich: ¡Delincuentes todos! Que asco, é entrar aquí e poñerme de mala ostia, cagón to.
Xocas Xocas Leiceaga: Papel que miro, chanchullo que atopo. Así nos vai.
Nachete Nachete López-Chaves: O Guggenheim de Bilbao tamén foi moi caro. E a Muralla Chinesa, nin lles conto. E por certo, díganlle a conselleira que me debe un lote de papeis.


XesúsJesús Pérez Varela: ¡Cada patacón que gañei foi traballando coma un desgraciado! ¡Non saben vostedes o choio que da poñer a cuñados e amigos á fronte de todas as empresas ás que lles encargaba obras!
perez2.gifJesús Pérez Varela (bis): Nos gastamos ‘só’ 280 millóns no Gaiás. O resto é culpa do bipartito, que atrasou ás obras e pagounas máis caras. E si, vale, cando era conselleiro en funcións deixei licitados 100 millóns máis, pero gastar, gastáronos eles.

peter.gifPeter Eisenman: Asegúrolles que eu non tiven nada que ver coa desaparición de Madeleine McCann. Se podo paso por alí un día para contarllo.

CuñaoCuñado de Rajoy: Pois eu mandei un currículo e colléronme. Non sei por que a xente di que é dificil atopar traballo neste país, os que emigran a Canarias está claro que son uns apampados.

johnny.gifComparecente xenérico: Siii… algo asinei…. pero asino tantas cousas. E cobrar, cobrei, … pero cobro tantas cousas. Non lembro nada.

feijooRepresentante xenérico do PPdeG: ¿Por que perdemos o tempo con isto, estando como está a Vía do Barbanza?

Procuraremos sacar futuras entregas desta guía a medida de vaia avanzando a feira. Permanezan atentos aos seus monitores.

Deixar un comentario

Arquivado en Cidade da cultura

Os asesores amnésicos do Gaiás

Peter Eisenmann’s Productions presenta…

Persoal de total confianza, non si?

2 Comentarios

Arquivado en Cidade da cultura, Política, PP

Tetris á galega

Por Calpurnia Abaneada

tetris-a-galega.jpg

1 comentario

Arquivado en Cidade da cultura, Humor gráfico