A excelentísima rexencia
Día das letras galegas do 2025, o Presidente da Xunta, Francisco Cacharro “junior” de UPD repíte mandato. Desta vez non grazas o pacto co PP de Feijóo coma na anterior lexislatura, desta vez grazas o pacto co partido Centrista de Baltar “junior”e os seus poucos pero determinantes deputados, que dende este ano pasaría ser o Vicepresidente de Caciquismo e xuventude, porque el sempre defendeu que “el caciquismo es bueno”. Porase así en prática de novo o caciquismo do século XIX, que é o que os diferencia dos do bipartito que facían o do século XXI segundo o seu ilustre pai.
O homenaxeado este ano das letras galegas é Camilo José Cela, xa que dende se aprobara por UPD e PP o bilingüismo armónico, un ano adícase a autores galegos en castelán e outro a autores en lingua galega, a xente empezouno a ver ben xa que autores bos só en galego estaban a esgotarse, no 2024 se homexeou a Antón Losada !
O acto no obelisco de La Coruña asistirón: A súa viuva Marina Castaño, o Vicepresidente, o Papa Francisco Vázquez (creador dunha nova relixión que fusiona socialismo e xudeocristanismo, especie de aglicanismo español maioritario en Galicia e Andalucía) , eo Conselleiro de Cultura, que é o membro masculino de “Boney M” (Que baile se botou o día do seu nomeamento, os seus 80 anos ! Un dos mellores momentos da historia do autogoberno), que sí… que sempre viviu en Galicia dende o 2005.


O galego é unha lingua xa só falada polos habitantes-funcionarios de Santiago, xente de Ponferrada (por levar a contra a León) é recunchos afastados rurais onde só quedan xubililados de sobrenatural lonxevidade, pero prácticamente desapareceu das vilas e cidades por descontado.
Todo escomenzara dende que os pais tiveron que escoller entre galego e castelán, aló polo 2013 primeiro goberno de Feijóo. Como os pais dos rapaces ricos escollían castelán, xa que é o que se fala na casa e no clube hípico; e dado que os rapaces pobres a larga tiñan que marchar da aldea de gardas civiles, policías ou traballar para os ricos, os pais foron escollendo pouco a pouco a educación exclusiva en castelán para os seus fillos, para que fixeran mellor as oposicións ou para que se pudideran colocar dos negocios dos casteláns falantes, aquí no noso país. Seguir lendo →